Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: proxecto de LMTS Telefónica-Palomas.
Situación: concello de Ferrol.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Palomas-CT Méndez Núñez, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,215 km, coa orixe na cela de liña existente no CT Palomas (expediente 159/00) condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-708, tramo a CT Méndez Núñez (expediente 29667).
Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Casa Cuna-CS Telefónica, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,225 km, coa orixe nos empalmes proxectados na LMTS SMR-708 tramo a CT Casa Cuna (expediente 30.236) coa entrada e saída no CT Simago (expediente 29.677), condutor tipo RHZ1, e final na cela da liña existente no CS Telefónica.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 31 de xullo de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña