Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35200

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a venda dunha parcela de titularidade municipal de 650 m2 sita en Budiño, no Concello do Porriño.

Por Decreto de Alcaldía con data do 8 de agosto de 2012, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 13/12).

2. Obxecto do contrato: venda dunha parcela de titularidade municipal, de 650 m2 sita en Budiño, no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto, cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 69.495,81 € (IVE non incluído), mellorable á alza.

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 8 de agosto de 2012

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde