Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2012/94).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CTC lugar das Melgueiras.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV a CTC As Melgueiras, cunha lonxitude de 0,111 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio nº 12 existente da LMT VIM-803, tramo entre a derivada ao CT Cernado (expediente 34.835) e a derivada ao CT Traba de Laxe (expediente 33.683), e final no CTC As Melgueiras proxectado, con condutor tipo 2RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial