Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a publicación das bases do proceso de funcionarización.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 143, do 30 de xullo de 2012, publicáronse as bases aprobadas por Resolución da tenente de alcalde delegada de Persoal, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 6 de xullo de 2012, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de fisioterapeuta. C.E. 56/08, proceso de funcionarización. Subgrupo A2.

– 1 praza de oficial de transportes. C.E. 57/08, proceso de funcionarización. Subgrupo C2.

– 1 praza de axente de cultura. C.E. 58/08, proceso de funcionarización. Subgrupo C1.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 30 de xullo de 2012

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública