Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifican os actos de instrución do procedemento de cancelación de dúas inscricións no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede notificar, por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia, o acordo de trámite de audiencia previsto nos artigos 19 e 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. O trámite é por un período de 15 días.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, rúa dos Feáns 5-baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 20.8.2012)
Xosé Lago García
Subdirector xeral de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza

ANEXO

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/92-0 ONGD nº 92.

Destinatario da notificación: Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus.

CIF/NIF nº: G 15681000.

Último enderezo coñecido: Camiño do Piñeiro 5-baixo, 15570 Narón.

Data dos actos de instrución: 26 de xuño de 2012.

Sentido da resolución: fase de instrución.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/94-0 ONGD nº 94.

Destinatario da notificación: Asociación Investigación y Cooperación en Desarrollo Humano.

CIF/NIF nº: G 15831209.

Último enderezo coñecido: avenida de Arteixo 69-baixo, 15007 A Coruña.

Data dos actos de instrución: 26 de xuño de 2012.

Sentido da resolución: fase de instrución.