Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 10 de agosto de 2012 de inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

Ao non se poder efectuar a notificación persoal á persoa interesada, segundo dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en aplicación do disposto no mesmo artigo, deben publicarse para os efectos de notificación os acordos de inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo. Durante o prazo de 10 días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados terán á súa disposición os expedientes, para que de acordo co artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aleguen e presenten os documentos e xustificantes que consideren pertinentes ante a Universidade de Vigo, teléfono 986 81 36 11, Campus As Lagoas-Marcosende, 36310 Pontevedra.

Acordos de inicio de expediente de reintegro de axudas ao estudo.

Interesada

NIF

Importe

Curso

Causa

Domínguez Gestido, Lucía

R/ Concepción Arenal 115, piso 4º D

Marín (Pontevedra)

53611955J

4.263,00 €

2011/2012

2.7

Vigo, 10 de agosto de 2012

María Guadalupe Fernández Romero
Xefa da Sección de Bolsas