O 28 de xuño de 2012 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se estima o recurso de reposición formulado por Nilo Jesús García Armas contra a Resolución da Consellería de Facenda do 21 de maio de 2012, pola que se lle denega a compatibilidade á solicitude de compatibilidade formulada polo interesado.
Intentada a notificación da citada resolución dúas veces, a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Nilo Jesús García Armas a resolución antes referida.
O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo perante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública