Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35417

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a solicitude de licenza de apertura para unha granxa de visóns (expediente LAP/166/2009).

Sociedad Agraria Transformación 470 XUGA Visones Bermúdez solicitou ampliación da licenza de apertura de granxa de visóns en lg. San Paio, Santiago de Compostela (A Coruña).

Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/166/2009 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste Concello.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

P.D. (Xunta de goberno local do 15.7.2011)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada de Urbanismo