Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de recuamento da LMT Ponte Ambía de Arriba, no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2012/29-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT Ponte Ambía de Arriba.

Situación: Baños de Molgas.

Características técnicas: recuamento LMT p.q. 600+860, aérea a 20 kV de 110 m con condutor LA-110 e con orixe na LMT ao CT Acea 32AZ34 e remate na LMT ao CT Ponte Ambía 32AN25.

Recuamento LMT p.q. 606+170, subterránea a 20 kV de 1.210 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT ao CT Tosende (32A443) e remate na mesma LMT.

Recuamento LMT p.q. 607+600 a 20 kV de 680 m, subteránea con condutor RHZ1 e orixe na LMT ao CT Pereiras I 32A480 e Pereiras II 32ADK4 e remate na mesma liña.

Orzamento: 192.946,36 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de xullo de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense