Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35228

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir trinta e sete prazas na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Por Resolución do 9 de abril de 2012 (DOG do 24 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir trinta e sete prazas na escala administrativa da USC do subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

Por Resolución do 4 de maio de 2012 (DOG do 15 de maio) corríxese un erro advertido na Resolución do 9 de abril de 2012.

Por Resolución do 20 de xuño de 2012 (DOG do 5 de xullo) modifícase a Resolución do 9 de abril de 2012.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos e Biblioteca Intercentros e na web http://www1.usc.es/webpas/

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela