Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35601

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre licenza de apertura e funcionamento de industria de biotecnoloxía.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2012/047/4 que se tramita por instancia de Francisco Canteli López, en representación de Productos Químicos Gallegos, S.A., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de industria de biotecnoloxía, que se vai instalar na parcela D-2 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atoparase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Bergondo, 18 de xullo de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa