Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (90/2012).

Elena Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 90/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Villaverde de Francisco, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a acción de impugnación de despedimento e de reclamación de cantidade iniciada por Sandra Villaverde de Francisco contra Grialibros, S.L., administración concursal, Grace Antonia Nouel Brache e o Fogasa, e en consecuencia,

1º Declaro a improcedencia do despedimento efectuado con data de efectos do 10 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 11.773,75 euros.

A devandita opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que sexa o sentido da opción, condeno así mesmo as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan á demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (10 de xaneiro de 2012) ata a notificación da presente resolución, tomando en consideración para tal efecto o salario diario de 30,37 euros, que na data da presente sentenza ascenden a 6.591,38 euros.

2º Condeno ambas as dúas empresas a aboar solidariamente á traballadora 3.654,82 euros, importe que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET.

3º Condeno a administración concursal de Grialibros e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Desestimo a acción de resolución contractual exercida por Sandra Villaverde de Francisco contra Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Brache, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2012

A secretaria xudicial