Por Orde da Consellería de Economía e Industria do 11 de abril de 2012 (DOG nº 73, do 17 de abril), convocáronse as subvencións para o ano 2012 para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O anexo I da citada orde contén as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (código de procedemento IN841A).
No seu artigo 13 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración emita o informe no cal se recolla o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta.
Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban o seus estatutos, e de acordo co disposto na disposición adicional primeira deste quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, subrogándose a Axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedéndoa en todas as súas competencias.
Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlles as subvencións para o apoio ao desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (procedemento IN841A) aos beneficiarios que se relacionan no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación e nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 409.788,00 euros para o ano 2012. Aquelas subvencións para as que se consta «Si» na columna Feder están cofinanciadas con fondos Feder.
Segundo. Deixar como non subvencionadas as restantes solicitudes admitidas a trámite, que se recollen no anexo II desta resolución, por obter unha valoración total inferior a 50 puntos, de acordo co establecido no artigo 5 do anexo I da convocatoria.
Terceiro. O artigo 6 do anexo II da Orde do 11 de abril de 2012 (DOG nº 73, do 17 de abril) indica que o prazo para xustificar os gastos subvencionados, co obxecto de poder percibir as subvencións, remata o 31 de outubro de 2012, e sinala expresamente a documentación que se debe achegar. En relación coa xustificación das axudas, observarase, así mesmo, o establecido no artigo 20 das bases da convocatoria.
Cuarto. A Axencia Galega de Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.
Quinto. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.
Sexto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012
Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación
Anexo I
Solicitudes concedidas, procedemento IN841A
Código |
Solicitante |
NIF |
Título do proxecto/nome da plataforma |
Custo subvencionable €) |
% subv. 2012 |
Subvención concedida (€) |
Feder |
Partida orzamentaria |
IN841A-2012/1 |
Anfaco-Cecopesca |
G36625309 |
Plataforma Tecnolóxica Sector Agroalimentario-2012 |
68.000 |
50 |
34.000 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/2 |
Asociación Clúster del Naval Gallego |
G15710338 |
Plataforma do Sector Naval Galego |
51.100 |
50 |
25.550 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/3 |
Asociación Investigación Metalúrgica del Noroeste |
G36606291 |
Plataforma Tecnolóxica Galega de |
169.000 |
50 |
84.500 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/4 |
Centro Tecnológico |
G36885853 |
Tecnopeixe 2012 |
18.996 |
50 |
9.498 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/6 |
Clúster de la Acuicultura de Galicia |
G36884260 |
Plataforma Tecnolóxica Galega de Acuicultura |
18.000 |
50 |
9.000 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/7 |
Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego |
G70115282 |
Desenvolvemento da Plataforma Tecnolóxica do Produto Gráfico e do Libro Galego 2012 |
23.800 |
50 |
11.900 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/8 |
Clúster Tecnolóxico Empresarial Ciencias da Vida |
G70259312 |
Plataforma Tecnolóxica Galega |
34.500 |
70 |
24.150 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/11 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións |
G36997229 |
Vindeira-Plataforma Tecnolóxica das TIC |
41.713 |
50 |
20.856 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/12 |
Fundación Clúster Empresas Automoción Galicia |
G36983575 |
Rede de innovación |
67.418 |
100 |
67.418 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/13 |
Fundación Ctag |
G36871424 |
Plataforma Tecnolóxica Galega de Automoción |
68.610 |
50 |
34.305 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/10 |
Fundación Empresa Universidad Gallega |
G15051667 |
Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio Ambiente (Envite)-2012 |
103.971 |
40 |
41.871 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/15 |
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia |
G32217663 |
Plataforma Tecnolóxica Forestal |
68.501 |
38 |
26.030 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
IN841A-2012/14 |
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia |
G32217663 |
Plataforma Tecnolóxica Galega da Madeira |
68.126 |
30,4 |
20.710 |
Si |
08.A3.741A.781.0 |
Total |
409.788 |
Anexo II
Solicitudes admitidas a trámite non subvencionadas, procedemento IN841A
Código de expediente |
Solicitante |
NIF |
Título do proxecto/nome da plataforma |
IN841A-2012/5 |
Clúster Audiovisual Galego |
G15891260 |
Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega I+DEA |
IN841A-2012/9 |
Fundación do Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia |
G36346203 |
Plataforma Tecnolóxica do Granito |