Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35204

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre procedemento de avaliación ambiental en relación con Talleres Monza Motor, S.L. e Autobar Spain, S.L.

As entidades que se citan a seguir solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nas localizacións que a seguir se indican:

1. Solicitante: Talleres Monza Motor, S.L.; actividade: taller de reparación de vehículos rama mecánica. Localización: trav. de Vigo, nº 125; expedientes: 74990/421 e 37564/422.

2. Solicitante: Autobar Spain, S.L.; actividade: almacén de produtos alimenticios e bebidas para distribución de máquinas vending. Localización: camiño da Feira, nº 9, Bembrive; expedientes: 73326/421 e 37991/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes están á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 9 de agosto de 2012

Carlos López Font
Vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo