Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 85/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT avda. Fisterra, nº 331.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea GRN-737-Polígono da Grela, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,826 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS GRN-737, tramo entre a subestación A Grela 2 e a derivación ao CT Naves Moura (expediente 52.476), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio existente s/n da LMT GRN-737, tramo entre a subestación A Grela 2 e a derivación ao CT Naves Moura.

Liña eléctrica de media tensión subterránea GRN-742-Polígono da Grela, a 15/20  kV, cunha lonxitude de 0,826 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS GRN-742, tramo entre a subestación A Grela 2 e a derivación ao CT Gatón/Bens (expediente 29.656), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio existente s/n da LMT GRN-742, tramo entre a subestación A Grela 2 e a derivación ao CT Gatón/Bens.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial