Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2012 Páx. 35365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 23 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se notifica o requirimento de documentación á empresa Nivel 10 Networks, S.L., por resultar o seu destinatario descoñecido na repartición.

De acordo co establecido no artigo 9 da Resolución do 16 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas destinadas e empresas xornalísticas e de radiodifusión, o órgano instrutor do procedemento intentou realizar o necesario requirimento ao interesado para que emende a falta de documentos preceptivos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do requirimento por resultar descoñecido o destinatario, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito requirimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do requirimento que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios, rúa do Hórreo, 61, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os datos do expediente son os seguintes:

– Nº de expediente: PR852A 20/2012.

– Solicitante da axuda: Nivel 10 Networks, S.L.

– Representante: José Antonio Ares Vázquez.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios