Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT e CT para subministración de obra CH de San Pedro, no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2012/37-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Iberdrola Generacion, S.A.U.

Domicilio social: r/ Tomás Redondo, 1, 28033 Madrid.

Denominación: LMT e CT para subministración de obra CH de San Pedro.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV (parte da LMT vai grampada ao muro de formigón) de 130 m con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, e con orixe na LMT existente (expediente IN407A 1995/026) e remate nos CTS proxectados en caseta na CH de San Pedro (Os Perares) de 400 kVA cada un e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 45.214,03 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de xullo de 2012

P.S.L. (Decreto 324/09, do 11 de xuño)
A.Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial