Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 22 de agosto de 2012, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en varios expedientes.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.

O acto foi adoptado polo Colexio Arbitral do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 22 de agosto de 2012

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo

ANEXO

Expedientes: 27J001/73/2012, 27J001/74/2012, 27J001/75/2012, 27J001/76/2012, 27J001/77/2012, 27J001/78/2012, 27J001/79/2012, 27J001/80/2012.

Interesada: Instalaciones Revigas, S.L.

NIF: B-84237114.

Acto notificado: laudos arbitrais do 12 de xuño de 2012.