Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/68-2, 8037 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS CD Cuartel Garabolos-CD P. Fabio Máximo-CR POL. Garabolos.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV en canalización existente, con orixe no CD Cuartel Garabolos (7931), entra e sae no CD P. Fabio Máximo e remata no CR Pol. Garabolos (169), cunha lonxitude de 120 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo