Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-118/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Advírtese que se deixa sen efecto a publicación no DOG nº 166, do 31 de agosto de 2012, nas páxinas 34845 e 34846: «Resolución do 23 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador PO-118/12, por infracción en materia de espectáculos públicos».

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 9 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Ramiro Candeira Cuiñas

36091977D

PO-118/12

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Pizarro, 33, 36204 Vigo

Multa de 180 €