Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

RESOLUCIÓN da Alcaldía do 9 de agosto de 2012, pola que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras comprendidas no proxecto de colectores xerais e EDAR de Corrubedo (OH.315.756).

Faise pública a Resolución da Alcaldía do 9 de agosto de 2012 pola que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras comprendidas no proxecto de colectores xerais e EDAR de Corrubedo (OH.315.756).

O Pleno do Concello de Ribeira, en sesión que tivo lugar o 26 de maio de 2008, acordou a aprobación do anteproxecto de contrato de obra pública de colectores xerais e EDAR de Corrubedo (OH.315.756), redactado pola Administración hidráulica de Galicia.

O citado acordo foi sometido a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 157, do día 9 de xullo de 2008.

O 27 de xullo de 2009 o Pleno da corporación municipal resolveu aprobar o anteproxecto de contrato da obra de colectores xerais e EDAR de Corrubedo, Ribeira (OH.315.756), redactado pola Administración hidráulica de Galicia. Ao mesmo tempo, o Pleno da corporación resolvía as alegacións presentadas e acordaba poñer á disposición da Administración autonómica, libres de cargas e gravames, os terreos e auga necesarios para a normal execución das obras, así como todas as autorizacións administrativas necesarias para a realización destas.

O 26 de xullo de 2010, o Pleno da corporación municipal acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa a que dá lugar a realización das obras de colectores xerais e EDAR de Corrubedo (OH.315.756).

O expediente expropiatorio foi exposto ao público mediante publicación do correspondente anuncio no BOP número 152 do día 11 de agosto de 2010.

A Xunta de Galicia, mediante Decreto 165/2012, do 26 de xullo, publicado no Diario Oficial de Galicia número 150 do día 7 de agosto de 2012, declarou a urxente ocupación polo Concello de Ribeira dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de colectores xerais e EDAR de Corrubedo (OH.315.756).

En virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, e en uso das facultades que lle confiren os artigos 4.1.d) da Lei 7/1985 e 2 da Lei de expropiación forzosa, resólvese convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación adxunta, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se refiren a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas para determinar os dereitos afectados, o seu valor e os danos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ao lugar dos predios se se considera necesario.

Data: 14.9.2012.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Horario: 12.00 a 13.00 horas.

A totalidade dos predios.

Relación de predios.

1) Expropiación zona EDAR:

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titular catastral

Superficie total parcela (m2)

Superficie a expropiar (m2)

52

1472

15074A052014720000KM

Isabel Vidal Rodríguez

550,00

460,00

52

1473

15074A052014730000KO

Manuel Rodríguez Vidal

504,00

440,00

52

1474

15074A052014740000KK

Dolores Domínguez Sayar

613,00

490,00

52

1475

15074A052014750000KR

Francisco Prego Enríquez

3.389,00

2.220,00

52

1476

15074A052014760000KD

María Romero Lojo

783,00

783,00

52

1481

15074A052014810000KI

Andrés Romay Brión

1.960,00

975,00

2) Expropiación zona bombeo de Concheiro Alto:

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titular catastral

Superficie parcela (m2)

Superficie a expropiar (m2)

47418

12

4741812MH9144S0000QX

4741812MH9144S0001WM

En investigación artigo 47 da Lei 33/2003 (titular descoñecido)

567,00

55,00

Ao referido acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, tarxeta do número de identificación fiscal e o último recibo do imposto sobre bens inmobles, e poderán vir acompañados, pola súa conta, se así o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios. Desta convocatoria darase conta mediante citación individual a todos os propietarios e titulares de dereito. Non obstante, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación e as demais oficiais servirán como notificación aos interesados que resulten descoñecidos, se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Conforme establece o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ata o momento en que se proceda ao levantamento das actas, os propietarios e aquelas persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos se puidesen omitir ao aprobar a relación de bens e dereitos afectados, poderán formular ante o Concello as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de corrixir posibles erros producidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Ribeira, 9 de agosto de 2012

(Decreto de substitución do 3.8.2012)
Mª Dolores Elorduy Callón Ángela Mª Viqueira Allo
Alcaldesa en funcións Secretaria