Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2012/279-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese efectuar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2012/279-1.

Acta inf. nº: I152012000068873.

Empresa: Cosar XXI, S.L.

NIF: B70188172.

Enderezo: O Casal, parroquia de Seira, s/n, 15911 Rois.

Materia: traballo (a empresa non aboou a dous traballadores os salarios de catro meses).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39 do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 6.251 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 16 de agosto de 2012

P.S. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
Francisco Javier Alonso Moraleja
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa