Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, PES-CO-0037-2012-V e PES-CO-0058-2012-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora e o xefe territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 13 de agosto de 2012

P.S. (Resolución 26.7.2012)
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PES-CO-0037-2012-V.

Denunciado: José Manuel Blanco González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-CO-0058-2012-V.

Denunciado: Guillermo Francisco Cabezas Felipe.

Acto de notificación: acordo de iniciación.