Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012 de adxudicación no concurso público de novas oficinas de farmacia, convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006, da Secretaría Xeral desta consellería.

Por Resolución do 20 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, fíxose pública a adxudicación provisional da oficina de farmacia código B1, zona farmacéutica O Barco de Valdeorras, delimitación territorial O Barco (San Amaro), no concurso público de adxudicación convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Unha vez transcorrido o preceptivo prazo dun mes sen que por parte dos farmacéuticos interesados no procedemento se interpuxesen recursos de alzada, a dita resolución deveu firme.

Consecuentemente, corresponde adxudicar definitivamente a farmacia ofertada de acordo co disposto no artigo 27.2 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia, segundo o cal «a renuncia ou perda da adxudicación con anterioridade á apertura da nova oficina de farmacia implicará a adxudicación da oficina de farmacia de que se trate a quen figure nese momento no lugar máis alto da lista de reserva, sempre que a solicitase para esa zona farmacéutica».

Por todo o exposto, en virtude das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Adxudicar a oficina de farmacia con código B1, correspondente á área sanitaria do Barco, zona farmacéutica O Barco de Valdeorras, delimitación territorial O Barco (San Amaro), a Mª Lourdes Álvarez Fernández.

Contra a devandita resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido no artigo 14.1, regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (modificada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual).

O prazo para a interposición será de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación desta no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da dita Lei 9/1998.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade