Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza dos Ríos

RESOLUCIÓN de alegacións e inicio de expediente de fusión voluntaria dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras, da provincia da Coruña.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 30 de agosto de 2012, acordou resolver as suxestións e alegacións presentadas no trámite previo e independente de información pública e participación cidadá, acordado na sesión plenaria do 15 de xuño de 2012, aos catro documentos exixidos polo artigo 34 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, reunidos baixo o título de «Proxecto de unión voluntaria mediante fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos (A Coruña). Oza-Cesuras. Documentación para información pública e participación cidadá (V.1.0). Xuño de 2012», e iniciar, de acordo co establecido no artigo 32 da citada Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, procedemento de fusión voluntaria deste municipio de Oza dos Ríos co limítrofe de Cesuras, na provincia da Coruña, co obxecto de constituír un novo, con base na anterior documentación, coas modificacións aceptadas ou introducidas como consecuencia da resolución das devanditas suxestións e alegacións, catro documentos que deberán ser asinados polo alcalde e dilixenciados na súa totalidade polo secretario municipal coa lenda «Documentación aprobada co acordo de inicio do expediente de fusión ao abeiro do artigo 32 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, adoptado polo Pleno na sesión de data 30 de agosto de 2012».

Así mesmo, acordouse tamén someter o devandito acordo de inicio do expediente de fusión voluntaria a información pública por prazo de trinta días, contado a partir da última publicación do correspondente anuncio no DOG ou no BOP da Coruña, co fin de que os interesados presenten, de ser o caso, as reclamacións que coiden convenientes.

Co obxecto de facilitar a información pública e a participación cidadá, inserirase na páxina web oficial do concello toda a documentación en formato dixital, que poderá ser descargada por calquera persoa. Igualmente, na Secretaría Xeral do Concello haberá un exemplar con toda a documentación ao dispor de calquera cidadán que se queira informar.

Rematado o período de información pública, adoptarase un novo acordo en que se resolverá sobre a procedencia da fusión voluntaria e, se é o caso, sobre as reclamacións presentadas.

O que se publica para os efectos oportunos.

Oza dos Ríos, 31 de agosto de 2012

José Pablo González Cacheiro
Alcalde