Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas para a contratación indefinida inicial de colectivos de persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción no mercado de traballo e incrementar a estabilidade no emprego, reguladas na Orde do 22 de marzo de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 64, do 31 de marzo) relativa ao expediente TR345E 2006/188-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 13 de agosto de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345E 2006/188-1.

Nome ou razón social: Centro Photon Los Rosales, S.L.N.E.

DNI/NIF: B70052105.

Último enderezo coñecido: Ramón y Cajal, 3 baixo, 15006 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial de colectivos de persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción no mercado de traballo.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.