Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2012/42-2, 8011 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Domicilio social: pza. del Gas, 1, 08003 Barcelona.

Denominación: liña de media tensión 20 kV a CH Peares II.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

LMT a 20 kV soterrada en canalización entubada, en canaleta rexistrable, en soportes amarrados a paredes e teitos, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio existente nº 5 da LMTPRS809 (Poboado 9) da subestación dos Peares e final na futura cela de liña do centro de transformación, servizos auxiliares Peares II, cunha lonxitude de 477 metros en condutor tipo RHZ1-2OL (AS)-12/20 kV/3×(1×95) mm2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 3 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo