Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35227

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo P.A. 292/2012, interposto por María Dolores Rodríguez Fernández.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 292/2012, interposto por María Dolores Rodríguez Fernández, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 5 de maio de 2011, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 23 de febreiro de 2011 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia 01/2010.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública