Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (189/2012).

Elena Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 189/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Mariana López Lamas, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Andrea Mariana López Lamas e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 26 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 17.040,62 euros.

A devandita opción deberá exercerse no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan á demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (26 de xaneiro de 2012) ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario diario de 42,63 euros, que a data da presente sentenza ascenden a 8.398,83 euros.

Condeno ao Fogasa e á administración concursal de Grialibros, S.L. a estar e pasar pola presente resolución.

Desestimo a demanda fronte a Abraxas Aula 25, S.L.

Tense a parte demandante por desistida da acción exercida contra Comercial Ara, S.A., e Sálvora Areito, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Abraxas Aula 25, S.L. e a Grace Antonia Nouel Brache, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2012

A secretaria xudicial