Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/194-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cantoña, S.L.

Domicilio social: A Igrexa, 10, Entenza, 36000 Salceda de Caselas.

Denominación: CIM interconexión Fozara con Sestelo (1ª fase).

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: instalación dun paso aéreo-subterráneo e 35 metros de condutor RHZ1 para acometida ao CIM proxectado. Centro de interconexión e medida, cun trafo de 160 kVA, RT 20 kV/230-400 V, unha cela entrada liña, unha cela interruptor automático con seccionador, unha cela de medida, dúas celas de liña e unha cela protección trafo. A instalación está situada en Fozara, Ponteareas, e servirá como punto fronteira entre Eléctrica de Cantoña, S.L., e Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial