Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35199

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre construción de balsa de xurro en explotación gandeira (expediente R.E. 2984/2012).

Josefa Rego Blanco solicitou licenza municipal sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada número 2984/2012, para construción de balsa de xurro en explotación gandeira existente, segundo proxecto técnico asinado pola enxeñeira técnica agrícola, Eva Mª Goas Anido, no lugar de Saa-parroquia de Labrada, polígono 187, parcela 16, concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 28 de agosto de 2012

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde