Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de nomeamento para os postos de traballo de libre designación que se indican.

Por resolución da tenente alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 30 de xullo de 2012, resolveuse o seguinte:

Primeiro. A convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes neste concello, aprobada por Resolución da tenente alacalde delegada de Persoal con data do 5 de marzo de 2012 (DOG nº 93, do 16 de maio).

Segundo. Adxudicarlles ás persoas que se relacionan a seguir o posto de traballo que se indica, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo da Xunta de Goberno Local con data do 18 de decembro de 2009 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

Cód. Dpto.

Departamento

Posto

Grupo

Nivel

Escala

Pérez Ferrol, José María

DJ0000

Deport. e Xuventude

X. Servizo

A1

28

AX/AE

Martínez Portabales, Susana

CI0000

Cultura e Igualdade

X. Servizo

A1

28

AX/AE

Gómez García, José Antonio

SS0000

Serv. Soc. e Coop.

X. Servizo

A1

28

AX/AE

Terceiro. Os nomeamentos expresados producirán efectos a partir da data de toma de posesión do posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o persoal preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou as licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Declarar deserta a cobertura do posto que se describe na seguinte táboa, por non reunir ningún dos aspirantes o perfil idoneo para o desempeño do posto.

Cód. Dpto.

Departamento

Posto

Grupo

Nivel

Escala

MC0000

Museos Científicos

X. Servizo

A1

28

AG/AE

Quinto. Notifíquese a presente resolución aos interesados, aos directores das respectivas áreas así como aos concelleiros das áreas ás que están adscritos os postos convocados.

A Coruña, 3 de agosto de 2012

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública