Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre o recoñecemento definitivo da construción ou edificación de nave industrial coa actividade de taller de reparación de vehículos en Santa Cataliña.

Ao abeiro da Instrución 1/2011, do 12 de abril, para a aplicación da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Manuel Rial Varela o recoñecemento definitivo da construción ou edificación de nave industrial coa actividade de taller de reparación de vehículos, rama mecánica e eléctrica, sita na avenida Tomé Taboada, nº 103 de Santa Cataliña. De acordo co anexo ao anexo presentado, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Santa Comba, 14 de agosto de 2012

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde