1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2) Domicilio: avda. de Vigo, 16.
3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
4) Teléfono: 986 88 51 33.
5) Telefax: 986 88 58 85.
6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-EIP1-12-021.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: arrendamento, con opción de compra, dun sistema físico de proceso de información, incluíndo os labores técnicos de distribución, montaxe, instalación e posta en marcha dos bens obxecto de arrendamento, así como a obriga do mantemento do seu obxecto. O presente contrato inclúe os mantementos necesarios durante o período de vixencia deste nas estruturas xa existentes no centro.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Hospital Montecelo.
1) Domicilio: Mourente, s/n, Montecelo.
2) Localidade e código postal: Pontevedra 36071.
e) Prazo de execución/entrega: 36 meses.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 716.515,76 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 651.377,96 €. Importe total: 788.167,33 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 3.10.2012.
b) Modalidade de presentación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Rexistro da estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2
3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.
4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.
c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
d) Data e hora: a data e hora de realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 11,29 €/liña título e 12,55 €/liña de texto (si é urxente 22,58 €/liña título e 25,10 €/liña de texto).
11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 17.8.2012.
Pontevedra, 8 de agosto de 2012
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés