Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 34980

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 178/2012, do 19 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A devandita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao catálogo nacional de cualificacións profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral, respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V do título I establece as directrices xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenden, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, que substitúe o Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, estableceu no seu artigo 9 a estrutura dos títulos de formación profesional, tomando como base o catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e a organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 881/2011, do 24 de xuño, polo que se establece o título de técnico superior en Estética Integral e Benestar, e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en Estética Integral e Benestar. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo de 2010, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles han permitir conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que han proporcionar o soporte de información e destreza precisos para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de proxecto que se inclúe neste ciclo formativo permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo e 12/2007, do 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xullo de dous mil doce,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en Estética Integral e Benestar, determinado polo Real decreto 881/2011, do 24 de xuño.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva
do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en Estética Integral e Benestar identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Estética Integral e Benestar.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: imaxe persoal.

– Referente europeo: CINE-5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en Estética Integral e Benestar determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar o desenvolvemento dos servizos estéticos, planificar e realizar tratamentos estéticos relacionados coa imaxe e o benestar, e aplicar técnicas estéticas hidrotermais, depilación e implantación de pigmentos, asegurando a calidade, a prevención de riscos laborais e a xestión ambiental.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan:

a) Analizar a viabilidade da implantación de novos servizos e avaliar os medios materiais e persoais, para o seu desenvolvemento na empresa.

b) Deseñar protocolos estéticos e documentos de consentimento informado, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

c) Xestionar a loxística e o almacenamento, aprovisionando co material necesario para asegurar o bo funcionamento de todos os servizos que ofrece a empresa de estética.

d) Determinar e supervisar o traballo de cada profesional ao seu cargo, coordinando e programando as actividades.

e) Deseñar a proposta estética personalizada, analizando os datos obtidos da análise profesional, as demandas da clientela e os posibles informes doutros profesionais.

f) Realizar procesos de hidroterapia, aplicando técnicas específicas e complementarias en balnearios ou spa e utilizando cosméticos termais.

g) Aplicar masaxes e drenaxes linfáticas estéticas, con selección previa de técnicas e procedementos.

h) Realizar maquillaxes correctivas por microimplantación de pigmentos, personalizadas e adaptadas ás necesidades de cada cliente.

i) Supervisar e desenvolver procesos de eliminación temporal e definitiva da peluxe, seguindo as especificacións establecidas.

j) Supervisar e desenvolver técnicas electroestéticas e bronceado por radiación ultravioleta, cumprindo as especificacións marcadas na lexislación.

k) Asesorar a clientela, informando dos efectos dos tratamentos e dos cosméticos, a súa relación coa fisioloxía cutánea, os hábitos de vida saudables e as precaucións que hai que seguir durante a súa aplicación, e antes e despois desta.

l) Realizar a promoción e a comercialización de produtos e servizos no ámbito dunha empresa de imaxe persoal.

m) Integrar e realizar os servizos estéticos, coordinando a aplicación de técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

n) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.

ñ) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

o) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade, supervisando o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos grupais que se presentan.

p) Comunicarse cos seus iguais, superiores, clientes e persoas baixo a súa responsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información e os coñecementos adecuados, e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

q) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.

r) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

s) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa, e ter iniciativa na súa actividade profesional con sentido da responsabilidade social.

t) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

1. Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Hidrotermal, IMP023_3 (Real decreto 327/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1260_3: protocolizar e organizar os servizos hidrotermais e complementarios.

– UC0061_3: aplicar e supervisar as técnicas hidrotermais personalizando os protocolos normalizados.

– UC0062_3: aplicar cosmética termal nos servizos hidrotermais.

– UC0063_3: realizar masaxes manuais e/ou mecánicas con fins estéticos.

b) Masaxes estéticas e técnicas sensoriais asociadas, IMP248_3 (Real decreto 790/2007, do 15 de xuño), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0789_3: realizar o diagnóstico estético e deseñar protocolos integrando técnicas de masaxe, drenaxe linfática e sensoriais con fins estéticos.

– UC0063_3: realizar masaxes manuais e/ou mecánicas con fins estéticos.

– UC0790_3: realizar a drenaxe linfática manual e/ou mecánica con fins estéticos.

– UC0791_3: realizar técnicas de masaxe por presión con fins estéticos.

– UC0792_3: asociar técnicas sensoriais a masaxes con fins estéticos.

c) Tratamentos estéticos, IMP250_3 (Real decreto 790/2007, do 15 de xuño), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0796_3: realizar o diagnóstico e deseñar protocolos estéticos personalizados.

– UC0063_3: realizar masaxes manuais e/ou mecánicas con fins estéticos.

– UC0790_3: realizar a drenaxe linfática manual e/ou mecánica con fins estéticos.

– UC0797_3: aplicar técnicas electroestéticas, integrándoas en tratamentos estéticos específicos.

– UC0798_3: realizar tratamentos estéticos coordinando a aplicación de técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

2. Cualificacións profesionais incompletas:

a) Bronceado, maquillaxe e depilación avanzada, IMP182_3 (Real decreto 1228/2006, do 27 de outubro).

– UC0580_3: realizar a aplicación de técnicas de bronceado artificial en condicións de seguridade e saúde.

– UC0581_3: realizar a depilación definitiva e/ou supervisar procesos de depilación temporal.

– UC0067_3: realizar e supervisar procesos de micropigmentación.

b) Maquillaxe integral, IMP024_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro).

– UC0064_2: preparar os medios técnicos e persoais para aplicar maquillaxe integral.

Artigo 7. Contorno profesional

1. Este profesional exerce a súa actividade no sector de coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas, maioritariamente privadas, nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, microimplantación de pigmentos, depilación avanzada, masaxe estética e drenaxe, e asesoramento en tratamentos e produtos cosméticos.

Trátase de profesionais por conta propia que traballan xestionando a súa propia empresa ou de profesionais por conta allea, que exercen a súa actividade profesional como persoal empregado, ou na xefatura de área ou departamento.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Esteticista.

– Director/ora técnico/a en empresas estéticas e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios.

– Técnico/a en tratamentos estéticos integrais.

– Especialista en técnicas hidroestéticas.

– Técnico/a en micropigmentación.

– Técnico/a en depilación mecánica e avanzada.

– Técnico/a en aparellos de estética.

– Especialista en bronceado mediante radiación ultravioleta.

– Técnico/a en masaxes estéticas.

– Técnico/a en drenaxe linfática estética.

– Traballador/ora cualificado/a en centros de medicina e cirurxía estética.

– Técnico/a comercial.

– Asesor/ora estético/a e cosmético/a.

– Formador/ora técnico/a en estética.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. O perfil profesional deste título marca unha evolución cara ás competencias relacionadas coas técnicas que potencien os coidados da imaxe persoal a través do benestar e da promoción da saúde. Os futuros profesionais deberán ter un amplo coñecemento de hábitos saudables; unha maior especialización en técnicas manuais estéticas, como a drenaxe estética, técnicas orientais ou reflexoloxía, e unha boa preparación en técnicas sensoriais como a cromoterapia, a aromaterapia, a musicoterapia etc. Os tratamentos cuxo recurso principal é a auga son outros dos procesos que potencian o benestar e converten os centros de spa e balnearios nun sector con gran demanda na actualidade.

2. A evolución tecnolóxica e o uso de aparellos e cosmética avanzada (radiofrecuencia, aparellos de bronceado con radiación ultravioleta, IPL ou láser, vectores e principios activos cosméticos de nova xeración etc.) demandan un perfil profesional cada vez máis cualificado, con coñecementos científico-tecnolóxicos e con capacidade para a organización e a planificación de procesos, que asuma funcións de calidade, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e que sexa quen de manter un espírito aberto á innovación.

3. As empresas do sector avanzan cara ao traballo en equipo e a colaboración con outros profesionais, nomeadamente do ámbito sanitario. Enfocan a súa actividade cara ao asesoramento profesional e cara á atención personalizada.

4. Este profesional debe presentar un perfil polivalente, capaz de adaptarse aos cambios, cun alto grao de autonomía e capacidade para a toma de decisións.

Finalmente, os aspectos organizativos da prestación de servizos de estética e benestar deberán adaptarse á normativa comunitaria, estatal e autonómica. Na actualidade, os establecementos e o persoal aplicador dos procesos de micropigmentación e bronceado están sometidos a unha lexislación específica de condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade que deben seguir para poder exercer. Prevese que se establezan máis regulacións legais doutros procesos con especial incidencia na saúde pública.

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Desenvolver novos servizos, avaliando os medios persoais e materiais, para analizar a viabilidade da súa implantación.

b) Elaborar normas de actuación, con detalle das fases do proceso e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación, para deseñar documentos e protocolos estéticos e de atención á clientela.

c) Organizar os recursos da cabina de estética e controlar as existencias, para xestionar a súa loxística e o seu almacenamento.

d) Aplicar procedementos relacionados co mantemento de equipamentos e instalacións, cumprindo a normativa, para asegurar o bo funcionamento.

e) Caracterizar os papeis profesionais, identificando a responsabilidade asociada en cada caso, para programar as súas actividades.

f) Desenvolver o procedemento de análise estética, empregando ferramentas específicas, para deseñar unha proposta estética individualizada.

g) Aplicar técnicas, cosméticos termais e equipamentos en relación coas necesidades das persoas usuarias de balnearios ou spa, para realizar procesos hidroestéticos.

h) Identificar métodos, manobras e parámetros, e adaptalos á análise estética, para aplicar masaxes estéticas e técnicas sensoriais asociadas.

i) Supervisar e avaliar as técnicas, as manobras e os parámetros de aplicación da drenaxe estética e das masaxes por presión, e adaptalos á análise estética e ás zonas anatómicas que se vaian tratar, para asegurar o beneficio estético desexado.

j) Empregar elementos e procesos decorativos semipermanentes en relación coas características da persoa usuaria e aplicando a normativa, para realizar maquillaxes correctivas por microimplantación de pigmentos.

k) Seleccionar procedementos de eliminación de peluxe de xeito temporal e definitivo, con caracterización das fases, as técnicas e os recursos necesarios, para supervisar e desenvolver a depilación.

l) Verificar os parámetros de control de equipamentos electroestéticos e de bronceado artificial, relacionando os fundamentos científicos cos tratamentos estéticos, para os aplicar con garantías de eficacia e seguridade.

m) Identificar as operacións de formulación e elaboración de cosméticos, analizando as características, os efectos e as aplicacións dos seus principios activos, para asesorar sobre os produtos cosméticos persoas usuarias e profesionais.

n) Identificar a variabilidade dos procesos estéticos en relación cos fundamentos anatomofisiolóxicos, os hábitos saudables e as principais patoloxías asociadas, para garantir a calidade de todos os servizos.

ñ) Identificar as técnicas publicitarias e as operacións de venda e de merchandising, valorando as características e as demandas do mercado, para realizar a promoción e a comercialización de produtos e servizos estéticos.

o) Coordinar todos os recursos estéticos (técnicas, aparellos, instalacións e cosméticos), con adaptación ao servizo estético proposto e tendo en conta o estudo estético e as preferencias da persoa usuaria, para realizar tratamentos estéticos integrais.

p) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se relacionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, así como as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.

q) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presenten nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.

r) Tomar decisións fundamentadas, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

s) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

t) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

u) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoal e colectiva, de acordo coa normativa aplicable nos procesos do traballo, para garantir ámbitos seguros.

v) Identificar e propor as accións profesionais necesarias, para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

w) Identificar e aplicar parámetros de calidade nos traballos e nas actividades que se realizan no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser capaces de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.

x) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

y) Recoñecer os seus dereitos e deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais deste ciclo formativo, que se desenvolven no anexo I deste decreto, son os que se relacionan a continuación:

– MP0744. Aparellos de Estética.

– MP0745. Estética Hidrotermal.

– MP0746. Depilación Avanzada.

– MP0747. Masaxe Estética.

– MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

– MP0749. Micropigmentación.

– MP0750. Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal.

– MP0751. Dermoestética.

– MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

– MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

– MP0754. Proxecto de Estética Integral e Benestar.

– MP0755. Formación e Orientación Laboral.

– MP0756. Empresa e Iniciativa Emprendedora.

– MP0757. Formación en Centros de Traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son os establecidos no anexo II deste decreto.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo, e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberá estar en función do número de alumnos e alumnas, e han ser os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos, e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas deste ciclo formativo correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A) deste decreto.

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B) deste decreto.

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C) deste decreto.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no que se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

– Que se acredite mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional, realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV
Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso a este ciclo formativo en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder a este ciclo formativo o alumnado que cursase a modalidade de bacharelato de ciencias e tecnoloxía.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en Estética Integral e Benestar permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.

2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.

Artigo 15. Validacións e exención

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeneral do sistema educativo, cos módulos profesionais dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establécense no anexo IV deste decreto.

2. As persoas que superasen o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de formación e orientación laboral sempre que:

– Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

– Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada con este ciclo formativo nos termos previstos no devandito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A) deste decreto.

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B) deste decreto.

CAPÍTULO V
Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI deste decreto.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ha determinar os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de proxecto

1. O módulo de proxecto incluído no currículo deste ciclo formativo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será a cargo do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en centros de traballo e avaliarase unha vez cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia deste título

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais deste ciclo formativo nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, ha requirir a autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, conforme o procedemento que se estableza.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. Os títulos que se relacionan a continuación terán os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en Estética Integral e Benestar, establecido no Real decreto 881/2011, do 24 de xuño, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico especialista en Estética, rama de Peiteado e Estética, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico superior en Estética, establecido polo Real decreto 628/1995, do 21 de abril, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 69/2005, do 18 de marzo.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

3. A formación establecida neste decreto garante o nivel de coñecemento exixido no curso de formación hixiénico-sanitaria que o Ministerio de Sanidade lles exixe aos aplicadores de técnicas de tatuaxe, micropigmentación e perforación cutánea, tal como marcan as lexislacións nas comunidades autónomas.

4. A formación establecida neste decreto, nos seus módulos profesionais, garante o nivel de coñecemento requirido no curso de formación que o Ministerio de Sanidade lle exixe ao persoal profesional que realice actividades de bronceado artificial, tal como marcan as lexislacións nas comunidades autónomas.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no punto 1 da disposición adicional segunda deste decreto entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas deste título

1. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria garantirá que o alumnado poida acceder e cursar este ciclo formativo nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de “deseño universal”. Para tal efecto, han recoller as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas deste ciclo formativo exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición transitoria única. Centros privados con autorización para impartir ciclos formativos de formación profesional

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 69/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición adicional quinta.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

Queda derrogado o Decreto 69/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética, e todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo do disposto na disposición derradeira primeira.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2012-2013 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 69/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética.

2. No curso 2013-2014 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 69/2005, do 18 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estética.

3. No curso 2012-2013 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de xullo de dous mil doce

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
(Decreto 147/2012)

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Aparellos de Estética.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0744.

• Duración: 133 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza os equipamentos de electroestética baseados nas radiacións electromagnéticas, en técnicas de mecanoterapia e na aplicación de calor e frío, en relación cos efectos fisiolóxicos que producen e coas súas aplicacións estéticas.

– CA1.1. Identificáronse as correntes eléctricas con aplicación en estética.

– CA1.2. Especificáronse as características dos equipamentos de electroestética, de fototerapia, mecánicos e de aplicación de frío e calor.

– CA1.3. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos cos tipos de corrente de uso en estética.

– CA1.4. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos cos tipos de técnicas fototerápicas de uso en estética.

– CA1.5. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos coas técnicas de mecanoterapia de uso en estética.

– CA1.6. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos coas técnicas fototerápicas de uso en estética.

– CA1.7. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos coas técnicas de aplicación de frío e calor.

– CA1.8. Caracterizáronse as aplicacións estéticas das correntes, das radiacións electromagnéticas, das técnicas mecanoterápicas e da aplicación de frío e calor.

– CA1.9. Identificáronse as precaucións e as contraindicacións de cada corrente.

– CA1.10. Caracterizáronse as técnicas que empregan corrente continua e variable, radiacións electromagnéticas e técnicas con efectos mecánicos.

– CA1.11. Estableceuse a secuencia, o xeito de aplicación, os accesorios e os parámetros de cada técnica electroestética, fototerápica, mecánica e de aplicación de frío e calor.

– CA1.12. Definíronse as normas de seguridade de cada aparello ou equipamento.

– CA1.13. Interpretouse a documentación técnica dos equipamentos.

• RA2. Planifica a organización das instalacións e os equipamentos electroestéticos, cumprindo a lexislación.

– CA2.1. Identificáronse os requisitos de instalación eléctrica dunha cabina de tratamentos de electroestética.

– CA2.2. Identificáronse os requisitos de instalación para aplicar técnicas de emisión de radiación electromagnética.

– CA2.3. Identificáronse os requisitos de instalación para a aplicación de técnicas de mecanoterapia, termoterapia e crioterapia.

– CA2.4. Comprobouse que os equipamentos e os accesorios cumpran os requisitos de seguridade exixidos pola normativa.

– CA2.5. Identificáronse as características das cabinas de bronceado.

– CA2.6. Especificouse a lexislación en materia de bronceado por raios UVA.

– CA2.7. Relacionouse a aplicación dos métodos de hixiene e esterilización coas características dos utensilios e dos materiais.

– CA2.8. Controláronse as condicións de almacenamento de utensilios e accesorios.

– CA2.9. Xestionouse a eliminación de residuos, os recambios dos equipamentos e os produtos de refugo xerados.

• RA3. Prepara e pon a punto os equipamentos de electroestética, regulando os parámetros.

– CA3.1. Seleccionouse o equipamento entre as técnicas de electroestética.

– CA3.2. Describíronse as funcións das máquinas, os utensilios e os accesorios.

– CA3.3. Verificáronse e reguláronse os dispositivos e os sistemas electrónicos das máquinas.

– CA3.4. Seleccionáronse accesorios, utensilios e cosméticos en función das características de cada técnica.

– CA3.5. Controláronse as condicións de hixiene e desinfección de equipamentos, accesorios e materiais.

– CA3.6. Montáronse e revisáronse os utensilios e os accesorios.

– CA3.7. Relacionáronse os parámetros de aplicación cos efectos.

• RA4. Planifica a aplicación de técnicas electroestéticas, fototerápicas, mecanoterápicas, de termoterapia e de crioterapia, e xustifica a secuencia do protocolo.

– CA4.1. Identificouse o estado da pel, as súas características e as súas alteracións previamente á selección da técnica ou das técnicas que se vaian realizar.

– CA4.2. Elaborouse o protocolo de execución das técnicas electroestéticas, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

– CA4.3. Organizouse a área de traballo co equipamento, os accesorios e os produtos necesarios.

– CA4.4. Adoptáronse as medidas de protección necesarias para a persoa usuaria e para o persoal profesional.

– CA4.5. Axustáronse os parámetros de aplicación en función da técnica, os efectos perseguidos e as características da persoa usuaria.

– CA4.6. Especificáronse as sensacións que se poden producir durante a aplicación da técnica.

– CA4.7. Establecéronse as operacións previas necesarias para a aplicación da técnica electroestética, fototerápica, mecanoterápica, e de termoterapia e crioterapia.

– CA4.8. Aplicáronse as técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia adoptando as medidas de protección necesaria.

– CA4.9. Estableceuse a secuencia da técnica aplicada.

– CA4.10. Determináronse o sinerxismo e o antagonismo das técnicas nos tratamentos estéticos combinados.

• RA5. Caracteriza os novos aparellos de innovación tecnolóxica en estética en relación cos efectos da súa aplicación.

– CA5.1. Identificáronse as novas tendencias en aparellos do mercado da estética.

– CA5.2. Especificáronse as características dos novos equipamentos de electroestética.

– CA5.3. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos cos tipos de corrente, radiación e técnica.

– CA5.4. Identificáronse as precaucións e as contraindicacións de cada corrente.

– CA5.5. Estableceuse o protocolo de actuación das técnicas innovadoras.

– CA5.6. Identificáronse as vantaxes e os inconvenientes da introdución do novo servizo nunha cabina de estética.

• RA6. Avalía os riscos da aplicación de técnicas de electroestética, tendo en conta as condicións e as características das persoas, e os requisitos técnicos.

– CA6.1. Determináronse as causas de risco máis frecuentes na aplicación de técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

– CA6.2. Identificáronse as precaucións que cumpra tomar na aplicación de técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

– CA6.3. Determináronse as contraindicacións específicas de cada unha das técnicas.

– CA6.4. Recoñecéronse os signos e síntomas que evidencian nun suxeito un aumento de risco potencial ante a aplicación de técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

– CA6.5. Identificáronse as medidas de emerxencia que hai que tomar nas diferentes situacións de risco durante a aplicación das diferentes técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

– CA6.6. Determináronse as pautas que cumpra seguir para informar a persoa usuaria sobre os riscos posibles dos tratamentos.

– CA6.7. Identificáronse as medidas de protección persoal de profesionais e persoas usuarias na aplicación de técnicas de electroestética, fototerápicas, mecanoterápicas, e de termoterapia e crioterapia.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización dos equipamentos de electroestética.

• Técnicas baseadas na aplicación de correntes eléctricas.

– Fundamentos físicos relacionados coa aplicación de aparellos de estética.

– Características. Efectos fisiolóxicos. Aplicacións en estética. Parámetros e dosimetría. Indicacións e contraindicacións.

– Medidas de seguridade e hixiene de cada equipamento.

– Clasificación das correntes eléctricas con aplicación en estética: corrente galvánica e correntes variables de baixa, media e alta frecuencia. Análise dos equipamentos.

• Técnicas baseadas na aplicación de calor e de frío.

– Características. Efectos fisiolóxicos da temperatura no organismo. Aplicacións en estética. Indicacións e contraindicacións.

– Medidas de seguridade e hixiene de cada equipamento.

– Clasificación: termoterapia e crioterapia. Análise dos equipamentos.

• Técnicas baseadas na aplicación de radiacións electromagnéticas.

– Introdución ás radiacións electromagnéticas: radiacións electromagnéticas con aplicación en estética. Parámetros e dosimetría.

– Medidas de seguridade e hixiene de cada equipamento.

– Clasificación: lámpadas de Wood, lámpadas solares UV, láser e luz pulsada, e radiación infravermella.

• Técnicas de mecanoterapia.

– Características. Efectos fisiolóxicos. Aplicacións en estética. Indicacións e contraindicacións.

– Medidas de seguridade e hixiene de cada equipamento.

– Clasificación: equipamentos de masaxe por vibración, ultrasóns, microvibradores de alta frecuencia (peeling ultrasónico), brossage, compresor, presoterapia, vacuumterapia e dermoaspiración.

BC2. Planificación da organización das instalacións e os equipamentos electroestéticos.

• Seguridade eléctrica: resistencia eléctrica do corpo humano; sistemas e normas de seguridade eléctrica.

• Requisitos de instalación para aplicar técnicas de emisión de radiación electromagnética. Distribución da cabina.

• Requisitos de instalación para aplicar técnicas de bronceado.

• Normativa comunitaria, estatal e autonómica sobre aparellos mediante radiacións ultravioleta.

• Normas sobre aparellos de estética: requisitos dos equipamentos utilizados en electroestética.

• Medidas de hixiene, desinfección e esterilización: aplicación de métodos de limpeza, hixiene, desinfección e esterilización para os equipamentos, os materiais e os utensilios empregados nos procesos de electroestética. Criterios de almacenamento de utensilios e accesorios.

BC3. Preparación de equipamentos de electroestética, de fototerapia, de mecanoterapia, de termoterapia e de crioterapia.

• Criterios de selección das técnicas electroestéticas.

• Elaboración de procedementos de aplicación das técnicas de electroestética, fototerapia, mecanoterapia, termoterapia e/ou crioterapia.

• Revisión e mantemento das condicións de seguridade dos equipamentos.

• Execución de protocolos de hixiene e desinfección. Material dun só uso.

• Recoñecemento e selección de accesorios, utensilios e cosméticos.

• Regulación de parámetros.

BC4. Organización da aplicación de técnicas de electroestética.

• Documentación técnica.

• Obtención e xestión de datos da persoa usuaria: diagnóstico profesional (protocolo de diagnóstico); ficha técnica; consentimento informado.

• Elección da técnica de electroestética, fototerapia, mecanoterapia, termoterapia e/ou crioterapia: criterios de selección.

• Elaboración do protocolo de execución segundo a técnica electroestética seleccionada.

• Preparación da área de traballo.

• Axuste de parámetros e dosimetrías.

• Preparación da persoa usuaria.

• Análise do estado da pel e posibles alteracións.

• Execución práctica: fases e precaucións. Criterios para a combinación de técnicas.

– Técnicas baseadas en correntes eléctricas.

– Técnicas de aplicación de calor e frío.

– Técnicas baseadas en correntes electromágnéticas: láser e luz pulsada.

– Técnicas de mecanoterapia.

• Retirada de equipamentos e accesorios.

• Supervisión do proceso e recollida de incidencias.

BC5. Caracterización dos novos aparellos de estética.

• Novos equipamentos en estética: técnicas de electroporación, radiofrecuencia, mesoterapia virtual etc.

• Análise das características:

– Fundamento científico.

– Descrición dos equipamentos. Normas de aplicación; dosimetrías.

– Efectos e indicacións, precaucións e contraindicacións.

BC6. Avaliación de riscos na aplicación de técnicas de electroestética.

– Principais accidentes na cabina de electroestética.

– Accidentes producidos por equipamentos baseados na aplicación de correntes, por termoterapia e crioterapia, por radiacións electromagnéticas e mecanoterapia.

– Prevención de accidentes e xeito de actuar fronte a eles.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de aplicación de aparellos de electroestética.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Organización da cabina de estética en condicións de seguridade.

– Interpretación da documentación técnica de todos os equipamentos que se empregan en elestroestética.

– Preparación dos equipamentos e aplicación de cada técnica tendo en conta os protocolos de actuación.

– Identificación dos aparellos novos para os incorporar á cabina de electroestética.

– Avaliación e prevención dos riscos derivados da aplicación de equipamentos de electroestética, fototerapia, mecanoterapia, termoterapia e/ou crioterapia.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de execución de deseño de protocolos personalizados.

– Procesos de tratamentos de estética facial e corporal.

– Procesos de execución de técnicas específicas en coidados estéticos anteriores e posteriores á cirurxía estética.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), d), l) e ñ) do ciclo formativo, e as competencias c), j) e l).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Organización da cabina de electroestética.

– Interpretación da documentación técnica.

– Preparación dos equipamentos.

– Organización dos protocolos de aplicación de técnicas de electroestética, fototerapia, mecanoterapia, termoterapia e/ou crioterapia.

– Caracterización de novos equipamentos.

– Avaliación dos riscos na aplicación das técnicas.

1.2. Módulo profesional: Estética Hidrotermal.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP0745.

• Duración: 123 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Planifica a organización do traballo coordinando o desenvolvemento das actividades e a prestación de servizos nos establecementos hidrotermais.

– CA1.1. Caracterizáronse e clasificáronse os centros de aplicación de técnicas hidrotermais.

– CA1.2. Relacionouse o organigrama dos establecementos de hidroterapia e/ou termais coas funcións do persoal.

– CA1.3. Analizáronse as instalacións e os recursos técnicos e profesionais.

– CA1.4. Elaboráronse propostas para o deseño e a distribución das instalacións para mellorar o traballo e ofrecer un espazo de benestar.

– CA1.5. Organizouse a axenda de traballo a través da coordinación dos recursos materiais e persoais.

• RA2. Caracteriza os recursos hídricos, para o que analiza os seus mecanismos de acción, e emprégaos como fonte de saúde e benestar.

– CA2.1. Xustificouse o emprego da auga con fins curativos ao longo da historia.

– CA2.2. Establecéronse os conceptos xerais do termalismo.

– CA2.3. Identificouse a estrutura da auga, as propiedades e os seus mecanismos de acción.

– CA2.4. Relacionouse o mecanismo de acción e as indicacións das augas mineromedicinais coa súa composición química.

– CA2.5. Identificáronse as propiedades e as características dos tipos da auga utilizada nos centros hidrotermais: mineromedicinal, de mar e común.

– CA2.6. Clasificáronse as augas mineromedicinais en función da temperatura, o residuo seco, a mineralización e a composición.

– CA2.7. Identificáronse as accións e os efectos das augas mineromedicinais sobre o organismo, e describíronse as características da cura termal.

– CA2.8. Identificáronse as vías de aplicación interna da auga mineromedicinal.

– CA2.9. Especificáronse as características da auga do mar, a súa composición, as súas accións e as súas indicacións.

– CA2.10. Identificáronse os efectos da auga de mar e a talasoterapia sobre o organismo, e describíronse as características dunha cura mariña.

• RA3. Identifica as necesidades estéticas da persoa usuaria, para o que realiza a análise previa e utiliza os informes adecuados.

– CA3.1. Valorouse a importancia da realización dun exame estético previo.

– CA3.2. Especificáronse as indicacións e as alteracións estéticas que poidan mellorar con tratamentos de estética hidrotermal.

– CA3.3. Interpretouse o informe e as instrucións médicas.

– CA3.4. Identificáronse as contraindicacións absolutas ou relativas destas técnicas.

– CA3.5. Preparáronse as instalacións, os materiais e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Realizouse a entrevista, a exploración e a recollida de datos.

– CA3.7. Informouse a persoa usuaria sobre o resultado emitido da análise e o tratamento aconsellado.

– CA3.8. Solicitóuselle á persoa usuaria o consentimento informado.

– CA3.9. Describíronse as normas deontolóxicas que cumpra aplicar para garantir a confidencialidade da clientela.

• RA4. Selecciona as técnicas hidrotermais, para o que analiza os efectos da aplicación da auga sobre o corpo.

– CA4.1. Caracterizáronse as técnicas de aplicación vía oral e vía respiratoria.

– CA4.2. Caracterizáronse as técnicas de balneación de aplicación individual e colectiva, con presión e sen ela.

– CA4.3. Sinaláronse os efectos, as indicacións e as contraindicacións absolutas e relativas das técnicas de balneación.

– CA4.4. Determinouse o mecanismo de acción e os parámetros de aplicación.

– CA4.5. Relacionáronse os efectos das aplicacións hidroterápicas parciais coas indicacións e o modo de emprego.

– CA4.6. Diferenciáronse as características da sauna, as termas e o baño de vapor.

– CA4.7. Identificáronse os efectos, as indicacións, as precaucións e as contraindicacións das técnicas de antroterapia.

– CA4.8. Estableceuse a secuencia das técnicas de hidroterapia empregadas nos circuítos termais.

– CA4.9. Identificáronse as técnicas empregadas en talasoterapia e as asociadas a ela.

• RA5. Selecciona os cosméticos termais e a súa técnica de aplicación, para o que analiza os seus efectos e as súas precaucións.

– CA5.1. Especificáronse os compoñentes, as propiedades, as accións e os efectos dos cosméticos termais.

– CA5.2. Identificáronse os modos de aplicación para cada cosmético termal.

– CA5.3. Establecéronse as indicacións, as precaucións e as contraindicacións.

– CA5.4. Clasificáronse as arxilas en función da súa cor e da súa composición.

– CA5.5. Esquematizáronse os tipos de peloides seguindo a súa clasificación internacional.

– CA5.6. Determináronse as diferenzas entre parafinas, paralamas e peloides.

– CA5.7. Identificáronse os ingredientes activos das algas e outros produtos naturais, mariños, vexetais etc., como compoñentes dos cosméticos termais.

– CA5.8. Especificáronse as accións cosméticas, as precaucións e os xeitos de aplicación dos aceites esenciais.

• RA6. Aplica técnicas hidroestéticas e cosméticos termais, seguindo un protocolo de execución previamente deseñado.

– CA6.1. Establecéronse os protocolos de actuación en programas de tratamentos hidrotermais estándar.

– CA6.2. Preparáronse os medios técnicos e/ou os cosméticos termais necesarios.

– CA6.3. Seleccionouse a indumentaria e os accesorios adecuados segundo a técnica que se vaia aplicar.

– CA6.4. Informouse a persoa usuaria sobre as posturas, as sensacións e os mecanismos de aviso ao persoal.

– CA6.5. Seleccionáronse os parámetros en función da técnica que se vaia aplicar e as condicións orgánicas e a sensibilidade da persoa usuaria.

– CA6.6. Aplicáronse técnicas hidrotermais e de cosmética termal segundo a secuencia e a orde establecida.

– CA6.7. Supervisouse o proceso e controlouse o estado da persoa usuaria durante el.

– CA6.8. Establecéronse as pautas para unha correcta circulación da clientela a través dos circuítos termais.

• RA7. Organiza a execución de protocolos de seguridade e hixiene, aplicando pautas para a prevención de riscos laborais.

– CA7.1. Sinaláronse as consecuencias da contaminación bacteriolóxica da auga.

– CA7.2. Identificáronse os mecanismos para o tratamento da auga.

– CA7.3. Aplicouse o protocolo de hixiene das instalacións.

– CA7.4. Aplicouse o método de desinfección ou esterilización máis adecuado en función do equipamento técnico ou do material que se vaia utilizar.

– CA7.5. Establecéronse as normas de hixiene do persoal do centro e da persoa usuaria das instalacións.

– CA7.6. Aplicáronse protocolos para refugar e reciclar os materiais utilizados.

– CA7.7. Aplicáronse protocolos para previr riscos e reaccións non desexadas.

– CA7.8. Especificouse a normativa que rexe os centros de servizos hidrotermais.

• RA8. Supervisa a calidade do servizo e propón medidas correctoras que melloren a súa prestación.

– CA8.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de aplicación de técnicas hidrotermais.

– CA8.2. Esquematizouse o proceso de prestación do servizo.

– CA8.3. Identificáronse as normas de atención á clientela.

– CA8.4. Asociáronse as anomalías detectadas coa fase do proceso en que se produciran.

– CA8.5. Avaliáronse as fases do proceso e o resultado final.

– CA8.6. Detectáronse as desviacións e as anomalías producidas na aplicación das técnicas hidrotermais, e analizáronse as súas causas.

– CA8.7. Propuxéronse medidas para adecuar os resultados obtidos aos esperados e mellorar a prestación do servizo.

– CA8.8. Avaliouse o grao de satisfacción da clientela mediante cuestionarios e atención posvenda.

– CA8.9. Establecéronse as normas de actuación en situacións inesperadas para resolver incidencias que afecten a calidade dos servizos hidrotermais.

– CA8.10. Establecéronse medidas para xestionar as reclamacións, as suxestións e as queixas.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Organización das instalacións, recursos técnicos e profesionais.

• Centros de aplicación de técnicas hidroestéticas: balnearios, centros de talasoterapia e establecementos de spa.

• Instalacións xerais dos establecementos hidrotermais: instalacións profesionais e complementarias. Deseño e distribución das instalacións e recursos técnicos.

• Recursos profesionais dos centros hidrotermais: organigrama do centro; formación e funcións do persoal de centros hidrotermais; organización e distribución do traballo.

BC2. Caracterización dos recursos hídricos.

• Auga como fonte de saúde e benestar.

– Historia do termalismo e da hidroterapia.

– Actualidade do sector termal, aplicacións en estética.

– Termalismo e talasoterapia: conceptos xerais.

• A auga: estrutura e propiedades.

– Hidroxeoloxía: ciclo da auga.

– Mecanismos de acción da auga: mecanismos hidroterápicos.

– Tipos de augas.

• A auga mineromedicinal.

– Composición e clasificación.

– Mecanismos de acción: mecanismos crenoterápicos; indicacións en función da súa composición.

– Xeitos de aplicación interna.

– Cura balnearia.

– Crise termal.

• Auga de mar:

– Composición e características.

– Mecanismo de acción.

– Aplicacións en estética e benestar.

BC3. Identificación das necesidades da persoa usuaria no servizo de hidrotermais.

• Importancia da análise en tratamentos hidrotermais.

• Recoñecemento das indicacións e das alteracións estéticas de interese na aplicación de técnicas hidrotermais. Contraindicacións.

• Execución práctica do diagnóstico estético:

– Metodoloxía para o diagnóstico.

– Técnicas de aplicación de equipamentos e medios.

– Formalización do consentimento informado e de informes de derivación a diferentes profesionais.

– Elaboración de documentos para a detección de necesidades das persoas usuarias.

– Interpretación de informes ou prescricións médicas.

– Aplicación de normas deontolóxicas.

BC4. Selección de técnicas de aplicación de auga.

• Aplicacións vía oral e vía respiratoria: aspectos básicos. Técnicas.

• Técnicas de balneación.

– Tipos: baños, baños con aditivos, baños con mobilización da auga.

– Mecanismo de acción, efectos, indicacións, precaucións e contraindicacións.

– Instalacións colectivas para o baño.

• Técnicas de aplicación de auga con presión:

– Tipos: duchas, chorros a presión e técnicas combinadas.

– Mecanismo de acción, efectos, indicacións, precaucións e contraindicacións.

– Instalacións colectivas con presión.

• Aplicacións hidroterápicas parciais:

– Tipos: ablucións e afusións; envolturas, compresas e fomentos; baños parciais; cura de Kneipp.

– Mecanismo de acción, efectos, indicacións, precaucións e contraindicacións.

– Aplicacións en estética.

• Antroterapia:

– Tipos: estufa seca ou sauna, termas e estufa ou baño de vapor.

– Mecanismo de acción, efectos, indicacións, precaucións e contraindicacións.

• Combinación de técnicas de hidroterapia: circuítos termais.

• Talasoterapia e técnicas asociadas.

BC5. Selección dos cosméticos termais.

• Clasificación, concepto, características, composición, propiedades, efectos, accións, indicacións e contraindicacións:

– Arxilas e peloides; parafinas e paralamas.

– Augas termais; cosméticos derivados de augas termais.

– Cosméticos derivados de produtos naturais (viño, cacao, oliveira etc).

– Algoterapia e produtos mariños (plancto, cartilaxe de peixes, ovas, ADN mariño, po de perlas e sales etc.).

• Técnicas de aplicación: precaucións.

• Aromaterapia: concepto. Aceites esenciais: características. Composición, obtención, vías de penetración, efectos, xeito de aplicación, precaucións e accións cosméticas.

BC6. Aplicación de técnicas hidrotermais.

• Protocolos de aplicación de técnicas de balneación e de aplicación de auga con presión, técnicas hidroterápicas parciais e de antroterapia: execución práctica.

• Protocolos de aplicación de cosmética termal: execución práctica.

• Tratamentos combinados de técnicas hidrotermais e cosmética termal: tipos de tratamentos, execución técnica.

• Programas de estética e benestar en centros hidrotermais: normas para a elaboración de programas, coordinación de tratamentos e técnicas.

• Protocolos de aplicación de técnicas en circuítos termais. Circuítos libres e dirixidos. Secuencia de técnicas.

BC7. Organización da execución de protocolos de seguridade e hixiene.

• Contaminación bacteriolóxica da auga. Análise das técnicas de tratamento de augas usadas nestes centros.

• Hixiene das instalacións: normas para a poboación usuaria e para o persoal.

• Conservación e manipulación dos produtos cosméticos.

• Organización do mantemento das instalacións e dos equipamentos.

• Xestión ambiental.

• Riscos laborais en centros hidrotermais: técnicas preventivas.

• Sinalización, emerxencias e primeiros auxilios.

• Normativa de centros hidrotermais.

BC8. Avaliación da calidade nos centros e servizos hidrotermais.

• Concepto e principios de calidade.

• Calidade na prestación do servizo.

• Normas de calidade para instalacións, medios técnicos e produtos: parámetros que a definen.

• Normas de atención á clientela.

• Técnicas para medir o grao de satisfacción da clientela.

• Xestión de reclamacións e queixas.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación de servizos de estética hidrotermal.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Organización das instalacións e dos recursos técnicos, profesionais e hídricos.

– Realización da análise estética previa á aplicación de cada técnica.

– Selección e aplicación das técnicas e dos cosméticos termais en función da análise.

– Realización de protocolos de seguridade e hixiene.

– Realización de protocolos de estética e benestar.

– Control da calidade do servizo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en procesos de selección e aplicación das técnicas e dos cosméticos termais en función da análise estética.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g) e n) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), d), e), f) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Organización das instalacións e dos recursos técnicos e profesionais.

– Xestión dos recursos hídricos.

– Identificación das demandas da persoa usuaria.

– Selección das técnicas hidrotermais e a cosmética termal.

– Aplicación de técnicas hidrotermais e cosméticos termais.

– Execución de protocolos de estética e benestar.

– Execución de protocolos de seguridade e hixiene.

– Control de calidade do servizo.

1.3. Módulo profesional: Depilación Avanzada.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0746.

• Duración: 123 horas.

1.3.1. Unidade formativa 1: Depilación Mecánica e Eléctrica.

• Código: MP0746_12.

• Duración: 68 horas.

1.3.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica e prepara o contorno de traballo cumprindo as medidas de prevención de riscos e de xestión ambiental.

– CA1.1. Identificáronse as características dunha cabina de depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.2. Mantivéronse as instalacións en óptimas condicións hixiénicas antes e despois do seu uso.

– CA1.3. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA1.4. Describíronse as normas que definen unha correcta imaxe profesional.

– CA1.5. Determináronse as posicións anatómicas adecuadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso de depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.6. Identificáronse os métodos de depilación temporais, progresivos e permanentes.

– CA1.7. Establecéronse as condicións de seguridade e prevención que se deben aplicar nos tratamentos de depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.8. Relacionouse a aplicación dos métodos de hixiene e esterilización coas características dos utensilios e dos materiais usados en depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.9. Controláronse as condicións de almacenamento do material esterilizado e dun só uso.

– CA1.10. Especificáronse as pautas para seguir nos accidentes provocados por cosméticos e equipamentos empregados en depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.11. Seguiuse a normativa na xestión de residuos en depilación mecánica e eléctrica.

– CA1.12. Analizouse a normativa para a depilación mecánica e eléctrica.

• RA2. Identifica as necesidades da persoa usuaria e selecciona métodos de depilación mecánica e eléctrica, para o que interpreta a información obtida do diagnóstico estético e da documentación auxiliar.

– CA2.1. Identificáronse as actitudes profesionais necesarias na recepción da clientela e na súa atención.

– CA2.2. Analizáronse as características das zonas anatómicas susceptibles de seren depiladas.

– CA2.3. Valorouse a importancia da realización dunha análise estética previa.

– CA2.4. Preparáronse as instalacións, os cosméticos e os equipamentos necesarios.

– CA2.5. Realizouse a entrevista, a exploración e a recollida de datos.

– CA2.6. Determináronse as alteracións estéticas que poidan mellorar con técnicas de depilación mecánica e eléctrica.

– CA2.7. Elaborouse a ficha técnica e o historial estético.

– CA2.8. Informouse a persoa usuaria sobre a análise realizada e o tratamento aconsellado.

– CA2.9. Solicitóuselle á persoa usuaria o consentimento informado.

– CA2.10. Describíronse as normas deontolóxicas que deben aplicarse para garantir a confidencialidade da clientela.

– CA2.11. Informouse dos coidados previos á depilación mecánica e eléctrica, e os posteriores a ela.

– CA2.12. Seleccionouse o método de depilación por termólise e electrólise segundo as características pilosas.

– CA2.13. Recoñecéronse as alteracións que aconsellan medidas de precaución.

– CA2.14 Determináronse as causas de risco máis frecuente na depilación eléctrica e mecánica.

– CA2.15. Especificáronse as contraindicacións relativas e absolutas destas técnicas.

– CA2.16. Relacionouse o método depilatorio coas necesidades e as características das persoas usuarias.

– CA2.17. Establecéronse os elementos que forman parte dos protocolos de depilación mecánica e eléctrica.

• RA3. Executa as técnicas de depilación mecánica, para o que axusta parámetros e equipamentos, seguindo procedementos establecidos.

– CA3.1. Establecéronse os requisitos de ambientación e de distribución dos equipamentos, a lenzaría e os cosméticos para a realización da técnica.

– CA3.2. Seleccionáronse equipamentos, accesorios e produtos.

– CA3.3. Determináronse as pautas de acomodación da persoa usuaria.

– CA3.4. Programouse a temperatura óptima nos aparellos de depilación mecánica.

– CA3.5. Manexáronse con destreza os utensilios, os aparellos e os cosméticos en depilación mecánica.

– CA3.6. Identificáronse as actitudes e as destrezas necesarias para o desempeño do proceso de depilación mecánica.

– CA3.7. Realizáronse técnicas previas para mellorar os resultados.

– CA3.8. Realizouse xustificadamente a depilación con pinzas atendendo ás características da zona que cumpra depilar.

– CA3.9. Actuouse segundo o procedemento establecido na depilación con roll-on ou con espátula.

– CA3.10. Aplicáronse técnicas posdepilatorias como criterio de calidade.

• RA4. Executa técnicas de depilación eléctrica traballando en condicións de seguridade e hixiene.

– CA4.1. Levouse a cabo un control das condicións de seguridade e hixiene.

– CA4.2. Caracterizáronse os equipamentos de depilación eléctrica.

– CA4.3. Organizouse a colocación dos instrumentos de observación e iluminación.

– CA4.4. Determináronse os criterios de selección de agullas, accesorios e produtos.

– CA4.5. Manipuláronse as agullas de depilación seguindo normas de seguridade e hixiene.

– CA4.6. Establecéronse os criterios de selección de material ergonómico segundo a zona que se vaia depilar.

– CA4.7. Xustificouse a desinfección previa da zona como medida de prevención de infeccións cutáneas.

– CA4.8. Establecéronse e axustáronse os parámetros segundo o equipamento e o tipo de corrente.

– CA4.9. Xustificouse a traxectoria, a profundidade e o ángulo de inserción na canalización da agulla.

– CA4.10. Manexáronse con destreza os utensilios, os aparellos e os cosméticos en depilación eléctrica.

– CA4.11. Identificáronse as actitudes e as destrezas necesarias para o desempeño do proceso de depilación eléctrica.

– CA4.12. Establecéronse as recomendacións e os coidados posteriores.

• RA5. Supervisa a calidade do servizo de depilación e propón medidas que reduzan as desviacións producidas.

– CA5.1. Especificáronse os parámetros que definen a calidade do servizo de depilación e de depilación avanzada.

– CA5.2. Definíronse os criterios que permiten avaliar os resultados obtidos.

– CA5.3. Seguíronse os criterios para avaliar o grao de satisfacción da clientela.

– CA5.4. Propuxéronse medidas para mellorar o servizo e o resultado obtido.

– CA5.5. Atendéronse as reclamacións presentadas pola clientela, para o que se elaborou un protocolo de actuación.

– CA5.6. Resolvéronse as queixas e as reclamacións.

1.3.1.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación do contorno de traballo e medidas de prevención de riscos.

• Cabina de depilación: características, deseño, distribución, revestimentos, ambientación e ventilación.

• Recepción e atención á clientela para o proceso de depilación: normas para a primeira cita.

• Imaxe e profesionalidade: imaxe persoal do persoal como imaxe de empresa. Traballo en equipo.

• Servizos de depilación: clasificación dos métodos de eliminación da peluxe por arranca, por destrución da papila dérmica etc.

• Xestión da documentación. Historial estético. Ficha técnica de depilación. Informe de derivación a diferentes profesionais. Consentimento informado.

• Arquivo e conservación da documentación.

• Medidas de prevención de riscos nas técnicas de depilación mecánica.

– Técnicas de hixiene postural en procesos de depilación.

– Medidas de protección das persoas usuarias e do persoal: EPI.

– Medidas de hixiene, desinfección e esterilización: aplicación de métodos de limpeza, hixiene, desinfección e esterilización para os equipamentos, os cosméticos e os utensilios empregados nos procesos de depilación mecánica e eléctrica.

– Actuación fronte a accidentes na depilación mecánica e eléctrica.

• Xestión ambiental: aplicación das normas de xestión e almacenamento de residuos.

• Normativa comunitaria, estatal e autonómica sobre os equipamentos de depilación mecánica e eléctrica.

BC2. Identificación das necesidades da persoa usuaria e selección de métodos de depilación mecánica e avanzada.

• Instrumentos de identificación das necesidades e as demandas da clientela.

• Asesoramento e derivación a superiores e a diferentes profesionais.

• Análise a zona que se vaia depilar e identificación do tipo de peluxe, segundo a zona anatómica, a profundidade, o grosor, a orientación etc., e a súa adecuación ao proceso de depilación mecánica e eléctrica.

• Recoñecemento de alteracións da pel e pilosas con repercusión no proceso de depilación mecánica e eléctrica: hirsutismo e hipertricose.

• Identificación das contraindicacións absolutas ou relativas destas técnicas.

• Coidados previos e posteriores á depilación mecánica e eléctrica.

• Instalacións, cosméticos e equipamentos necesarios.

• Entrevista, exploración e recollida de datos.

• Ficha técnica e historial estético.

• Diagnóstico e proposta de tratamento.

• Consentimento informado.

• Normas deontolóxicas nos procesos de depilación.

• Criterios de selección do método depilatorio en función da zona anatómica que se vaia tratar, da análise estética e das necesidades e demandas da clientela. Indicacións e contraindicacións.

• Deseño de protocolos de depilación mecánica e eléctrica por inserción folicular.

• Coidados previos e posteriores á depilación mecánica e eléctrica.

BC3. Execución técnica de depilación mecánica.

• Preparación do material e da cabina.

• Preparación e acomodación da persoa usuaria.

• Técnicas previas á depilación mecánica: preparación da zona que se vaia tratar.

• Execución da técnica indicada: secuencia específica en función da técnica que se aplique. Depilación con pinzas e con ceras.

• Coidados posdepilación.

• Asesoramento profesional.

BC4. Execución técnica de depilación eléctrica.

• Preparación do material e da cabina.

• Equipamentos de corrente continua, de diatermia para depilación, de correntes combinadas (electrólise), de corrente variable (termólise e flash) e de correntes combinadas (blend). Anaforese. Correntes de alta frecuencia D´Arsonval: parámetros e dosimetría.

• Material e agullas de depilación: tipos e características.

• Cosméticos para a depilación e para antes e despois desta: criterios de selección e utilización.

• Preparación e acomodación da persoa usuaria: material ergonómico.

• Técnicas previas á depilación eléctrica por inserción folicular.

• Preparación da zona que se vaia tratar.

• Criterios de selección de produtos antisépticos.

• Execución da técnica indicada: selección dos parámetros e dosimetría. Secuencia específica en función da técnica que se aplique.

• Canalización da agulla.

• Coidados posteriores á depilación.

BC5. Avaliación do servizo de depilación.

• Parámetros que inflúen na calidade do servizo de depilación.

• Análise das desviacións producidas nos tratamentos de depilación mecánica. Métodos de medida do grao de satisfacción da clientela.

• Resolución de queixas e reclamacións.

1.3.2. Unidade formativa 2: Fotodepilación.

• Código: MP0746_22.

• Duración: 55 horas.

1.3.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica e prepara o contorno de traballo cumprindo as medidas de prevención de riscos e de xestión ambiental.

– CA1.1. Identificáronse as características dunha cabina de procesos de fotodepilación.

– CA1.2. Mantivéronse as instalacións en óptimas condicións hixiénicas antes do seu uso e despois.

– CA1.3. Describíronse as normas que definen unha correcta imaxe profesional.

– CA1.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA1.5. Identificáronse os métodos de fotodepilación permanente.

– CA1.6. Determináronse as posicións anatómicas axeitadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso de fotodepilación.

– CA1.7. Establecéronse as condicións de seguridade e prevención que se deben aplicar nos tratamentos de fotodepilación.

– CA1.8. Relacionouse a aplicación dos métodos de hixiene e esterilización coas características dos utensilios e dos materiais usados en fotodepilación.

– CA1.9. Controláronse as condicións de almacenamento do material esterilizado e dun só uso.

– CA1.10. Especificáronse as pautas que se deben seguir nos accidentes provocados por cosméticos e equipamentos empregados en fotodepilación.

– CA1.11. Seguiuse a normativa na xestión de residuos.

– CA1.12. Analizouse a normativa para fotodepilación.

• RA2. Identifica as necesidades da persoa usuaria e selecciona métodos de fotodepilación, para o que interpreta a información obtida do exame estético e da documentación auxiliar.

– CA2.1. Identificáronse as actitudes profesionais necesarias na recepción e na atención da clientela.

– CA2.2. Analizáronse as características das zonas anatómicas susceptibles de seren depiladas.

– CA2.3. Valorouse a importancia da realización dunha análise estética previa.

– CA2.4. Preparáronse as instalacións, os cosméticos e os equipamentos necesarios.

– CA2.5. Realizouse a entrevista, a exploración e a recollida de datos.

– CA2.6. Determináronse as alteracións estéticas que poden mellorar con técnicas de fotodepilación.

– CA2.7. Elaborouse a ficha técnica e o historial estético.

– CA2.8. Informouse a persoa usuaria sobre a análise realizada e o tratamento aconsellado.

– CA2.9. Solicitóuselle á persoa usuaria o consentimento informado.

– CA2.10. Describíronse as normas deontolóxicas que cumpra aplicar para garantir a confidencialidade da clientela.

– CA2.11. Informouse dos coidados previos e posteriores á fotodepilación.

– CA2.12. Seleccionouse o método de depilación por fototermólise selectiva segundo o fototipo cutáneo e as características pilosas.

– CA2.13. Recoñecéronse as alteracións que aconsellan medidas de precaución.

– CA2.14. Determináronse as causas de risco máis frecuente na fotodepilación láser e por luz pulsada.

– CA2.15. Especificáronse as contraindicacións relativas e absolutas destas técnicas.

– CA2.16. Relacionouse o método depilatorio coas necesidades e as características das persoas usuarias.

– CA2.17. Establecéronse os elementos que forman parte dos protocolos de fotodepilación.

• RA3. Executa técnicas de fotodepilación en condicións de seguridade e hixiene, con valoración da súa eficacia, e analizando os factores de risco.

– CA3.1. Especificáronse as recomendacións previas e posteriores á execución de técnicas de depilación por fototermólise.

– CA3.2. Caracterizáronse os equipamentos de fotodepilación.

– CA3.3. Determináronse os criterios de selección de cosméticos para a depilación, e para antes e despois desta.

– CA3.4. Identificáronse as actitudes e as destrezas necesarias para a realización dos procesos de fotodepilación.

– CA3.5. Manexáronse con destreza os utensilios, os aparellos e os cosméticos en fotodepilación.

– CA3.6. Xustificouse o emprego dun documento de consentimento informado.

– CA3.7. Establecéronse como requisitos previos á depilación o rasurado e a delimitación zonal.

– CA3.8. Establecéronse e axustáronse os parámetros segundo o equipamento.

– CA3.9. Actuouse segundo o procedemento establecido na fotodepilación.

– CA3.10. Seguíronse as pautas de información á persoa usuaria nos coidados posteriores á depilación.

• RA4. Supervisa a calidade do servizo de fotodepilación e propón medidas que reduzan as desviacións producidas.

– CA4.1. Especificáronse os parámetros que definen a calidade do servizo de fotodepilación.

– CA4.2. Definíronse os criterios que permiten avaliar os resultados finais obtidos.

– CA4.3. Seguíronse os criterios para avaliar o grao de satisfacción da clientela.

– CA4.4. Propuxéronse medidas para mellorar o servizo e o resultado obtido.

– CA4.5. Atendéronse as reclamacións presentadas pola clientela, para o que se elaborou un protocolo de actuación.

– CA4.6. Resolvéronse as queixas e as reclamacións.

1.3.2.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación do contorno de traballo e medidas de prevención de riscos.

• Cabina de fotodepilación: características, deseño, distribución, revestimentos, ambientación e ventilación.

• Servizos de depilación: clasificación dos métodos de eliminación da peluxe por arranca, por destrución da papila dérmica etc.

• Imaxe e profesionalidade: imaxe persoal do persoal como imaxe de empresa. Traballo en equipo.

• Recepción da clientela e atención para o proceso de fotodepilación. Normas para a primeira cita.

• Xestión da documentación. Elaboración de documentos para o proceso da fotodepilación:

• Historial médico e estético. Fichas técnicas.

• Informes de derivación a diferentes profesionais.

• Modelo de consentimento informado.

• Arquivo e conservación da documentación.

• Medidas de prevención de riscos nas técnicas de fotodepilación.

• Técnicas de hixiene postural en procesos de fotodepilación.

• Medidas de hixiene, desinfección e esterilización: aplicación de métodos de limpeza, hixiene, desinfección e esterilización para os equipamentos, os cosméticos e os utensilios empregados nos procesos de fotodepilación.

• Actuación fronte a accidentes.

• Xestión ambiental: aplicación das normas de xestión e almacenamento de residuos.

• Normativa comunitaria, estatal e autonómica sobre equipamentos de fotodepilación.

BC2. Identificación das necesidades da persoa usuaria e selección de métodos de depilación mecánica e avanzada.

• Identificación do tipo de peluxe segundo a zona anatómica, a profundidade, o grosor, a súa orientación etc., e a súa adecuación ao proceso de fotodepilación.

• Análise das áreas pilosas e do tipo de peluxe previa ao proceso de fotodepilación.

• Identificación das alteracións que poden constituír unha contraindicación das técnicas de fotodepilación.

• Determinación de fototipos e fotoetnotipos de pel para a aplicación de técnicas de fotodepilación.

• Técnicas para a entrevista, a exploración e a recollida de datos.

• Formalización do historial médico-estético e da ficha técnica.

• Información á persoa usuaria sobre o diagnóstico emitido e a proposta de tratamento.

• Formalización do consentimento informado.

• Aplicación das normas deontolóxicas que garantan a confidencialidade da clientela.

• Criterios de selección do método depilatorio en función da zona anatómica que se vaia tratar, da análise estética e das necesidades e demandas da clientela. Indicacións e contraindicacións.

• Deseño de protocolos de depilación e fotodepilación láser e por luz pulsada.

• Coidados previos á fotodepilación.

BC3. Execución técnica de fotodepilación.

• Recomendacións previas.

• Preparación do material e da cabina.

– Equipamentos de fotodepilación. Láser e luz pulsada: parámetros e dosimetría.

– Cosméticos a depilación, e para antes e despois desta: criterios de selección e utilización.

• Preparación e acomodación da persoa usuaria.

• Técnicas previas á fototermólise selectiva: preparación da zona que se vaia tratar.

• Execución da técnica indicada: selección dos parámetros e dosimetría. Secuencia específica en función da técnica que se vaia aplicar.

• Coidados posdepilación.

BC4. Avaliación do servizo de fotodepilación.

• Parámetros que inflúen na calidade do servizo de fotodepilación.

• Análise das desviacións producidas nos tratamentos de fotodepilación.

• Métodos de medida do grao de satisfacción da clientela.

• Resolución de queixas e reclamacións.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional dá resposta á necesidade de proporcionar unha axeitada base para desempeñar as funcións de eliminación de peluxe de xeito temporal e definitivo, utilizando tecnoloxía mecánica e de última xeración.

A depilación avanzada abrangue aspectos relacionados con:

– Organización e acondicionamento das instalacións.

– Deseño de protocolos de depilación avanzada.

– Recepción e atención á clientela.

– Análise das necesidades da clientela e personalización da depilación.

– Execución, control e supervisión do proceso.

– Resposta ante suxestións, queixas e reclamacións.

– Xestión da documentación e rexistro de parámetros do proceso.

– Control de residuos.

– Asesoramento comercial.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en establecementos de imaxe persoal:

– Proposta de depilación eléctrica.

– Propostas de fotodepilación.

– Proposta de depilación mecánica.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), k) e n) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), d), e), i) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Identificación e caracterización das técnicas de depilación avanzada.

– Elaboración de documentación técnica relativa aos procesos de depilación.

– Descrición dos equipamentos.

– Identificación e secuencia das operacións de proceso.

– Execución de protocolos de depilación.

– Aplicación de medidas de prevención de riscos laborais, xestión ambiental e calidade.

1.4. Módulo profesional: Masaxe Estética.

• Equivalencia en créditos ECTS: 11.

• Código: MP0747.

• Duración: 240 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza as técnicas de masaxe identificando as manobras e os parámetros de aplicación.

– CA1.1. Definiuse o concepto de masaxe e explicouse a súa etimoloxía.

– CA1.2. Consideráronse as diferenzas entre masaxe estética e terapéutica.

– CA1.3. Diferenciáronse os tipos de masaxe estética.

– CA1.4. Describíronse as manobras de masaxe estética.

– CA1.5. Identificáronse os parámetros, os recursos e as manobras que definen unha técnica.

– CA1.6. Determinouse a secuencia das manobras con criterios establecidos.

– CA1.7. Relacionouse cada manipulación cos efectos producidos segundo a rexión anatómica en que se aplique.

– CA1.8. Recoñeceuse a eficacia da masaxe como ferramenta fundamental en estética.

– CA1.9. Identificáronse os signos e os síntomas que supoñen unha contraindicación relativa ou absoluta na aplicación de masaxe estética.

• RA2. Realiza a análise previa tendo en conta as relacións entre as necesidades estéticas e o proceso de masaxe.

– CA2.1. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e a atención á clientela.

– CA2.2. Establecéronse as partes da ficha técnica.

– CA2.3. Especificáronse os métodos de exploración para a análise previa á masaxe.

– CA2.4. Determináronse as alteracións estéticas e patolóxicas con repercusión na aplicación de técnicas de masaxe.

– CA2.5. Caracterizáronse as precaucións ante estas técnicas.

– CA2.6. Utilizáronse técnicas de entrevista e observación na fase de toma de datos.

– CA2.7. Identificáronse as demandas e/ou necesidades da persoa usuaria.

– CA2.8. Establecéronse as fases para elaboración de procedementos de masaxe.

• RA3. Prepara o espazo de traballo e xustifica o procedemento.

– CA3.1. Identificáronse os espazos básicos de desenvolvemento do proceso de masaxe.

– CA3.2. Recoñecéronse os factores de ambientación do espazo de traballo (ventilación, luz, cor, olor etc.) como factor de calidade do servizo.

– CA3.3. Mantivéronse as instalacións en óptimas condicións de seguridade e hixiene, aplicando os métodos de limpeza, desinfección e/ou esterilización necesarios.

– CA3.4. Identificáronse as normas de comportamento fronte a clientes, compañeiros de traballo e superiores.

– CA3.5. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA3.6. Especificáronse os aspectos básicos da imaxe do persoal.

– CA3.7. Estudáronse as medidas de protección do persoal e das persoas usuarias.

– CA3.8. Xustificáronse os exercicios preparatorios das mans da persoa profesional.

– CA3.9. Preparouse a padiola e os medios necesarios para a realización da masaxe estética.

– CA3.10. Valorouse a importancia da utilización de material dun só uso.

– CA3.11. Sinalouse a importancia da hixiene postural e a ergonomía para previr lesións óseas, circulatorias e musculares.

– CA3.12. Determináronse as posicións anatómicas apropiadas á técnica.

– CA3.13. Fixáronse criterios para a selección de cosméticos.

– CA3.14. Refugáronse materiais e produtos non adecuados, caducados ou en mal estado, e xestionouse convenientemente a súa eliminación.

– CA3.15. Determináronse as medidas adecuadas para actuar en caso de riscos imprevistos.

• RA4. Realiza masaxe estética manual personalizada, diferenciando as técnicas de realización e os seus efectos.

– CA4.1. Relacionouse a técnica de masaxe estética coa análise previa.

– CA4.2. Definiuse a técnica de masaxe en función do diagnóstico, segundo a zona que se vaia tratar, o tipo de alteración estética estrutural ou funcional etc.

– CA4.3. Formuláronse pautas de personalización de protocolos.

– CA4.4. Determináronse as características da técnica de execución para masaxe zonal ou xeral.

– CA4.5. Seleccionáronse as manobras e os parámetros específicos para cada zona corporal.

– CA4.6. Elaboráronse criterios para a secuencia das manobras.

– CA4.7. Seleccionáronse manobras para alteracións estéticas de tipo estrutural e funcional.

– CA4.8. Seleccionáronse os accesorios e os aparellos utilizados en masaxe estética.

– CA4.9. Informouse a persoa usuaria sobre as técnicas de masaxe que se vaian aplicar e as sensacións que percibirá en cada fase.

– CA4.10. Realizáronse as fases do procedemento segundo o protocolo establecido.

– CA4.11. Especificáronse os xeitos de manipulación en zonas corporais que requiran precaución.

• RA5. Aplica técnicas respiratorias asociadas á masaxe estética, mobilizacións e estiramentos pasivos, diferenciando os xeitos de realización e os efectos conseguidos.

– CA5.1. Analizáronse as características das técnicas respiratorias.

– CA5.2. Determináronse os beneficios orgánicos e funcionais de cada técnica de respiración.

– CA5.3. Recoñecéronse os beneficios dos estiramentos e das mobilizacións pasivas preventivas.

– CA5.4. Determináronse contraindicacións relativas e absolutas dos estiramentos e das mobilizacións pasivas preventivas.

– CA5.5. Relacionouse a posición das mans cos estiramentos e as mobilizacións.

– CA5.6. Especificáronse, na aplicación destas técnicas, as posicións da clientela e do persoal profesional.

– CA5.7. Seguíronse as pautas de realización na aplicación destas técnicas.

– CA5.8. Xustificouse a integración destas técnicas no proceso de masaxe.

• RA6. Aplica técnicas sensoriais asociadas á masaxe estética, describe os seus efectos e intégraas nos protocolos.

– CA6.1. Relacionáronse os produtos de aromaterapia e fitoterapia cos efectos que se pretenda conseguir.

– CA6.2. Caracterizáronse os métodos de aplicación e os tratamentos de aromaterapia e fitoterapia.

– CA6.3. Recoñeceuse a influencia da música no estado físico e emocional das persoas.

– CA6.4. Realizouse a selección musical segundo os criterios establecidos para o tipo de masaxe que se vaia efectuar.

– CA6.5. Determináronse os efectos da cromoterapia con fins estéticos.

– CA6.6. Identificáronse os aparellos, os produtos e os cosméticos para aplicar técnicas de cromoterapia.

– CA6.7. Asociouse a cor dos cosméticos cos efectos sensoriais.

– CA6.8. Xustificouse a utilización de material complementario e novo como elemento innovador das técnicas de masaxes.

– CA6.9. Xustificouse a integración das técnicas sensoriais en protocolos de tratamento estético e actividades asociadas.

• RA7. Supervisa a calidade do servizo de masaxe estética e propón medidas que reduzan as desviacións producidas.

– CA7.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de masaxe.

– CA7.2. Definíronse os criterios que permitan avaliar os resultados finais obtidos.

– CA7.3. Propuxéronse medidas para mellorar o servizo e o resultado obtido.

– CA7.4. Utilizouse linguaxe técnica do ámbito profesional.

– CA7.5. Elaboráronse cuestionarios para avaliar o grao de satisfacción da clientela.

– CA7.6. Elaborouse un protocolo de actuación para atender as reclamacións presentadas pola clientela.

– CA7.7. Redactáronse outras propostas de masaxe para información á clientela.

– CA7.8. Valoráronse pautas deontolóxicas importantes para a actividade do persoal profesional de masaxes con fins estéticos.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Características das técnicas de masaxe.

• Orixe, evolución e concepto de masaxe: escolas de masaxe e autores.

• Diferenzas entre masaxe estética e terapéutica.

• Criterios de clasificación das masaxes: en función dos medios utilizados, dos efectos, da técnica, da orixe, da zona de aplicación, da alteración etc.

• Tendencias actuais de masaxe estética.

• Tipos de masaxes: sueca e quiromasaxe en estética. Combinación con outras técnicas de masaxe (pedras quentes, masaxe californiana, reiki etc.).

• Manobras básicas de masaxe estética:

– Descrición.

– Parámetros para a realización das manobras: dirección, intensidade, ritmo e tempo.

– Clasificación e secuencia das manobras: afloración, fricción, presión, amasadura, beliscos, percusión e vibración.

– Técnica de realización.

• Efectos da masaxe no organismo. Indicacións e contraindicacións.

BC2. Diagnóstico estético na masaxe.

• Análise da documentación técnica para masaxe estética.

• Recepción e atención á clientela.

• Análise estética nos procesos de masaxe:

– Aplicación de métodos de análise estética previos á masaxe.

– Identificación da zona que se vaia tratar: identificación de alteracións estéticas ou patolóxicas que inflúen na masaxe.

• Precaucións.

• Aplicación de técnicas de comunicación coas persoas usuarias e co persoal.

• Deseño e elaboración de procedementos de traballo de masaxe: descrición do proceso. Materiais e medios. Secuencia e temporalización. Asesoramento profesional.

BC3. Preparación do espazo de traballo.

• Adecuación da cabina de masaxe:

– Características básicas da cabina de masaxe: condicións ambientais, temperatura, iluminación, moblaxe e equipamento.

– Hixiene e mantemento dos equipamentos e das instalacións.

• Preparación do persoal: imaxe persoal, exercicios preparatorios, hixiene postural e ergonomía.

• Acomodación e preparación da persoa usuaria: posicións anatómicas adecuadas á masaxe.

• Medidas de protección para o persoal e a persoa usuaria.

• Cosméticos: criterios de selección para a aplicación da masaxe.

• Prevención de accidentes e reaccións adversas.

• Protocolos de actuación ante riscos inesperados.

• Xestión de residuos.

• Limpeza e desinfección e/ou esterilización de materiais e equipamentos.

BC4. Realización de masaxe estética manual.

• Protocolos de masaxe estética facial e de masaxe corporal: adaptación do protocolo estándar ao tipo de masaxe. Finalidade. Características da técnica. Criterios de selección das manobras. Parámetros. Secuencia. Efectos da masaxe en cada zona. Precaucións en caso de alteracións funcionais e/ou estruturais. Información á persoa usuaria. Execución.

• Zonas corporais que requiren precaución.

BC5. Aplicación de técnicas asociadas á masaxe.

• Técnicas respiratorias: características, efectos e indicacións e técnicas de aplicación.

• Estiramentos e mobilizacións: técnicas, beneficios, contraindicacións e precaucións.

• Descrición das posicións da clientela e do persoal. Posición das mans.

• Integración destas técnicas no proceso de masaxe.

BC6. Aplicación de técnicas sensoriais.

• Aromaterapia e fitoterapia asociada a masaxes estéticas:

– Criterios de selección, preparación e dosificación de aceites esenciais e plantas aromáticas.

– Métodos directos e indirectos de aplicación de produtos de aromaterapia en tratamentos estéticos.

– Aplicación de aromaterapia en protocolos de tratamentos estéticos e actividades asociadas.

• Musicoterapia:

– Música e estética. Influencia da música sobre o organismo.

– Importancia da influencia da música na ambientación de cabinas profesionais.

– Tipos de melodías: criterios de selección musical; criterios e parámetros de aplicación das melodías.

– Aplicación en tratamentos estéticos e actividades asociadas.

• Cromoterapia:

– Utilización da cor con fins estéticos: efectos e indicacións. Introdución en protocolos estéticos.

– Aparellos utilizados en cromoterapia: criterios de selección.

– Parámetros e técnicas de aplicación da cromoterapia.

– Produtos cosméticos que asocian cor.

• Uso de accesorios na masaxe.

BC7. Aplicación de normas de calidade.

• Parámetros que definen a calidade dos procesos de masaxe: calidade nos servizos de masaxe estética.

• Técnicas de resolución de queixas e reclamacións.

• Asesoramento profesional e propostas doutros tratamentos. Tratamentos estéticos asociados á masaxe: electroestética, técnicas cosmetolóxicas e hidrotermais, cromoterapia e musicoterapia.

• Avaliación do grao de satisfacción da clientela.

• Deontoloxía profesional.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prestación de servizos de técnicas manuais e complementarias.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Recepción e atención da clientela.

– Interpretación das necesidades estéticas.

– Determinación e selección das secuencias na masaxe.

– Organización do espazo de traballo.

– Execución de procedementos de masaxe estética e técnicas asociadas.

– Supervisión do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na execución de procedementos de masaxe estética e técnicas asociadas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), h) e n) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), d), g) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Determinación dos tipos de masaxes polas súas características.

– Estudo e comparación das técnicas.

– Deseño e personalización de procedementos de actuación.

– Preparación do espazo de traballo aplicando normas de prevención de riscos.

– Execución de masaxes estéticas.

– Aplicación de técnicas asociadas á masaxe.

– Control dos procesos no traballo de masaxe.

1.5. Módulo profesional: Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• Equivalencia en créditos ECTS: 7.

• Código: MP0748.

• Duración: 87 horas.

1.5.1. Unidade formativa 1: Técnicas por Presión.

• Código: MP0748_12.

• Duración: 30 horas.

1.5.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Deseña procedementos de traballo identificando os efectos e os puntos de aplicación das técnicas por presión.

– CA1.1. Determináronse os efectos das técnicas por presión sobre os meridianos.

– CA1.2. Determináronse as indicacións e as contraindicacións destas técnicas.

– CA1.3. Recoñecéronse os principios básicos da masaxe por presión.

– CA1.4. Estableceuse o método de localización dos puntos corporais de enerxía e zonas reflexas.

– CA1.5. Estableceuse a secuencia das fases dos procedementos e das técnicas por presión.

– CA1.6. Revisouse a evolución histórica e as escolas destas técnicas.

• RA2. Realiza a análise previa tendo en conta a relación entre as necesidades estéticas e estes procesos.

– CA2.1. Especificáronse os métodos de exploración para a análise previa á masaxe.

– CA2.2. Aplicáronse os equipamentos e os medios de diagnóstico facial e corporal.

– CA2.3. Determináronse as alteracións estéticas susceptibles de seren tratadas mediante estas técnicas.

– CA2.4. Aplicáronse técnicas de comunicación na fase de toma de datos.

– CA2.5. Estableceuse o diagnóstico estético.

– CA2.6. Establecéronse os sistemas de comunicación con diferentes profesionais.

– CA2.7. Determinouse e cubriuse a documentación técnica.

• RA3. Organiza o espazo de traballo dispondo equipamentos, utensilios e produtos, e aplicando medidas de prevención de riscos nos procesos de técnicas por presión.

– CA3.1. Identificáronse os espazos básicos onde se desenvolve o proceso de técnicas por presión.

– CA3.2. Recoñecéronse os factores de ambientación do espazo de traballo (ventilación, luz, cor, olor etc.) como factor de calidade do servizo.

– CA3.3. Valorouse o mantemento das instalacións en óptimas condicións hixiénicas antes do seu uso e despois.

– CA3.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA3.5. Detectáronse as demandas e as necesidades da persoa usuaria.

– CA3.6. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e a atención á clientela.

– CA3.7. Simulouse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA3.8. Determináronse as medidas de protección e seguridade do persoal e da persoa usuaria.

– CA3.9. Establecéronse parámetros para definir unha boa hixiene postural.

– CA3.10. Especificáronse os aspectos básicos da imaxe do persoal.

– CA3.11. Especificáronse as posicións corporais e das mans axeitadas para realizar a técnica.

– CA3.12. Recoñecéronse as actitudes e as aptitudes do persoal profesional de masaxe por presión.

– CA3.13. Xustificáronse as técnicas de concentración e relaxación como método de preparación do persoal.

• RA4. Aplica técnicas de masaxe por presión e xustifica a selección das manobras e dos parámetros de aplicación.

– CA4.1. Determinouse a zona de inicio da masaxe por presión.

– CA4.2. Identificouse a zona reflexa específica que cumpra manipular tras a análise.

– CA4.3. Xustificouse a elección da técnica de presión, en función da zona que se vaia tratar e dos seus efectos.

– CA4.4. Estableceuse a secuencia das manobras.

– CA4.5. Especificáronse as pautas en tratamentos de reflexoloxía podal.

– CA4.6. Relacionouse o soporte de acomodación coa técnica oriental e a zona en que se vaia aplicar.

– CA4.7. Seleccionáronse os parámetros de aplicación de manobras en función da técnica.

– CA4.8. Valorouse a necesidade de coordinar a presión, o movemento corporal e a respiración.

– CA4.9. Especificáronse as pautas na masaxe oriental.

– CA4.10. Aplicáronse as técnicas seguindo xustificadamente a orde establecida.

• RA5. Controla os resultados nos procesos de técnicas por presión, utilizando parámetros establecidos.

– CA5.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos e nas técnicas por presión.

– CA5.2. Verificouse o grao de cumprimento dos procedementos establecidos.

– CA5.3. Controlouse o grao de eficacia do tratamento.

– CA5.4. Aplicáronse medidas correctoras de posibles desviacións do obxectivo.

– CA5.5. Utilizouse linguaxe técnica axeitada ao nivel e á profesión.

– CA5.6. Determinouse o tratamento posterior ás técnicas por presión.

– CA5.7. Aplicáronse medidas para comprobar a calidade do servizo e a satisfacción da clientela.

– CA5.8. Elaboráronse pautas deontolóxicas importantes para a actividade do persoal profesional de masaxes con fins estéticos.

1.5.1.2. Contidos básicos.

BC1. Deseño de procedementos de técnicas por presión.

• Masaxes por presión:

– Clasificación, principios, semellanzas e diferenzas.

– Puntos de enerxía e zonas reflexas. Métodos de localización e exploración das canles e dos puntos enerxéticos: localización dos puntos de enerxía; liñas enerxéticas ou meridianos e órganos que afectan. Métodos de localización e exploración das zonas reflexas.

– Efectos, indicacións e contraindicacións.

• Masaxes e técnicas orientais.

• Deseño e elaboración de procedementos de traballo en técnicas por presión.

BC2. Realización da análise estética na masaxe de técnicas por presión.

• Estudo estético no proceso de técnicas por presión:

– Aplicación de métodos de diagnóstico estético previos á masaxe de técnicas por presión.

– Identificación da zona que cumpra tratar: identificación de alteracións estéticas ou patolóxicas que inflúen en masaxe de técnicas por presión.

• Toma de datos: técnicas de comunicación. Ficha técnica e historial estético.

• Formalización de documentación técnica.

BC3. Organización do espazo de traballo.

• Adecuación da cabina de masaxe para técnicas por presión: características básicas da cabina de masaxe. Hixiene e mantemento.

• Preparación do persoal: imaxe persoal. Técnicas de concentración e relaxación. Preparación das mans. Hixiene postural.

• Normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros de traballo e superiores.

• Comunicación e técnicas para detectar as demandas, as necesidades e as expectativas das persoas usuarias.

• Recepción e atención telefónica.

• Acomodación e preparación da persoa usuaria. Técnicas de respiración.

BC4. Execución de técnicas de masaxe por presión.

• Realización de masaxes en zonas reflexas.

– Manobras: características xerais, tipos e criterios de selección.

– Parámetros que definen os tipos de presións: dirección, intensidade, xeito, tempo, posicións (dos dedos, das mans e dos antebrazos) e dirección das liñas.

– Organización da execución. Determinación da zona de inicio. Determinación e localización da zona reflexa específica para manipular tras o diagnóstico. Procedemento e secuencia de repetición das manobras: orde básica das secuencias. Precaucións na aplicación.

– Asesoramento posterior á masaxe.

• Reflexoloxía podal nos procedementos estéticos.

– División zonal do pé.

– Efectos das técnicas de masaxe reflexa sobre diversos órganos, aparellos e sistemas, inmediatos e retardados.

– Execución da técnica de reflexoloxía podal segundo pautas da masaxe reflexa por presión.

• Realización de técnicas de masaxes orientais.

– Acomodación.

– Exploración da zona mediante a observación de puntos clave.

– Selección das técnicas respiratorias para antes da masaxe e durante esta.

– Manobras: características xerais e criterios de selección.

– Parámetros que definen os tipos de presións: dirección, intensidade, tensión, ritmo, tempo e dirección das liñas.

– Organización da execución. Determinación e localización da zona e dos puntos de tratamento para manipular tras o diagnóstico. Procedemento e secuencia de repetición das manobras. Precaucións na aplicación. Asesoramento posterior á masaxe.

BC5. Control de resultados nos procesos de técnicas por presión.

• Parámetros que definen a calidade dos procesos de técnicas por presión: satisfacción da clientela, avaliación e control de calidade, e cuestionarios de contraste.

• Desviacións na prestación dos servizos de técnicas por presión.

• Resolución de queixas.

1.5.2. Unidade formativa 2: Drenaxe Estética.

• Código: MP0748_22.

• Duración: 57 horas.

1.5.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Deseña procedementos de traballo identificando os efectos da drenaxe estética.

– CA1.1. Determináronse os efectos da drenaxe estética sobre diversos órganos, aparellos e sistemas.

– CA1.2. Determináronse as indicacións e as contraindicacións destas técnicas.

– CA1.3. Recoñecéronse os principios básicos da drenaxe estética manual.

– CA1.4. Recoñeceuse o percorrido e a dirección da linfa e os seus lugares de drenaxe.

– CA1.5. Estableceuse a secuencia das fases dos procedementos de drenaxe estética.

– CA1.6. Revisouse a evolución histórica e as escolas destas técnicas.

• RA2. Realiza a análise previa tendo en conta a relación entre as necesidades estéticas e estes procesos.

– CA2.1. Especificáronse os métodos de exploración para a análise previa á masaxe.

– CA2.2. Aplicáronse os equipamentos e os medios de diagnóstico facial e corporal.

– CA2.3. Determináronse as alteracións estéticas susceptibles de seren tratadas mediante estas técnicas.

– CA2.4. Aplicáronse técnicas de comunicación na fase de toma de datos.

– CA2.5. Estableceuse o diagnóstico estético.

– CA2.6. Establecéronse os sistemas de comunicación con diferentes profesionais.

– CA2.7. Determinouse e cubriuse a documentación técnica.

• RA3. Organiza o espazo de traballo dispondo equipamentos, utensilios e produtos, e aplicando medidas de prevención de riscos nos procesos de masaxe de drenaxe linfática manual (DLM).

– CA3.1. Identificáronse os espazos básicos onde se desenvolve o proceso de drenaxe linfática manual.

– CA3.2. Recoñecéronse os factores de ambientación do espazo de traballo (ventilación, luz, cor, olor etc.) como factor de calidade do servizo.

– CA3.3. Mantivéronse as instalacións en óptimas condicións hixiénicas antes do seu uso e despois deste.

– CA3.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA3.5. Detectáronse as demandas e as necesidades da persoa usuaria.

– CA3.6. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e a atención á clientela.

– CA3.7. Simulouse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA3.8. Determináronse as medidas de protección e seguridade do persoal e da persoa usuaria.

– CA3.9. Establecéronse parámetros para definir unha boa hixiene postural.

– CA3.10. Especificáronse os aspectos básicos da imaxe do persoal.

– CA3.11. Especificáronse as posicións corporais e das mans adecuadas para realizar a técnica.

– CA3.12. Recoñecéronse as actitudes e as aptitudes do persoal profesional de masaxe de drenaxe linfática manual.

– CA3.13. Xustificáronse as técnicas de concentración e relaxación como método de preparación do persoal.

• RA4. Realiza drenaxe linfática manual logo de identificar a zona, aplicando o protocolo establecido.

– CA4.1. Describíronse as bases fundamentais da drenaxe linfática manual e das pautas de aplicación.

– CA4.2. Identificáronse as características xerais das manobras.

– CA4.3. Identificáronse as manobras xerais da drenaxe linfática manual.

– CA4.4. Establecéronse os parámetros de realización.

– CA4.5. Determináronse os erros máis frecuentes na realización.

– CA4.6. Seleccionouse o tipo de manobra de drenaxe segundo o mapa anatómico que se vaia tratar.

– CA4.7. Identificáronse zonas corporais que requiran precaución.

– CA4.8. Aplicouse a drenaxe seguindo xustificadamente a orde zonal establecida.

– CA4.9. Seguíronse as medidas de precaución na aplicación.

– CA4.10. Seguíronse as pautas establecidas na realización de técnicas de drenaxe estética.

– CA4.11. Relacionouse a DLM estética, cos tratamentos de colaboración médico-estética.

• RA5. Controla os resultados nos procesos de drenaxe estética manual, utilizando parámetros establecidos.

– CA5.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de drenaxe estética manual.

– CA5.2. Verificouse o grao de cumprimento dos procedementos establecidos.

– CA5.3. Controlouse o grao de eficacia do tratamento.

– CA5.4. Aplicáronse medidas correctoras de posibles desviacións do obxectivo.

– CA5.5. Utilizouse linguaxe técnica adecuada ao nivel e á profesión.

– CA5.6. Determinouse o tratamento posterior á drenaxe estética.

– CA5.7. Aplicáronse medidas para comprobar a calidade do servizo e a satisfacción da clientela.

– CA5.8. Elaboráronse pautas deontolóxicas importantes para a actividade do persoal profesional de masaxes con fins estéticos.

1.5.2.2. Contidos básicos.

BC1. Deseño de procedementos de drenaxe estética.

• Drenaxe estética.

– Liñas divisorias e cuadrantes linfáticos.

– Efectos da drenaxe linfática estética sobre os órganos, os aparellos e os sistemas.

– Indicacións e contraindicacións relativas e absolutas da drenaxe estética.

• Deseño e elaboración de procedementos de traballo na drenaxe estética.

BC2. Realización da análise estética na masaxe de drenaxe linfática manual.

• Diagnóstico estético nos procesos de masaxe de drenaxe linfática manual.

– Aplicación de métodos de diagnóstico estético previos á masaxe de drenaxe linfática manual.

– Identificación da zona que se vaia tratar: identificación de alteracións estéticas ou patolóxicas que inflúen na masaxe de drenaxe linfática manual.

• Toma de datos: técnicas de comunicación. Ficha técnica e historial estético.

• Formalización de documentación técnica.

BC3. Organización do espazo de traballo.

• Adecuación da cabina de masaxe de drenaxe linfática: características básicas da cabina, hixiene e mantemento.

• Preparación do persoal: imaxe persoal, técnicas de concentración e relaxación, preparación das mans, hixiene postural.

• Normas de comportamento fronte a clientes, compañeiros de traballo e superiores.

• Comunicación e técnicas para detectar as demandas, as necesidades e as expectativas da persoa usuaria.

• Recepción e atención telefónica.

• Acomodación e preparación da persoa usuaria. Técnicas de respiración.

BC4. Realización de drenaxe estética manual.

• Bases da técnica. Pautas de aplicación.

• Manobras: características xerais, tipos e criterios de selección.

• Parámetros das manobras de DLM. Criterios de selección.

• Organización da execución. Zonas de tratamentos previos de cada parte do corpo en DLM. Manobras preparatorias e zonais de DLM. Procedemento e secuencia zonal da DLM. Medidas de precaución na aplicación.

• Asesoramento posterior á masaxe.

• Aplicación de técnicas de drenaxe linfática para tratamentos estéticos posmedicina e cirurxía estética: indicacións, contraindicacións e precaucións.

BC5. Control de resultados nos procesos de drenaxe estética.

• Parámetros que definen a calidade dos procesos de drenaxe estética manual e a satisfacción da clientela: avaliación e control de calidade, e cuestionarios de contraste.

• Desviacións na prestación dos servizos de drenaxe estética.

• Resolución de queixas.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prestación de servizos de técnicas manuais e complementarias.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Determinación e selección das secuencias nestas masaxes.

– Deseño de protocolos de drenaxe e técnicas por presión.

– Recepción e atención da clientela.

– Interpretación das necesidades estéticas.

– Organización do espazo de traballo.

– Execución de protocolos de drenaxe estética.

– Aplicación de técnicas de masaxe por presión.

– Supervisión e execución de reflexoloxía podal.

– Supervisión do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Deseño de procedementos de traballo de drenaxe estética e técnicas por presión.

– Execución de drenaxe estética.

– Aplicación de técnicas de masaxe por presión.

– Supervisión e execución de reflexoloxía podal.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), i) e n) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), g) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Determinación dos tipos de drenaxe estética e masaxes por presión segundo as súas características.

– Estudo e comparación de técnicas.

– Deseño e personalización de procedementos de actuación.

– Preparación do espazo de traballo aplicando normas de seguridade e hixiene.

– Execución de drenaxe estética.

– Aplicación de técnicas por presión.

– Control dos procesos no traballo de masaxe.

1.6. Módulo profesional: Micropigmentación.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0749.

• Duración: 105 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Elabora a documentación previa á micropigmentación aplicando a normativa.

– CA1.1. Recoñeceuse a normativa que regula o exercicio da técnica de micropigmentación.

– CA1.2. Identificáronse as partes do consentimento informado.

– CA1.3. Especificouse a información comercial da clientela.

– CA1.4. Seguíronse as pautas para deseñar a ficha técnica.

– CA1.5. Planificouse un sistema de arquivo de empresas e organismos autorizados para as revisións técnicas, a eliminación de residuos etc.

– CA1.6. Analizáronse as acreditacións necesarias para o exercicio das actividades de micropigmentación.

• RA2. Organiza as instalacións, a moblaxe, os equipamentos e os medios necesarios, aplicando medidas de seguridade e prevención de riscos hixiénico-sanitarios.

– CA2.1. Dispuxéronse os equipamentos segundo os requisitos específicos dunha cabina de micropigmentación.

– CA2.2. Determinouse o proceso de hixiene do equipamento e dos utensilios antes do proceso e despois deste.

– CA2.3. Aplicouse o método de desinfección segundo o grao de contaminación dos elementos.

– CA2.4. Sinaláronse as doenzas de transmisión por vía hemática.

– CA2.5. Valorouse a utilización de material dun só uso como medida de seguridade e hixiene.

– CA2.6. Diferenciáronse as zonas de almacenamento e xestión de residuos.

• RA3. Deseña maquillaxes correctivas utilizando as técnicas de visaxismo e colorimetría.

– CA3.1. Identificouse a morfoloxía do rostro e doutras zonas corporais.

– CA3.2. Xustificouse o deseño das correccións da persoa usuaria segundo as características do rostro e a súa expresión.

– CA3.3. Aplicáronse as bases da teoría da cor nas maquillaxes correctivas.

– CA3.4. Identificáronse as alteracións cutáneas relacionadas coa micropigmentación.

– CA3.5. Relacionáronse as técnicas de debuxo (tipo de liña, cor etc.) co efecto final.

– CA3.6. Realizáronse deseños para efectuar as correccións necesarias a través da micropigmentación.

– CA3.7. Especificáronse os criterios de selección de utensilios e cosméticos.

– CA3.8. Xustificouse a corrección na pel segundo a análise previa.

• RA4. Prepara a persoa usuaria seguindo a normativa, e infórmaa sobre o proceso.

– CA4.1. Establecéronse as pautas de información oral e escrita á persoa usuaria.

– CA4.2. Especificáronse os datos necesarios para unha información pormenorizada.

– CA4.3. Realizouse a proba de sensibilidade.

– CA4.4. Efectuáronse probas de cor e de visaxismo tendo en conta as características morfolóxicas e persoais da persoa usuaria.

– CA4.5. Realizouse a proposta de tratamento.

– CA4.6. Establecéronse os criterios de preparación da cabina para a aplicación da técnica.

– CA4.7. Recoñeceuse a secuencia na realización de técnicas previas á micropigmentación.

– CA4.8. Xustificouse a elección do dermógrafo e do tipo de agullas.

– CA4.9. Determináronse os parámetros do dermógrafo.

– CA4.10. Especificáronse as medidas de protección do persoal profesional e da persoa usuaria segundo a normativa.

– CA4.11. Seleccionouse a cor segundo as características da zona de aplicación.

• RA5. Realiza a micropigmentación adaptando o procedemento de traballo ao estudo estético previo.

– CA5.1. Determináronse as indicacións e as precaucións na realización técnica.

– CA5.2. Establecéronse os criterios de selección de pigmentos e colorantes segundo a pel, o cabelo e os ollos.

– CA5.3. Relacionouse a colorimetría cutánea coas cores pigmento.

– CA5.4. Identificáronse as reaccións do pigmento fronte á acción de axentes externos.

– CA5.5. Seleccionáronse os cosméticos para os coidados anteriores e posteriores á micropigmentación, respectando as normas de seguridade e hixiene.

– CA5.6. Xustificouse a elección e a mestura de pigmentos.

– CA5.7. Relacionouse o tipo de agulla coa técnica de aplicación.

– CA5.8. Relacionouse a aplicación dos tipos de trazado e dos parámetros co deseño proposto.

– CA5.9. Xustificouse o protocolo de micropigmentación de cada zona facial e corporal.

– CA5.10. Especificáronse as fases de realización da micropigmentación.

– CA5.11. Efectuouse a técnica de micropigmentación.

– CA5.12. Informouse a persoa usuaria sobre os coidados posteriores á aplicación do tratamento de micropigmentación.

– CA5.13. Asesorouse a persoa usuaria sobre o seguimento posterior ao proceso de micropigmentación.

• RA6. Determina a calidade do servizo valorando os resultados da aplicación do proceso.

– CA6.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de micropigmentación.

– CA6.2. Verificouse o grao de cumprimento dos protocolos establecidos.

– CA6.3. Avaliouse o grao de satisfacción da persoa usuaria respecto ao tratamento.

– CA6.4. Prevíronse medidas correctoras para rectificar posibles desviacións do obxectivo.

– CA6.5. Utilizouse a linguaxe técnica adecuada ao nivel e á profesión.

– CA6.6. Tomáronse medidas para comprobar a calidade do servizo.

– CA6.7. Resolvéronse os problemas formulados no desenvolvemento da actividade.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de documentación.

• Normativa e documentación técnica, legal e comercial.

• Análise do modelo de consentimento informado. Datos de identificación. Denominación xenérica da técnica e localización anatómica. Descrición da técnica. Duración. Información sobre posibilidades de eliminación. Medidas hixiénicas previas e posteriores á realización da técnica. Posibles complicacións e precaucións: contraindicacións. Orzamento.

• Ficha técnica. Documentos fotográficos. Información comercial da clientela. Rexistro dilixenciado. Documentación de xestión de residuos e de revisións técnicas.

BC2. Organización da cabina de micropigmentación.

• Instalacións: características, deseño, materiais de paredes e chans, distribución, iluminación, ambientación, moblaxe e áreas (de traballo, recepción, espera, limpeza, desinfección, esterilización, almacenamento e aseos).

• Equipamentos e instrumental de uso en micropigmentación: máquina dermográfica (características e parámetros de potencia e velocidade), agullas (tipos e características), complementos e accesorios.

• Seguridade e hixiene das instalacións e dos equipamentos.

• Prevención de infeccións e transmisión de doenzas.

• Almacenamento de produtos específicos e xestión de residuos.

BC3. Deseño de maquillaxes correctivas.

• Estudo da morfoloxía do rostro:

– Teorías da verticalidade e a horizontalidade.

– O óvalo: xeometría, proporcións e liñas; clasificación e tipos.

– Estudo das faccións do rostro: cellas, ollos, beizos, fronte, nariz e queixo.

– Visaxismo: análise e estudo do rostro, e técnica de deseño das súas correccións.

• Estudo doutras zonas corporais susceptibles de seren micropigmentadas: proporcións, e simetrías dos seos e das aréolas mamarias; estudo da implantación natural do cabelo e das zonas alopécicas.

• Microimplantación de pigmentos aplicada á estética reparadora: cicatrices, acromías etc.

• Cor: teorías da cor e da luz.

• Identificación das alteracións cutáneas relacionadas coa micropigmentación.

• Deseño de correccións:

– Técnicas de debuxo para as correccións: liña, forma, volume e color, pelo a pelo, cellas compactas, técnicas en dúas cores e degradados.

– Deseños en patróns de diversas zonas faciais e corporais.

BC4. Preparación da persoa usuaria.

• Información á persoa usuaria sobre a técnica de micropigmentación: contraindicacións, posibles riscos, alteracións que non permitan a micropigmentación, reaccións da pel á implantación do pigmento e técnicas de despigmentación (láser, cirurxía etc.).

• Técnicas previas á microimplantación de pigmentos (análise do rostro e das zonas que se vaian micropigmentar, fotografía previa e deseño de maquillaxe correctiva): determinación e secuencia.

• Proposta de tratamento.

• Preparación da cabina, o material e o equipamento.

• Criterios de elección da cor segundo a análise previa.

• Medidas de preparación e protección da persoa usuaria. Ergonomía.

BC5. Realización da micropigmentación.

• Indicacións e precaucións.

• Pigmentos e colorantes. Reaccións do pigmento fronte a diversos axentes externos: láser, radiacións solares, interacción con cosméticos e medicamentos etc.

• Preparación de mesturas. Aplicación da proba de cor pigmento.

• Criterio de selección de agullas.

• Técnicas de micropigmentación. Trazados: raiado, punteado e enchedura.

• Organización do proceso:

– Determinación da zona de inicio.

– Desinfección e coidados previos da zona: vantaxes e inconvenientes.

– Procedemento e secuencia de repetición do trazado. Precaucións na aplicación. Técnica do retoque.

– Formalización da documentación e dos anexos fotográficos iniciais e finais.

• Asesoramento posterior á microimplantación: coidados posteriores ao tratamento, seguimento da evolución do proceso.

BC6. Calidade do proceso.

• Parámetros que definen a calidade dos procesos de micropigmentación.

• Desviacións na prestación dos servizos de micropigmentación.

• Técnicas para medir o grao de satisfacción e detección de desviacións na prestación dos servizos.

• Técnicas de resolución de queixas e reclamacións.

• Protocolos establecidos e uso de linguaxe técnica.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de técnico en micropigmentación.

O deseño e a realización de maquillaxes correctivas semipermanentes abrangue aspectos como:

– Posta a punto do lugar de traballo.

– Preparación da documentación técnica do proceso.

– Preparación do modelo para propostas de maquillaxe correctiva.

– Preparación de pigmentos.

– Preparación, uso e mantemento do dermógrafo.

– Elaboración de micropigmentacións adaptadas ás zonas do corpo.

– Execución e control do proceso produtivo.

– Control do produto durante o proceso.

– Realización de maquillaxe correctiva semipermanente.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nos procesos de:

– Proposta de maquillaxe permanente.

– Proposta de micropigmentación.

– Execución de técnicas de micropigmentación.

– Estética reparadora: simulación de cabelo, asimetrías labiais e calvicie de cellas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), f), j), m) e n) do ciclo formativo, e as competencias a), b), c), e), h) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Normativa que regula o exercicio da técnica.

– Recoñecemento das morfoloxías faciais e corporais.

– Elaboración de deseños de maquillaxe correctiva personalizados.

– Relación entre as posibilidades de realización e os resultados.

– Uso de aparellos de micropigmentación, técnicas e pigmentos de maquillaxe correctiva.

– Interpretación das demandas da persoa usuaria.

– Posta en práctica das medidas que aseguren a calidade do servizo.

1.7. Módulo profesional: Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0750.

• Duración: 133 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina as normas hixiénico-sanitarias de aplicación nos procesos de imaxe persoal, tendo en conta a relación entre a exposición a axentes biolóxicos e os riscos para a saúde.

– CA1.1. Relacionáronse os métodos de desinfección cos niveis de risco de infección de cada material.

– CA1.2. Determináronse os protocolos de limpeza, desinfección e esterilización aplicables ao ámbito da imaxe persoal.

– CA1.3. Caracterizáronse os tipos de axentes contaminantes.

– CA1.4. Especificáronse os elementos que conforman o sistema inmunitario e os factores que o regulan.

– CA1.5. Valorouse a aplicación da normativa na planificación da hixiene na imaxe persoal.

– CA1.6. Recoñeceuse o programa de vacinación obrigatorio para o persoal aplicador das técnicas de imaxe persoal.

– CA1.7. Xustificouse a xestión dos residuos producidos no ámbito da imaxe persoal.

– CA1.8. Estableceuse o plan de calidade no tratamento de residuos e nos procesos de hixiene na imaxe persoal.

– CA1.9. Especificáronse os equipamentos de protección individual utilizados en imaxe persoal.

• RA2. Caracteriza os compoñentes antropométricos relacionados coa imaxe persoal, revisando a estrutura xeral do corpo humano.

– CA2.1. Identificáronse as rexións e as zonas do corpo humano.

– CA2.2. Determináronse as posicións anatómicas.

– CA2.3. Establecéronse os planos e os eixes anatómicos.

– CA2.4. Definíronse os termos de movemento, relación e dirección no espazo da estrutura xeral do corpo humano.

– CA2.5. Recoñeceuse a forma, o aspecto xeral e as proporcións corporais.

– CA2.6. Identificáronse os factores hereditarios e ambientais que determinan a constitución do corpo.

– CA2.7. Recoñecéronse os tipos constitucionais ou somatotipos.

– CA2.8. Relacionáronse os valores antropométricos coa súa aplicación en imaxe persoal.

• RA3. Caracteriza os compoñentes do aparello locomotor implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal, revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA3.1. Identificouse a masaxe e os tratamentos electroestéticos relacionados co aparello locomotor.

– CA3.2. Especificáronse as funcións do sistema óseo.

– CA3.3. Establecéronse a composición, a estrutura e a clasificación dos ósos e dos músculos.

– CA3.4. Identificáronse as patoloxías óseas e articulares máis frecuentes e a súa influencia na imaxe persoal.

– CA3.5. Caracterizouse a fisioloxía muscular.

– CA3.6. Relacionáronse os tipos de movementos coas articulacións implicadas.

– CA3.7. Recoñecéronse as patoloxías do movemento e da marcha, así como as alteracións óseas vinculadas á aplicación de técnicas estéticas.

– CA3.8. Relacionouse a ergonomía coa hixiene postural e a patoloxía derivada.

– CA3.9. Propuxéronse correccións posturais para a clientela e para o persoal en función de análises ergonómicas.

• RA4. Caracteriza os compoñentes do medio interno implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal, revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA4.1. Relacionouse a anatomía do aparello circulatorio coas funcións hemodinámicas.

– CA4.2. Especificáronse os compoñentes sólidos e líquidos do sangue.

– CA4.3. Caracterizouse a estrutura e a fisioloxía do sistema linfático.

– CA4.4. Relacionouse a influencia do sistema linfático nos procesos de imaxe persoal.

– CA4.5. Recoñecéronse os elementos que determinan o medio interno.

– CA4.6. Relacionouse o equilibrio do medio interno cos aspectos fisiolóxicos do aparello circulatorio, do sistema linfático e do sangue.

– CA4.7. Identificáronse as patoloxías asociadas a estes aparellos con influencia en imaxe persoal.

• RA5. Caracteriza os compoñentes dos sistemas endócrino e nervioso implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal, revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA5.1. Especificáronse as glándulas endócrinas e as súas funcións.

– CA5.2. Establecéronse os mecanismos endócrinos.

– CA5.3. Xustificouse a influencia hormonal na pel e nos anexos cutáneos.

– CA5.4. Analizáronse os mecanismos de inhibición nerviosa utilizados en técnicas complementarias ás utilizadas en imaxe persoal: infiltracións, inxeccións etc.

– CA5.5. Establecéronse os mecanismos nerviosos.

– CA5.6. Estableceuse a relación entre os sistemas nervioso e endócrino.

– CA5.7. Xustificouse a influencia do sistema nervioso na pel e nos anexos cutáneos.

– CA5.8. Identificáronse os órganos sensoriais e as súas funcións.

– CA5.9. Relacionouse a fisioloxía sensorial coas técnicas utilizadas en imaxe persoal.

• RA6. Establece pautas de asesoramento en hábitos saudables, en relación cos procesos de imaxe persoal.

– CA6.1. Caracterizouse o concepto de saúde.

– CA6.2. Recoñeceuse a influencia dos hábitos de vida na imaxe persoal.

– CA6.3. Identificáronse os métodos de prevención.

– CA6.4. Analizáronse as campañas de promoción da saúde.

– CA6.5. Determináronse os efectos dos tratamentos oncolóxicos no órgano cutáneo.

– CA6.6. Establecéronse os factores desencadeantes e as medidas de prevención do cancro.

– CA6.7. Diferenciáronse as etapas de avellentamento corporal.

– CA6.8. Determináronse os cambios da figura corporal en cada etapa da vida.

– CA6.9. Especificáronse os hábitos saudables que atrasan a aparición do avellentamento.

– CA6.10. Relacionouse o aparello reprodutor, as súas patoloxías e as doenzas de transmisión, cos hábitos de vida saudable.

– CA6.11. Establecéronse recomendacións saudables para potenciar a imaxe estética.

• RA7. Identifica pautas nutricionais saudables e recoñece a súa influencia sobre a imaxe estética.

– CA7.1. Caracterizáronse os alimentos e os nutrientes.

– CA7.2. Relacionáronse as características dos alimentos coa influencia da dieta na conservación da saúde.

– CA7.3. Especificouse a táboa de composición de alimentos.

– CA7.4. Determináronse os procesos bioquímicos da nutrición.

– CA7.5. Caracterizáronse os compoñentes dunha dieta equilibrada.

– CA7.6. Relacionáronse coas súas funcións as estruturas anatómicas dos aparellos e dos sistemas implicados na nutrición.

– CA7.7. Relacionouse o aparello dixestivo coa nutrición e a imaxe persoal.

– CA7.8. Recoñeceuse a influencia do aparello excretor e as súas patoloxías na imaxe persoal.

– CA7.9. Identificouse a influencia do aparello respiratorio e as súas patoloxías na nutrición e na imaxe persoal.

– CA7.10. Identificouse a relación entre os hábitos de vida saudables e as alteracións e as patoloxías humanas.

– CA7.11. Recoñecéronse os procesos patolóxicos implicados na nutrición e a súa influencia sobre a pel e os seus anexos.

– CA7.12. Confeccionáronse dietas e indicacións dietéticas recomendables.

– CA7.13. Identificouse a relación entre os hábitos de vida saudables e as alteracións e as patoloxías humanas.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación das normas hixiénicas e sanitarias en procesos de imaxe persoal.

• Axentes contaminantes: clasificación dos microorganismos, mecanismos de transmisión, infeccións e infestacións.

• Pautas para a prevención da contaminación.

• Conceptos. Niveis de desinfección. Métodos de desinfección e esterilización. Área de desinfección das instalacións. Protocolos de actuación na limpeza, desinfección, esterilización e conservación de espazos, instalacións, equipamentos, utensilios e accesorios. Coidados e conservación do material estéril. Condicións hixiénico-sanitarias dos establecementos de imaxe persoal.

• Control de calidade destes procesos.

• Sistema de defensa e inmunitario. Tipos de inmunidade. A inflamación. Resposta inmunitaria e inmunidade. Trastornos do sistema inmunitario con repercusión na imaxe persoal: as alerxias.

• Vacinas: programas de vacinación obrigatorios en imaxe persoal.

• Normativa relacionada co ámbito da imaxe persoal: prevención de lexionelose, e condicións hixiénico-sanitarias dos establecementos de aplicación de tatuaxes, micropigmentación e piercing.

• Xestión dos residuos: concepto, tipoloxía e control de residuos.

• Equipamentos de protección individual específicos de estética.

BC2. Caracterización da estrutura anatómica xeral do corpo humano.

• Estrutura xeral do corpo humano: rexións e zonas corporais; posicións anatómicas, planos e eixes anatómicos, termos de relación ou direccións no espazo.

• Antropometría (forma, aspecto xeral e proporcións corporais; somatotipos ou tipos constitucionais; variables antropométricas de peso, talle, perímetros, pregamentos cutáneos e envergadura): relación coa imaxe persoal.

BC3. Relación dos procesos de imaxe persoal co aparello locomotor.

• Ergonomía aplicada á imaxe persoal:

– Hixiene postural: riscos ergonómicos relacionados coas prácticas profesionais de imaxe persoal.

– Patoloxía relacionada coa postura corporal: escoliose, lordose etc.

– Correccións posturais.

– Fisioloxía do movemento e da marcha.

• Sistema óseo:

– Esqueleto: composición e estrutura. Tecido óseo.

– Funcións dos ósos e das articulacións. Clasificación dos ósos.

– Osificación: control hormonal. Patoloxías máis frecuentes: osteoporose, osteopenia, osteomalacía, acondroplasia, condromalacia etc.

• Sistema muscular:

– Músculos: composición, estrutura e criterios de clasificación. Orixe e inserción dos músculos. Tecido muscular. Fibras musculares.

– Localización de músculos no corpo humano. Fisioloxía muscular: mecanismo da contracción.

• Procesos de imaxe persoal relacionados co aparello locomotor.

• Patoloxía do aparello locomotor relacionada coa imaxe persoal.

BC4. Caracterización do medio interno e do aparello circulatorio en relación cos procesos de imaxe persoal.

• Anatomofisioloxía do aparello circulatorio. Principios fundamentais da circulación. Retorno venoso. Influencia das patoloxías nos tratamentos de imaxe persoal.

• O sangue: tecido sanguíneo; funcións do sangue. Influencia das patoloxías nos tratamentos de imaxe persoal.

• Sistema linfático: anatomía e fisioloxía. A linfa. Factores que interveñen na circulación linfática. Influencia do sistema linfático nos procesos de imaxe persoal.

• Medio interno. Líquidos corporais: regulación e composición en distintos espazos.

• Influencia dos tratamentos de imaxe persoal no aparello circulatorio.

• Accións das técnicas mecánicas, electroestéticas e cosmetolóxicas.

• Clasificación dos efectos. Influencia da presión e da temperatura no sistema vascular.

BC5. Recoñecemento da estrutura e función dos sistemas de control e integración.

• Sistema nervioso: organización e estrutura. Células do sistema nervioso. Nervios. Transmisión neuronal: neuroutransmisores. Análise de inhibidores da transmisión nerviosa en imaxe persoal: toxina botulínica.

• Sistema nervioso autónomo: estrutura e funcións.

• Órganos dos sentidos. Receptores sensoriais: clasificación e mecanismo de resposta. Sentidos: tipos, anatomía e fisioloxía. Terapias sensoriais: aromaterapia, cromoterapia etc.

• Sistema endócrino: organización glandular. Hormonas. Fisioloxía hormonal. Regulación da secreción. Influencia das hormonas na pel e nos anexos.

BC6. Establecemento de pautas de asesoramento en hábitos saudables.

• Concepto de saúde.

• Influencia dos hábitos de vida na imaxe persoal.

• Prevención primaria como método de promoción da saúde: medidas colectivas (campañas de promoción da saúde e as súas implicacións na imaxe persoal) e individuais.

• Repercusión do cancro e dos tratamentos oncolóxicos na imaxe persoal. Etioloxía. Factores que predispoñen e que desencadean a aparición do cancro. O cancro e os hábitos de vida: medidas de prevención.

• Avellentamento corporal: cambios da figura corporal ao longo da vida. Fisioloxía do avellentamento. Modificacións nas estruturas corporais: causas. Relación entre o avellentamento e os estilos de vida.

• Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor: estrutura. Desenvolvemento e modificación ao longo da vida do individuo. Influencia do seu funcionamento nos procesos de imaxe persoal. Doenzas de transmisión.

• Anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio: estrutura. Respiración: bases fisiolóxicas. Influencia do funcionamento do aparello respiratorio nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello excretor: estrutura. Análise do proceso de formación dos ouriños. Influencia do funcionamento renal nos procesos de imaxe persoal.

• Asesoramento en hábitos saudables. Avaliación dos hábitos saudables. Recomendacións sobre alimentación, exercicio físico, sono, hixiene persoal etc. Elementos que repercuten na imaxe estética.

BC7. Determinación de pautas nutricionais.

• Alimentos e nutrientes: tipos e función dos nutrientes. Necesidades e recomendacións nutricionais e hídricas. Táboas de composición dos alimentos.

• Anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio: estrutura. Respiración: bases fisiolóxicas. Influencia do funcionamento do aparello respiratorio nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello excretor: estrutura. Análise do proceso de formación dos ouriños. Influencia do funcionamento renal nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo: estrutura. Análise do proceso da dixestión.

• Procesos bioquímicos da nutrición.

• A dieta: tipos e relación coa imaxe persoal. Alimentación equilibrada. Alimentos funcionais.

• Fisiopatoloxía estética relacionada coa alimentación: obesidade, sobrepeso e delgadeza. Lipodistrofias. Modificacións na conduta alimentaria: anorexia e bulimia, vigorexia, ortorexia etc. Desequilibrio de nutrientes e a súa relación coa pel e os seus anexos.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para desempeñar as funcións de organización, desenvolvemento e asesoramento do traballo nos establecementos estéticos a través do estudo da fisioloxía humana, os hábitos de vida saudable, a xestión e o tratamento dos residuos, e a hixiene no ámbito laboral.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Xustificación da correcta aplicación dos tratamentos de imaxe persoal identificando a estrutura, as funcións e a regulación dos aparellos e dos sistemas máis importantes do corpo humano.

– Asesoramento sobre os hábitos de vida saudable e sobre unha dieta equilibrada como ferramenta de imaxe persoal.

– Organización dos protocolos de limpeza, desinfección e esterilización de utensilios, aparellos e accesorios no ámbito laboral.

– Selección dos métodos axeitados para o tratamento dos residuos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento dos tratamentos faciais e corporais en centros onde se desenvolvan actividades relacionadas coa imaxe persoal ou centros de técnicas hidrotermais.

A formación do módulo contribúe a lograr os obxectivos xerais d) e n) do ciclo formativo, e as competencias c) e k).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo relaciónanse con:

– Recoñecemento das partes os órganos, os aparellos e os sistemas do corpo humano.

– Uso dos métodos de limpeza, desinfección e esterilización de utensilios, aparellos, accesorios, espazos e instalacións.

– Interpretación dos protocolos de calidade no tratamento dos residuos.

1.8. Módulo profesional: Dermoestética.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0751.

• Duración: 160 horas.

1.8.1. Unidade formativa 1: Pel e Alteracións Cutáneas.

• Código: MP0751_12.

• Duración: 30 horas.

1.8.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza a pel e as súas alteracións, analizando as estruturas histolóxicas afectadas e as súas propiedades.

– CA1.1. Estableceuse a estrutura anatómica e fisiolóxica do órgano cutáneo e os seus anexos.

– CA1.2. Caracterizáronse os anexos córneos e os glandulares.

– CA1.3. Especificáronse as funcións da epiderme, a derme e hipoderme.

– CA1.4. Recoñeceuse a importancia da permeabilidade cutánea.

– CA1.5. Determináronse os mecanismos que interveñen na hidratación cutánea.

– CA1.6. Relacionouse o manto hidrolipídico coas funcións glandulares da pel.

– CA1.7. Identificáronse as tipoloxías cutáneas.

– CA1.8. Especificáronse as características das alteracións da pel vinculadas á estética.

– CA1.9. Determináronse os efectos das radiacións solares no organismo.

– CA1.10. Determináronse os cambios anatomofisiolóxicos nos seos.

– CA1.11. Describíronse os cambios anatomofisiolóxicos no avellentamento cutáneo.

1.8.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización da pel e as súas alteracións.

• Microscopía do órgano cutáneo: estrutura anatómica da pel e anexos cutáneos (córneos, vasculares, nerviosos e glandulares). Fisioloxía do órgano cutáneo: queratoxénese e melanoxénese. Crecemento e reparación da pel e dos anexos. Funcións da pel. A flora cutánea.

• Aspecto macroscópico da superficie cutánea: características externas.

• Permeabilidade cutánea: manto hidrolipídico e hidratación da pel.

• Tipoloxía cutánea: criterios de clasificación. Características fisiolóxicas e propiedades dos tipos de pel. Estados evolutivos da pel. A pel nas distintas razas. A pel masculina.

• Alteracións da pel. Forma e configuración das lesións elementais. Criterios de clasificación. Alteracións estruturais e funcionais. Infeccións e infestacións. Tumores cutáneos.

• Alteracións da pel de interese estético: da queratinización, da pigmentación, da vascularización, da secreción sebácea, do sistema piloso, do tecido subcutáneo e conxuntivo, e vasculares das extremidades de interese estético.

• Avellentamento: cambios fisiolóxicos e estruturais; causas.

• Radiacións solares e pel. Fototipos cutáneos. Fotoavellentamento.

• Seos: anatomía e fisioloxía das glándulas mamarias. Alteracións de interese estético.

1.8.2. Unidade formativa 2: Diagnóstico e Protocolo de Tratamentos.

• Código: MP0751_22.

• Duración: 130 horas.

1.8.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Xestiona a documentación técnica, para o que selecciona os procedementos de deseño e arquivo, e organiza o traballo do persoal ao seu cargo.

– CA1.1. Especificáronse os tipos de documentación utilizada e xerada.

– CA1.2. Seleccionouse o procedemento para xestionar a documentación técnica.

– CA1.3. Deseñouse un modelo de historial estético e ficha técnica, artística e comercial da clientela.

– CA1.4. Establecéronse as partes dun consentimento informado.

– CA1.5. Redactáronse os modelos de información ou remisión a diferentes profesionais.

– CA1.6. Identificouse a normativa do sector.

– CA1.7. Identificáronse as normas deontolóxicas da profesión.

– CA1.8. Describíronse os postos de traballo coas súas funcións e responsabilidades.

– CA1.9. Organizouse o traballo en equipo, distribuíndo tarefas e horarios.

– CA1.10. Organizouse a axenda de traballo do establecemento.

– CA1.11. Especificáronse os parámetros do plan de calidade.

– CA1.12. Describíronse os contidos que inclúe un manual de procedementos.

– CA1.13. Identificáronse as pautas de atención á clientela.

– CA1.14. Elaboráronse enquisas para avaliar o grao de satisfacción.

– CA1.15. Elaboráronse propostas para a xestión de suxestións, queixas e reclamacións.

• RA2. Selecciona os medios e os equipamentos para a análise estética facial e corporal, e describe as súas características, as súas técnicas e as súas indicacións.

– CA2.1. Determináronse os medios e os equipamentos para a análise facial.

– CA2.2. Caracterizáronse os equipamentos para a análise corporal.

– CA2.3. Especificáronse as características técnicas dos equipamentos de análise.

– CA2.4. Recoñecéronse as indicacións dos equipamentos.

– CA2.5. Establecéronse os criterios de elección dos medios que cumpra utilizar.

– CA2.6. Determináronse as medidas de mantemento, hixiene e calidade para o uso dos equipamentos de análise.

– CA2.7. Seguíronse as pautas de aplicación dos medios e dos equipamentos.

• RA3. Aplica os procedementos de análise facial e corporal, utilizando os medios específicos.

– CA3.1. Determináronse os elementos do procedemento de traballo para a análise facial e corporal.

– CA3.2. Estableceuse a secuencia.

– CA3.3. Seleccionáronse os medios.

– CA3.4. Aplicáronse os equipamentos e os medios de análise.

– CA3.5. Xustificáronse as recomendacións previas á realización da análise.

– CA3.6. Relacionáronse as características cutáneas coas alteracións estéticas, tras a observación.

– CA3.7. Interpretáronse os datos obtidos logo de realizada a exploración.

– CA3.8. Cubriuse a ficha técnica.

– CA3.9. Establecéronse as pautas de información dos resultados e a proposta de tratamento tras o estudo estético.

• RA4. Deseña os protocolos de tratamentos faciais e corporais e determina a secuencia das fases de actuación.

– CA4.1. Establecéronse as bases para o deseño dos procedementos de tratamentos estéticos.

– CA4.2. Determináronse os elementos que forman parte dun protocolo de tratamento estético.

– CA4.3. Identificáronse as fases.

– CA4.4. Especificáronse e elaboráronse os protocolos estéticos de tratamento facial de hidratación, de alteracións (da secreción sebácea, a pigmentación e a vascularización), de ollos, pescozo e beizos, do avellentamento cutáneo etc.

– CA4.5. Especificáronse e elaboráronse os protocolos estéticos de tratamentos corporais de adiposidades localizadas e celulite, de flaccidez e elastose de estrías, de alteracións da circulación periférica etc., segundo as súas indicacións.

– CA4.6. Determináronse e elaboráronse os procedementos especiais de tratamento de alteracións estéticas dos seos, do embarazo e do posparto.

• RA5. Determina os coidados estéticos anteriores e posteriores aos tratamentos de medicina e cirurxía estética, e selecciona técnicas e materiais.

– CA5.1. Caracterizáronse os tratamentos médico-cirúrxicos con repercusión estética.

– CA5.2. Especificáronse os coidados estéticos previos e posteriores a unha intervención de medicina estética.

– CA5.3. Seleccionáronse os coidados e os tratamentos correspondentes ás actuacións estéticas precirúrxicas e poscirúrxicas.

– CA5.4. Identificáronse as necesidades cutáneas logo dun tratamento médico-cirúrxico.

– CA5.5. Identificáronse os coidados estéticos necesarios en pacientes oncolóxicos.

– CA5.6. Identificáronse os coidados estéticos en clientes con necesidades específicas (diabéticos, con mobilidade limitada etc.).

– CA5.7. Relacionáronse os medios e as técnicas coas necesidades estéticas.

– CA5.8. Pautouse a secuencia do protocolo.

• RA6. Deseña tratamentos estéticos novos analizando a tecnoloxía innovadora adecuada ao proceso.

– CA6.1. Elaborouse un plan de análise de mercado de innovacións estéticas.

– CA6.2. Valorouse o uso de medios de información e documentación.

– CA6.3. Relacionáronse as características das novas técnicas cos tratamentos estéticos.

– CA6.4. Recoñecéronse as propiedades dos novos materiais e accesorios.

– CA6.5. Xustificouse o emprego de novos principios activos.

– CA6.6. Valorouse a viabilidade da inclusión de tecnoloxía avanzada.

– CA6.7. Determinouse o protocolo do tratamento innovador.

1.8.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión da documentación.

• Documentación utilizada. Ficha técnica e comercial da clientela.

• Información técnica de equipamentos, aparellos e cosméticos utilizados.

• Normas deontolóxicas.

• Documentación xerada: antecedentes estéticos; ficha técnica, artística e comercial da clientela; protocolos personalizados; consentimento informado; informes emitidos a diferentes profesionais; fichas de avaliación do servizo e documentación subministrada á clientela. Sistemas de arquivo.

• Normativa do sector.

• Organización do traballo: do persoal (distribución do traballo e de horarios) e da axenda de traballo.

• Protocolo de calidade.

– Elaboración do plan de calidade.

– Aplicación dos criterios en todas as fases do proceso.

– Manuais de procedementos.

– Técnicas de corrección das desviacións.

– Atención á clientela.

– Enquisas de satisfacción.

– Tratamento de queixas, suxestións e reclamacións.

BC2. Selección de medios e equipamentos para a análise facial e corporal.

• Medios e equipamentos para a análise facial: descrición, tipos, características, normas de uso, indicacións, precaucións e criterios de selección.

• Medios e equipamentos para a análise corporal: descrición, tipos, características, normas de uso, indicacións, precaucións e criterios de selección.

• Mantemento, seguridade e hixiene nos equipamentos de análise.

BC3. Aplicación do protocolo de diagnóstico estético.

• Concepto de diagnóstico estético.

• Fases da análise: entrevista, exame visual por observación directa ou indirecta, e exploración (métodos; exploracións complementarias). Relación das características cutáneas coas alteracións estéticas, tras a observación.

• Deseño de protocolos de análise facial.

• Deseño de protocolos de análise corporal. Estudo por zonas, toma de medidas e valoración global.

• Realización del diagnóstico estético: preparación da área de traballo, selección de medios e produtos, interpretación e toma de datos, formalización de documentación e informe valorativo.

• Información á clientela sobre o diagnóstico profesional e proposta de tratamento.

BC4. Deseño de protocolos estéticos de tratamentos faciais e corporais.

• Bases para o deseño dos protocolos de tratamento estético.

• Elementos: proceso, secuencia, temporalización, e medios técnicos, cosmetolóxicos e manuais. Criterios de avaliación de resultados.

• Fases do protocolo do tratamento: estudo da zona; selección e preparación dos medios técnicos; preparación da pel; núcleo do tratamento; finalización do tratamento; asesoramento profesional.

• Tratamentos estéticos faciais: concepto, fundamentos, deseño, fases e criterios de clasificación. Protocolos de tratamento das alteracións da hidratación, da secreción sebácea, da vascularización e da pigmentación, así como de tratamento de ollos, pescozo e beizos, e do avellentamento.

• Protocolos dos tratamentos corporais: concepto, fundamentos, deseño, fases e criterios de clasificación. Protocolos para adiposidades localizadas e celulite, para flaccidez e elastose, para estrías, para alteracións da circulación periférica, para o coidado dos seos e para o embarazo e posparto.

BC5. Determinación dos coidados estéticos anteriores e posteriores aos tratamentos de medicina e cirurxía estética.

• Estética postraumática e poscirúrxica.

• Técnicas médico-estéticas faciais e corporais con intervencións cirúrxicas ou sen elas: tipos e descrición; substancias, materiais e equipamentos. Relación cos tratamentos estéticos: indicacións, contraindicacións e precaucións.

• Deseño de protocolos de tratamentos anteriores e posteriores de medicina e cirurxía estética.

• Coidados en pacientes oncolóxicos e clientes con necesidades específicas (diabéticos, con mobilidade limitada etc.).

BC6. Deseño de tratamentos innovadores.

• Análise do mercado: medios de información (revistas, internet etc.).

• Uso das tecnoloxías da información e da comunicación, e de programas actualizados.

• Innovacións técnicas, manuais e cosmetolóxicas no campo da estética.

• Análise de materiais, equipamentos e principios activos: características novas.

• Vantaxes e inconvenientes da introdución de novos tratamentos.

• Deseño de tratamentos novos.

• Valoración da viabilidade no campo da estética.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para desempeñar as funcións de elaboración de protocolos normalizados relacionados co diagnóstico e os tratamentos estéticos.

As funcións de elaboración de protocolos de diagnóstico e de tratamentos estéticos faciais e corporais no ámbito laboral abranguen os seguintes aspectos:

– Organización e deseño da documentación necesaria para a realización das actividades propias dun salón de beleza.

– Aplicación do coñecemento da anatomía, a fisioloxía e a patoloxía do órgano cutáneo e dos seus anexos.

– Deseño dos protocolos de tratamento.

– Interpretación dos informes médicos e de diferentes profesionais.

– Realización de técnicas de innovación baseadas na actualización profesional.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento dos tratamentos estéticos faciais e corporais en centros de beleza ou centros de técnicas hidrotermais, e en centros sanitarios.

A formación do módulo contribúe a lograr os obxectivos xerais b), f), q) e r) do ciclo formativo, e as competencias b), e) e ñ).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo relaciónanse con:

– Identificación das estruturas anatómicas macroscópicas e microscópicas que forman a pel e os seus anexos, así como dos seus aspectos fisiolóxicos e patolóxicos.

– Utilización de esquemas e cadros de síntese para a compilación dos datos diagnósticos.

– Proposta de pautas para a realización dos protocolos de tratamentos estéticos faciais e corporais.

– Aplicación dos protocolos de calidade na elaboración da documentación.

1.9. Módulo profesional: Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP0752.

• Duración: 187 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os fundamentos da química cosmética e determina os compoñentes dun cosmético, para o que analiza as súas características e a súa capacidade de penetración na pel.

– CA1.1. Clasificáronse as substancias e as mesturas químicas segundo a súa composición, o pH ou as reaccións químicas que establezan.

– CA1.2. Especificouse a función dos principios activos, os excipientes e os aditivos nos cosméticos.

– CA1.3. Estableceuse a diferenza entre composición cuantitativa e cualitativa.

– CA1.4. Caracterizáronse os compoñentes externos do cosmético.

– CA1.5. Establecéronse as indicacións que deban figurar na etiquetaxe do produto.

– CA1.6. Identificáronse as substancias prohibidas e as restrinxidas.

– CA1.7. Identificáronse as características e as funcións das substancias máis utilizadas na elaboración dun cosmético.

– CA1.8. Analizouse a regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

– CA1.9. Identificouse a composición xeral utilizando o código INCI e a parte externa dun cosmético comercial.

– CA1.10. Analizouse a presenza das siliconas cosméticas e outros excipientes actuais nas preparacións cosméticas.

– CA1.11. Identificáronse as técnicas extractivas e os principios activos da fitocosmética.

– CA1.12. Identificáronse as vías e o grao de penetración dos cosméticos na pel, e os factores que inflúen neles.

– CA1.13. Vinculouse o emprego dos vectores cosméticos co aumento da eficacia dos principios activos que transportan.

• RA2. Prepara produtos cosméticos organizando as operacións de elaboración, e recoñece os sistemas dispersos.

– CA2.1. Establecéronse as diferenzas entre sistemas dispersos homoxéneos e heteroxéneos.

– CA2.2. Distinguíronse os compoñentes das disolucións, os factores que afectan a solubilidade e o xeito de expresar a súa concentración.

– CA2.3. Identificáronse as fases e as propiedades das suspensións e das suspensións coloidais.

– CA2.4. Clasificáronse os tensoactivos e analizouse a súa función.

– CA2.5. Clasificáronse as emulsións en función da composición das súas fases.

– CA2.6. Especificáronse as formas de presentación dos cosméticos.

– CA2.7. Recoñeceuse a importancia do tipo de envase na determinación da forma cosmética.

– CA2.8. Identificáronse as substancias, os materiais e as técnicas para a elaboración dunha fórmula cosmética.

– CA2.9. Especificáronse as partes dunha fórmula cosmética (composición cuantitativa, modus operandi e características dos seus ingredientes).

– CA2.10. Preparáronse fórmulas de cosméticos no laboratorio.

– CA2.11. Seguíronse os protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasamento de mesturas e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

– CA2.12. Aplicáronse as medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio necesarias para a fabricación e a manipulación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

– CA2.13. Elimináronse selectivamente os residuos xerados.

• RA3. Contrasta as liñas cosméticas do mercado, para o que analiza as propiedades de cada grupo cosmético.

– CA3.1. Relacionouse a composición dos produtos coa súa forma cosmética e co mecanismo de acción.

– CA3.2. Establecéronse as diferenzas entre os cosméticos de hixiene.

– CA3.3. Comprobáronse os tipos de exfoliantes co xeito de actuar dos seus ingredientes activos.

– CA3.4. Relacionáronse as máscaras coa súa composición e coa forma cosmética.

– CA3.5. Identificouse o xeito de actuar dos principios activos dos cosméticos hidratantes, así como o seu mantemento e a súa protección.

– CA3.6. Relacionáronse os principios activos solares co seu mecanismo de actuación.

– CA3.7. Establecéronse os efectos de diferentes cosméticos de tratamento.

– CA3.8. Detalláronse os principios activos dos cosméticos de tratamento estético.

– CA3.9. Especificouse o mecanismo de acción en función dos compoñentes que incorporan.

• RA4. Caracteriza as novas tendencias do sector, para o que analiza as innovacións cosméticas e cosméticos especiais.

– CA4.1. Detectáronse as novas tendencias do mercado cosmético.

– CA4.2. Valorouse o emprego do perfume na sociedade actual.

– CA4.3. Estableceuse a finalidade dos cosméticos que se empregan en técnicas de electroestética.

– CA4.4. Sinaláronse os compoñentes, os efectos, as indicacións e as precaucións dos materiais que se empregan para o recheo e as infiltracións en medicina e en cirurxía estética.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas estéticas contraindicadas en usuarios de tratamento médico con bótox ou materiais de recheo.

– CA4.6. Valorouse o uso da nutricosmética como tratamento complementario aos tratamentos estéticos.

– CA4.7. Relacionouse a composición química dos principios activos de recente incorporación aos cosméticos cos seus efectos e as súas indicacións.

– CA4.8. Vinculouse o emprego dos novos excipientes co aumento da eficacia dos principios activos que transportan.

• RA5. Dispón os cosméticos nos establecementos de venda e controla as condicións de seguridade e hixiene.

– CA5.1. Identificáronse os tipos de establecemento de venda de cosméticos.

– CA5.2. Establecéronse as características do márketing aplicado á venda de cosméticos.

– CA5.3. Relacionouse a disposición do produto e as técnicas de merchandising coas vendas.

– CA5.4. Especificáronse as normas de almacenamento, conservación e manipulación dos cosméticos.

– CA5.5. Identificáronse os factores que afectan a estabilidade dos produtos cosméticos.

– CA5.6. Seguiuse a normativa sobre xestión de residuos.

– CA5.7. Analizáronse os provedores de cosméticos e as marcas comerciais a través das técnicas da información e da comunicación.

– CA5.8. Especificouse a lexislación sobre venda e conservación de produtos cosméticos.

• RA6. Planifica actuacións de asesoramento cosmético, utilizando técnicas de comunicación e márketing.

– CA6.1. Programáronse as fases do protocolo de asesoramento cosmético.

– CA6.2. Relacionouse o estudo estético previo e as características da persoa usuaria co asesoramento profesional de cosméticos.

– CA6.3. Establecéronse os criterios de selección dos cosméticos.

– CA6.4. Sinalouse o xeito de emprego e as precaucións de uso.

– CA6.5. Desenvolvéronse as pautas para a realización dun asesoramento directo.

– CA6.6. Establecéronse as etapas para o deseño dunha campaña promocional.

– CA6.7. Detalláronse as fases na realización dunha demostración profesional.

– CA6.8. Establecéronse as pautas para a realización de artigos especializados de asesoría cosmética.

– CA6.9. Determináronse as fases da venda e as características do persoal vendedor.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Selección dos compoñentes dun cosmético.

• Clasificación das substancias e as mesturas químicas que interveñen nos cosméticos segundo a súa composición, o pH e as reaccións químicas que establezan.

• Concepto de cosmético.

• Composición xeral: principios activos, excipientes e aditivos.

• Composición cualitativa e cuantitativa. Código INCI.

• Parte externa do cosmético: elementos, recipientes, envase exterior, prospecto e etiqueta. Importancia do deseño para a venda. Embalaxe.

• Etiquetaxe.

• Substancias prohibidas e restrinxidas nos cosméticos.

• Análise da regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

• Substancias empregadas frecuentemente nos cosméticos: auga, graxas, tensoactivos, siliconas cosméticas etc.

• Fitocosmética e métodos extractivos.

• Actuación dos cosméticos sobre a pel: penetrabilidade e factores que inflúen nela. Vectores cosméticos.

BC2. Preparación de cosméticos.

• Sistemas dispersos homoxéneos e heteroxéneos.

• Disolucións, suspensións e emulsións.

• Formas cosméticas: tipos e características.

• Laboratorio cosmético.

– Equipamentos e material de laboratorio.

– Técnicas empregadas en preparación de cosméticos.

– Fórmula cosmética: ingredientes e composición cuantitativa.

– Envasamento.

– Exemplos de preparación de cosméticos: emulsións, xeles etc.

– Protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasamento de mesturas e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

– Aplicación das medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio necesarias para realizar os procesos de preparación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

– Xestión de residuos.

BC3. Identificación das liñas cosméticas do mercado.

• Clasificación dos cosméticos: criterios de clasificación.

• Grupos cosméticos:

– Cosméticos de hixiene: concepto de hixiene. Substancias limpadoras: clasificación composición, mecanismo de acción e formas de presentación.

– Cosméticos de hidratación, mantemento e protección da pel: concepto de hidratación cutánea, principios activos, clasificación e composición.

– Cosméticos solares. Protección para antes e despois do sol. Composición básica: filtros físicos, químicos e biolóxicos.

– Cosméticos de tratamento estético: composición, mecanismo de acción, criterios de clasificación e formas de presentación.

– Cosméticos para a eliminación e a camuflaxe da peluxe; cosméticos complementarios das distintas técnicas.

– Cosméticos para a maquillaxe e bronceadores exóxenos.

– Pigmentos e colorantes para micropigmentación.

BC4. Cosméticos especiais e compoñentes innovadores.

• Perfumes: concepto, composición, esencias empregadas en perfumaría e tipos.

• Cosmética de aplicación en electroestética: composición, mecanismo de acción, criterios de clasificación e formas de presentación. Clasificación.

• Cosméticos para técnicas de efecto mecánico: de equipamentos de masaxe por vibración, ultrasóns, microvibradores de alta frecuencia (peeling ultrasónico), brossage, compresor, presoterapia, vacuumterapia, dermoaspiración etc.

• Cosméticos para técnicas de aplicación de correntes eléctricas: corrente galvánica e correntes variables de baixa, media e alta frecuencia.

• Cosméticos para termoterapia e crioterapia.

• Cosméticos para técnicas de fototerapia de aplicación en estética.

• Cosmética específica para medicina estética: materiais de recheo, bótox e mesoterapia.

• Nutricosmética: compoñentes principais, efectos e indicacións, criterios de clasificación e formas de presentación.

• Compoñentes especiais e innovacións en cosmética: principios activos de nova xeración e novos excipientes.

BC5. Organización dos cosméticos nos establecementos.

• Establecementos de venda de cosméticos.

– Tipos de retallistas e características.

– Espazo de venda dos cosméticos: criterios de distribución; soportes e moblaxe; disposición do produto no lineal; elementos de merchandising e publicidade.

• Seguridade e hixiene de produtos cosméticos:

– Rotación do produto.

– Conservación de produtos cosméticos: estabilidade e alteracións.

– Normas de almacenamento e manipulación.

– Normativa sobre almacenamento e recollida de produtos cosméticos contaminados e alterados.

• Aprovisionamento: provedores e marcas.

• Aspectos da regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos relativos á venda.

• Dereitos e protección do consumidor.

BC6. Planificación do asesoramento cosmético.

• Elementos do plan do asesoramento: elaboración de protocolos estandarizados. Identificación e detección das necesidades e demandas da persoa usuaria. Criterios de selección de cosméticos e as súas marcas. Coñecementos técnicos e profesionais do produto. Análise das tendencias.

• Técnicas de asesoramento de produtos cosméticos:

– Asesoramento directo, e a través de medios internos e externos.

– Promoción de venda.

– Demostracións técnicas de cosméticos: feiras de mostra profesionais.

– Revistas profesionais.

• Asesoría de venda de produtos cosméticos:

– Fases e técnicas de venda.

– Características do asesor de venda.

– Resolución de queixas e reclamacións.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de recoñecer, seleccionar, manipular, conservar, vender e asesorar sobre produtos cosméticos.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Organización dos cosméticos nos establecementos.

– Xestión do aprovisionamento.

– Análise os grupos cosméticos existentes no mercado e as innovacións cosméticas.

– Selección, manipulación e conservación de cosméticos.

– Comercialización de produtos cosméticos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Personalización dos tratamentos a través dos fitocosméticos e aceites esenciais.

– Asesoramento técnico sobre coidados estéticos con cosméticos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), f) e n) do ciclo formativo, e as competencias a), b) e e).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Estudo e comparación dos compoñentes dun cosmético.

– Caracterización das formas de presentación.

– Preparación de fórmulas cosméticas.

– Identificación das liñas cosméticas do mercado.

– Identificación de innovacións no sector.

– Organización dos cosméticos nos establecementos de venda.

– Organización de campañas promocionais e publicitarias.

– Planificación do asesoramento cosmético.

1.10 . Módulo profesional: Tratamentos Estéticos Integrais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0753.

• Duración: 139 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

•  RA1. Pon en práctica pautas de atención á clientela aplicando técnicas comerciais.

– CA1.1. Recoñecéronse as fases do protocolo de atención á clientela desde a recepción ata a despedida.

– CA1.2. Establecéronse as normas sobre a hixiene, a indumentaria e a imaxe do persoal.

– CA1.3. Obtivéronse os indicadores de calidade no proceso de atención á clientela.

– CA1.4. Relacionáronse as características dos servizos de imaxe persoal coas medidas de atención á clientela.

– CA1.5. Especificáronse as secuencias de actuación na creación de novos tratamentos estéticos.

– CA1.6. Caracterizáronse os medios de publicidade e comunicación internos e externos nunha empresa de estética.

– CA1.7. Seleccionáronse os instrumentos de promoción de produtos e servizos estéticos.

– CA1.8. Establecéronse as etapas para o deseño dunha campaña de promoción.

– CA1.9. Determináronse as fases da venda.

• RA2. Xestiona e organiza as instalacións, os medios técnicos e materiais e os recursos humanos, integrando os elementos da rede loxística do establecemento.

– CA2.1. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientes, sistemas de produción e/ou comercialización, almacenamento etc.

– CA2.2. Establecéronse as condicións ambientais na zona de traballo.

– CA2.3. Identificáronse os postos de traballo nos establecementos estéticos.

– CA2.4. Establecéronse os criterios para a asignación efectiva de actividades a cada posto de traballo.

– CA2.5. Caracterizouse o control de existencias de cosméticos e materiais que se empregan nos tratamentos estéticos.

– CA2.6. Elaborouse un sistema de xestión de compras, provedores e mantemento.

– CA2.7. Especificáronse as características e os elementos que conforman a área de desinfección.

– CA2.8. Proxectouse un plan de limpeza, hixiene e desinfección.

• RA3. Realiza o exame estético aplicando procedementos de análise e técnicas de comunicación.

– CA3.1. Describíronse os datos da ficha técnica.

– CA3.2. Recoñecéronse as pautas dos protocolos de acomodación.

– CA3.3. Estableceuse un cuestionario para a obtención de datos que teñen relevancia na análise estética.

– CA3.4. Recoñeceuse a actitude e a aptitude profesional como factor de calidade dos servizos estéticos.

– CA3.5. Analizáronse as variables que determinan un protocolo personalizado.

– CA3.6. Distinguíronse, seleccionáronse e aplicáronse as técnicas para a análise estética da zona que se vaia tratar.

• RA4. Elabora o tratamento estético personalizado e xustifica a selección dos medios e as súas interaccións.

– CA4.1. Establecéronse os criterios de clasificación dos tratamentos integrais.

– CA4.2. Determináronse os medios e os recursos necesarios.

– CA4.3. Establecéronse os criterios de selección dos equipamentos técnicos e accesorios.

– CA4.4. Identificáronse as características das técnicas manuais e a súa forma de aplicación.

– CA4.5. Identificáronse as pautas de preparación e manipulación dos cosméticos.

– CA4.6. Identificáronse as incompatibilidades e os efectos sinérxicos entre as técnicas que se integran nos tratamentos.

– CA4.7. Xustificouse o protocolo de aplicación dos tratamentos personalizados.

– CA4.8. Tivéronse en conta as necesidades e demandas da clientela no deseño do protocolo personalizado.

• RA5. Aplica protocolos personalizados de tratamentos estéticos faciais e corporais coordinando as técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

– CA5.1. Determináronse pautas de información á clientela sobre o tratamento estético, as técnicas, os efectos e as sensacións.

– CA5.2. Xustificouse a acomodación e a protección da clientela segundo criterios de confortabilidade e seguridade.

– CA5.3. Identificáronse as posturas, os movementos e as actitudes que cumpra adoptar durante a execución do tratamento.

– CA5.4. Aplicáronse as técnicas previas ao tratamento segundo o protocolo establecido.

– CA5.5. Xustificouse a elección de programas e parámetros das técnicas que se vaian empregar.

– CA5.6. Estableceuse a secuencia do tratamento, combinando as técnicas electroestéticas, manuais e cosmetolóxicas seleccionadas.

– CA5.7. Establecéronse técnicas de finalización do tratamento (protección, maquillaxe etc.).

– CA5.8. Determináronse as pautas de asesoramento.

– CA5.9. Relacionáronse as recomendacións cosméticas cos coidados persoais fóra da cabina.

• RA6. Planifica a aplicación de coidados estéticos anteriores e posteriores aos tratamentos de cirurxía e medicina estética, seguindo o procedemento personalizado.

– CA6.1. Interpretáronse os informes e a prescrición médica.

– CA6.2. Caracterizouse a acomodación e as medidas de protección persoal e da clientela nos procesos de tratamentos anteriores e posteriores á medicina estética.

– CA6.3. Recoñecéronse os efectos que producen as técnicas dos tratamentos anteriores e posteriores á medicina estética.

– CA6.4. Xustificáronse as posturas, os movementos e as actitudes que se deban manter durante a execución do tratamento.

– CA6.5. Identificáronse as técnicas previas.

– CA6.6. Aplicouse o tratamento anterior á medicina estética segundo o protocolo establecido, combinando as técnicas e os tratamentos de hidratación, rexeneración, mellora da elasticidade, vascularización etc., en condicións de hixiene e seguridade.

– CA6.7. Aplicouse o tratamento posterior á medicina estética segundo o protocolo establecido, combinando as técnicas electroestéticas, cosmetolóxicas e manuais en condicións de hixiene e seguridade.

– CA6.8. Planificáronse medidas de avaliación de resultados.

• RA7. Avalía e valora os resultados dos servizos de estética, e propón medidas de corrección.

– CA7.1. Identificáronse os aspectos que han ser avaliados por ser determinantes na calidade do servizo prestado.

– CA7.2. Identificáronse as principais causas que poden dar lugar a deficiencias no servizo prestado.

– CA7.3. Formuláronse preguntas tipo que permitan detectar o grao de satisfacción da clientela, tanto polo resultado final obtido como pola atención persoal recibida.

– CA7.4. Propuxéronse medidas correctoras para mellorar os servizos prestados e mellorar o grao de satisfacción das persoas usuarias.

– CA7.5. Realizáronse supostos prácticos de valoración dos resultados.

– CA7.6. Identificouse o proceso que hai que seguir ante unha reclamación.

1.10.2. Contidos básicos.

BC1. Implantación de pautas de atención á clientela.

• Atención á clientela: protocolo de atención en cada fase do proceso.

• Imaxe e profesionalidade: a imaxe do persoal como imaxe de empresa.

• Tratamentos integrais como servizos estéticos: características e tipos.

• Aplicación de técnicas de publicidade e promoción de vendas: as campañas promocionais.

• Estratexias comerciais na venda de tratamentos integrais: fases.

• Aplicación de técnicas de venda.

BC2. Xestión de instalacións, medios técnicos e materiais.

• Cabina de estética para tratamentos de estética integral: ambientación.

• Definición de postos: asignación de recursos e tarefas; programación de actividades; control de axenda.

• Loxística e almacenamento: control de existencias; criterios para o almacenamento e a conservación de cosméticos, utensilios e materiais. Compras: selección de provedores e planificación das compras.

• Xestión do mantemento de equipamentos técnicos empregados en tratamentos de estética.

• Hixiene e desinfección aplicadas a tratamentos de estética integral. Área de desinfección: criterios de selección e aplicación de técnicas para a hixiene, a desinfección e a esterilización de equipamentos e utensilios usados nos tratamentos de estética integral. Xestión de residuos.

BC3. Realización da análise estética.

• Documentación técnica. Ficha técnica e historial estético. Protección de datos. Arquivo ou ficheiro da documentación.

• Interpretación da documentación profesional.

• Aplicación de protocolos de acomodación da persoa usuaria: actitude profesional.

• Aplicación de técnicas de comunicación: entrevista.

• Aplicación de protocolos de técnicas de análise de alteracións estéticas.

• Análise estética personalizada para tratamentos de estética integral: análise de demandas e expectativas da clientela.

BC4. Deseño de tratamentos estéticos personalizados.

• Clasificación de tratamentos: segundo a zona corporal (facial, corporal, seos etc.), a alteración (deshidratación, flaccidez, obesidade, celulite, acne etc.), o tipo de pel (seca, graxa etc.), o efecto desexado (reafirmante, antiestrés, despigmentante etc.), a situación fisiolóxica (embarazo, posparto, avellentamento etc.), os equipamentos empregados (radiofrecuencia, IPL, láser etc.), o sexo, o márketing (efecto lifting, satén) etc.

• Criterios de selección de técnicas manuais e equipamentos empregados en tratamentos estéticos faciais e corporais.

• Criterios de selección de cosméticos indicados para tratamentos integrais: pautas de preparación e manipulación e métodos de aplicación.

• Criterios de integración dos medios técnicos, manuais e cosmetolóxicos: efectos sumativos (sinerxía) e antagónicos (incompatibilidades entre os medios).

• Protocolos personalizados de tratamentos de estética integral: interpretación dos datos obtidos da análise estética e dos informes profesionais. Adecuación ás necesidades, ás demandas e ás características da clientela. Elementos do protocolo personalizado.

BC5. Execución de tratamentos estéticos integrais.

• Información técnica á clientela sobre o proceso.

• Técnicas previas: preparación da zona.

• Organización da execución de tratamentos faciais e corporais personalizados. Particularidades do protocolo personalizado: secuencia de técnicas, regulación de parámetros e temporalización.

• Asesoramento posterior ao tratamento: pautas de vida saudable, posibles efectos secundarios e precaucións. Pautas de aplicación de cosméticos de uso persoal.

BC6. Planificación da aplicación de coidados estéticos anteriores e posteriores aos tratamentos de cirurxía e medicina estética.

• Interpretación de informes e prescrición médica.

• Tratamentos e técnicas específicas en coidados estéticos previos e posteriores á medicina estética: tipos. Deseño do protocolo personalizado. Indicacións e contraindicacións.

• Procesos de execución de tratamentos e técnicas específicas en coidados estéticos previos e posteriores á medicina estética: combinación de técnicas manuais, cosmetolóxicas e electroestéticas; fases do proceso; precaucións.

BC7. Valoración da calidade dos servizos de estética e benestar.

• Principais causas das deficiencias nos servizos estéticos básicos.

• Técnicas para detectar o grao de satisfacción da clientela.

• Técnicas para corrixir as desviacións producidas nos servizos de estética e benestar.

• Técnicas de resolución de queixas e reclamacións.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de aplicación de tratamentos de estética integral.

A formación contida neste módulo aplícase a diversas funcións e abrangue aspectos relacionados con:

– Recepción e atención á clientela.

– Identificación de alteracións estéticas.

– Deseño de protocolos personalizados de tratamentos estéticos.

– Selección e aplicación de técnicas cosmetolóxicas, manuais e electroestéticas.

– Aplicación de normas de hixiene, desinfección e esterilización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en procesos de execución de:

– Deseño de protocolos personalizados.

– Tratamentos de estética facial e corporal.

– Técnicas específicas en coidados estéticos previos e posteriores á cirurxía estética.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), d), e), f), n), ñ), o), r), t), u), v) e w) do ciclo formativo, e as competencias c), d), e), k), l), m), ñ), p), q) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Protocolos de atención á clientela.

– Execución de técnicas de análise estética.

– Coordinación de técnicas cosmetolóxicas, manuais e electroestéticas.

– Información e asesoramento previo e posterior ao tratamento.

1.11. Módulo profesional: Proxecto de Estética Integral e Benestar.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP0754.

• Duración: 26 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrezan.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as súas fases.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes do proxecto, así como o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela, e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado, e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.11.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo complementa a formación doutros módulos profesionais nas funcións de análise do contexto, deseño e organización da intervención, e planificación da súa avaliación.

A función de análise do contexto abrangue as subfuncións de compilación de información, identificación e establecemento de prioridades de necesidades, e identificación dos aspectos que faciliten ou dificulten o desenvolvemento da intervención.

A función de deseño da intervención ten como obxectivo establecer as liñas xerais desta para dar resposta ás necesidades detectadas, definíndoo en todos os seus aspectos. Inclúe as subfuncións de definición ou adaptación da intervención, establecemento da secuencia e das prioridades das accións, planificación da intervención, determinación de recursos, planificación da avaliación, e deseño de documentación e do plan de atención á clientela.

A función de organización da intervención abrangue as funcións de detección de demandas e necesidades, programación, xestión, coordinación e supervisión da intervención, e elaboración de informes.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da estética e da imaxe persoal.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación, e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais seguintes, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Execución de traballos en equipo.

– Autoavaliación do traballo realizado.

– Autonomía e iniciativa.

– Uso das TIC.

1.12. Módulo profesional: Formación e Orientación Laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP0755.

• Duración: 107 horas.

1.12.1. Unidade formativa 1: Prevención de Riscos Laborais.

• Código: MP0755_12.

• Duración: 45 horas.

1.12.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de coidados da imaxe persoal.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de coidados da imaxe persoal.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa, e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.12.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector de coidados da imaxe persoal en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de coidados da imaxe persoal.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.12.2. Unidade formativa 2: Equipos de Traballo, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, e Procura de Emprego.

• Código: MP0755_22.

• Duración: 62 horas.

1.12.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Estética Integral e Benestar, e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos, e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais, e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da seguridade social ante as continxencias cubertas, e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da seguridade social como piar esencial do estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema de seguridade social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas de seguridade social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos, e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.12.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector de coidados da imaxe persoal segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade social, emprego e desemprego.

• A seguridade social como piar do estado social.

• Estrutura do sistema de seguridade social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da seguridade social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Estética Integral e Benestar.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de coidados da imaxe persoal.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais p), q), r), s), u) e y) do ciclo formativo, e as competencias n), ñ), o), q) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de coidados da imaxe persoal.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público ás que se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector de coidados da imaxe persoal a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de coidados da imaxe persoal.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: Empresa e Iniciativa Emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP0756.

• Duración: 53 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de coidados da imaxe persoal.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito de estética integral e o benestar, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de estética integral e benestar en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa estética integral e o benestar, e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de estética integral e benestar, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial, e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de estética integral e benestar, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de coidados da imaxe persoal.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de estética integral e benestar tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais, e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumes anuais etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa estética integral e o benestar, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de estética integral e benestar, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.13.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de estética integral e benestar (materiais, tecnoloxía, organización da produción etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• A actuación das persoas emprendedoras no sector de coidados da imaxe persoal.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de estética integral e benestar.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de estética integral e benestar: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de estética integral e benestar: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial, e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de estética integral e benestar.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de coidados da imaxe persoal.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e razóns financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de estética integral e benestar: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais q), r) e x) do ciclo formativo, e as competencias ñ) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de estética integral e benestar, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de coidados da imaxe persoal.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de estética integral e benestar, composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos, e axudas e subvencións.

O plan financeiro ha incluír o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.14 . Módulo profesional: Formación en Centros de Traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: MP0757.

• Duración: 384 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientes co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo, comunicando as incidencias salientables.

– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Organiza as actividades relacionadas cos servizos estéticos e colabora na elaboración de protocolos.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas do titor na empresa e comunicáronse as desviacións detectadas.

– CA3.2. Valorouse a propia imaxe persoal como imaxe de empresa, coidando aspectos como a hixiene persoal, a maquillaxe, o peiteado e a indumentaria.

– CA3.3. Manexáronse diferentes tipos de información e de documentación utilizada e xerada ao longo do proceso comercial.

– CA3.4. Colaborouse na loxística e no aprovisionamento de produtos e materiais utilizados nos servizos ofrecidos pola empresa.

– CA3.5. Xestionáronse os ficheiros de clientes, produtos e provedores.

– CA3.6. Interpretáronse os protocolos de comunicación e atención á clientela en todas as fases do proceso, desde o acollemento, a recepción telefónica ou a presencial ata a despedida.

– CA3.7. Organizouse a axenda de xeito manual ou informatizado.

– CA3.8. Colaborouse na elaboración de protocolos de análise e tratamento, tendo en conta os medios dispoñibles na empresa.

– CA3.9. Xestionouse o mantemento das instalacións e dos equipamentos utilizados en estética, nomeadamente os relacionados coas técnicas de hidroterapia, electroestética, depilación e bronceado artificial.

– CA3.10. Traballouse en equipo nos plans da empresa, amosando iniciativa e interese.

• RA4. Personaliza a execución de protocolos de tratamentos faciais e corporais, para o que selecciona os medios e as técnicas segundo un estudo estético previo.

– CA4.1. Preparáronse as instalacións comprobando que os equipamentos e os accesorios cumpran os requisitos de seguridade exixidos pola normativa.

– CA4.2. Estableceuse o tratamento logo dun estudo estético.

– CA4.3. Seleccionáronse medios e produtos en función da técnica que se vaia empregar.

– CA4.4. Aplicáronse as técnicas previas ao tratamento (desmaquillaxe, exfoliación etc.).

– CA4.5. Realizouse o tratamento facial ou corporal no tempo e na forma axeitados.

– CA4.6. Aplicáronse as técnicas manuais de masaxe ou drenaxe estética, segundo as características da persoa e da zona que cumpra tratar.

– CA4.7. Realizáronse tratamentos correctores decorativos segundo técnicas de visaxismo.

– CA4.8. Interpretáronse os procedementos estéticos antes e despois de tratamentos de cirurxía e medicina estética.

– CA4.9. Informouse sobre os coidados e as precaucións para potenciar o resultado.

– CA4.10. Cubriuse a documentación técnica relativa ás características da clientela, ao estudo estético e aos procedementos empregados.

• RA5. Aplica técnicas de depilación mecánica e avanzada, baixo supervisión, para o que selecciona a técnica segundo as necesidades da clientela.

– CA5.1. Preparáronse as instalacións e acomodouse a persoa.

– CA5.2. Recoñecéronse as características pilosas e da pel para determinar a técnica de depilación apropiada.

– CA5.3. Seleccionáronse os equipamentos, os utensilios e os cosméticos.

– CA5.4. Realizáronse as operacións previas necesarias para a depilación mecánica e avanzada.

– CA5.5. Reguláronse os parámetros dos equipamentos de depilación eléctrica e de fototermólise selectiva.

– CA5.6. Realizáronse as depilacións mecánicas e avanzadas, baixo supervisión.

– CA5.7. Xustificouse a importancia da periodicidade do tratamento para mellorar resultados.

– CA5.8. Asesorouse sobre os coidados posteriores para evitar a aparición de efectos non desexados.

– CA5.9. Cubriuse a ficha técnica e o documento de consentimento informado.

– CA5.10. Adoptáronse as medidas de hixiene, seguridade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

• RA6. Desenvolve e aplica procesos de estética hidrotermal, organizando os equipamentos de traballo, os materiais e os medios técnicos.

– CA6.1. Identificáronse as contraindicacións a estes procesos a través de cuestionarios, dun estudo estético previo e dos informes de diferentes profesionais.

– CA6.2. Recoñeceuse o proceso e a secuencia de actuacións no tratamento hidrotermal.

– CA6.3. Establecéronse as pautas para unha correcta circulación da clientela a través dos circuítos termais.

– CA6.4. Preparáronse a área de traballo, os medios técnicos e os cosméticos termais.

– CA6.5. Especificáronse os mecanismos de aviso ao persoal ante unha continxencia.

– CA6.6. Seleccionáronse os parámetros (temperatura, presión, tempo etc.) en función da técnica que se vaia aplicar e das condicións da clientela.

– CA6.7. Aplicáronse técnicas de estética hidrotermal e de cosmética termal.

– CA6.8. Supervisouse o proceso e controlouse o estado da clientela durante este.

– CA6.9. Aplicáronse as medidas de hixiene e desinfección segundo a lexislación.

• RA7. Asesora e vende produtos e servizos relacionados co seu posto de traballo, desenvolvendo técnicas de márketing.

– CA7.1. Identificáronse os tipos de produtos e servizos que ofrece a empresa.

– CA7.2. Mantívose cos usuarios un comportamento profesional propio dunha empresa de servizo.

– CA7.3. Analizáronse e seguíronse as técnicas de venda máis habituais na empresa.

– CA7.4. Identificáronse as técnicas de merchandising utilizadas no local para fomentar as compras.

– CA7.5. Estableceuse co usuario unha linguaxe técnica para informar e asesorar sobre os hábitos, produtos e servizos estéticos ofrecidos.

– CA7.6. Puxéronse en marcha os procedementos de resolución de reclamacións e queixas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias deste título e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcancen no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

30 %

Talleres de estética.

120

90

50 %

Laboratorio de cosmetoloxía e perfumaría.

90

60

10 %

Aula taller de estética hidrotermal.

90

60

10 %

• A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Equipamentos audiovisuais. Cámara de vídeo e fotográfica.

– Equipamentos informáticos en rede e con conexión á internet. Software.

– Moblaxe axeitada para cada espazo.

– Material e equipamentos básicos de laboratorio químico.

– Manequín clástico e modelos anatómicos.

– Toucadores con andel e espellos con luz arredor.

– Butacas específicas de maquillaxe modificables en altura e con repousacabezas.

– Padiolas de masaxe regulables en altura.

– Equipamentos para a análise cutánea: lupas, luz de Wood, medidor de hidratación, da elasticidade e da pigmentación, sebómetro e microcámara.

– Equipamentos para a análise corporal: tallímetro, plicómetro, medidor de índice de masa corporal e medidor de graxa corporal

– Equipamentos específicos completos para a depilación mecánica e a depilación definitiva. Equipamentos para fotodepilación.

– Equipamentos para tratamentos estéticos: aparellos de vapor ozono, pulverizador e ventosas, equipamento de correntes continuas, variables, de media frecuencia e de alta frecuencia, quentador de parafina, cepillos rotatorios; equipamentos de ultrasóns e cavitación, vacuumterapia e presoterapia; aparellos de termoterapia; aparellos de radiación infravermella e equipamentos de electroporación.

– Equipamentos para a limpeza e a desinfección de utensilios, materiais e equipamentos: bactericida por radiacións UVC e de calor seca; autoclave; desinfectantes químicos.

– Equipamento específico completo para micropigmentación.

– Aerógrafo para autobronceado.

– Equipamento específico para masaxe.

– Aparellos específicos para cromoterapia.

– Equipamento específico para drenaxe estética.

– Equipamento para o taller de estética hidrotermal. 

3. Anexo II.I

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estética Integral e Benestar.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP0744. Aparellos de Estética.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0745. Estética Hidrotermal.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0746. Depilación Avanzada.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0747. Masaxe Estética.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0749. Micropigmentación.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0750. Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0751. Dermoestética.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0754. Proxecto de Estética Integral e Benestar.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0755. Formación e Orientación Laboral.

Formación e orientación laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0756. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e orientación laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario

Profesorado de ensino secundario

B) Titulacións equivalentes para efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación laboral.

– Diplomado/a en Ciencias Empresariais.

– Diplomado/a en Relacións Laborais.

– Diplomado/a en Traballo Social.

– Diplomado/a en Educación Social.

– Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

• Profesorado técnico de formación profesional.

Estética.

– Técnico/a superior en Estética, ou outros títulos equivalentes.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

• MP0744. Aparellos de Estética.

• MP0745. Estética Hidrotermal.

• MP0750. Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe persoal.

• MP0751. Dermoestética.

• MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

• MP0755. Formación e Orientación Laboral.

• MP0756. Empresa e Iniciativa Emprendedora.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

• MP0746. Depilación Avanzada.

• MP0747. Masaxe Estética.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• MP0749. Micropigmentación.

• MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

• MP0754. Proxecto de Estética Integral e Benestar.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Técnico/a superior en Estética ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

Validacións entre módulos profesionais establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) e os establecidos no título de técnico superior en Estética Integral e Benestar ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos profesionais incluídos nos ciclos formativos establecidos na LOXSE

Módulos profesionais do ciclo formativo (LOE):

Estética Integral e Benestar

• Electroestética.

• MP0744. Aparellos de Estética.

• Estética Hidrotermal.

• MP0745. Estética Hidrotermal.

• Depilación.

• MP0746. Depilación Avanzada.

• Masaxe.

• MP0747. Masaxe Estética.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• Microimplantación de Pigmentos.

• MP0749. Micropigmentación.

• Anatomía, Fisioloxía e Patoloxía Humanas Aplicadas á Estética Integral.

• MP0750. Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal.

• Diagnóstico e Protocolo de Procesos de Estética Integral.

• MP0751. Dermoestética.

• Cosmetoloxía Aplicada á Estética Integral.

• MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Eenestar.

• Administración, Xestión e Comercialización na Pequena Empresa.

• MP0756. Empresa e Iniciativa Emprendedora.

• Formación en Centro de Traballo do Título de Técnico Superior en Estética.

• MP0757. Formación en Centros de Traballo.

5. Anexo V.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

• UC0797_3: aplicar técnicas electroestéticas, integrándoas en tratamentos estéticos específicos.

• UC0580_3: realizar a aplicación de técnicas de bronceado artificial en condicións de seguridade e saúde.

• MP0744. Aparellos de Estética.

• UC1260_3: protocolizar e organizar os servizos hidrotermais e complementarios.

• UC0061_3: aplicar e supervisar as técnicas hidrotermais personalizando os protocolos normalizados.

• UC0062_3: aplicar cosmética termal nos servizos hidrotermais.

• MP0745. Estética Hidrotermal.

• UC0581_3: realizar a depilación definitiva e/ou supervisar procesos de depilación temporal.

• MP0746. Depilación Avanzada.

• UC0063_3: realizar masaxes manuais e/ou mecánicas con fins estéticos.

• UC0792_3: asociar técnicas sensoriais a masaxes con fins estéticos.

• MP0747. Masaxe Estética.

• UC0791_3: realizar técnicas de masaxe por presión con fins estéticos.

• UC0790_3: realizar a drenaxe linfática manual e/ou mecánica con fins estéticos.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• UC0067_3: realizar e supervisar procesos de micropigmentación.

• UC0064_2: preparar os medios técnicos e persoais para aplicar maquillaxe integral.

• MP0749. Micropigmentación.

• UC0789_3: realizar o diagnóstico estético e deseñar protocolos integrando técnicas de masaxe, drenaxe linfática e sensoriais con fins estéticos.

• UC0796_3: realizar o diagnóstico e deseñar protocolos estéticos personalizados.

• MP0751. Dermoestética.

• UC0798_3: realizar tratamentos estéticos coordinando a aplicación de técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

• MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

Nota: as persoas matriculadas neste ciclo formativo que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validado o módulo profesional: MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

• MP0744. Aparellos de Estética.

• UC0797_3: aplicar técnicas electroestéticas, integrándoas en tratamentos estéticos específicos.

• UC0580_3: realizar a aplicación de técnicas de bronceado artificial en condicións de seguridade e saúde.

• MP0745. Estética Hidrotermal.

• UC1260_3: protocolizar e organizar os servizos hidrotermais e complementarios.

• UC0061_3: aplicar e supervisar as técnicas hidrotermais personalizando os protocolos normalizados.

• UC0062_3: aplicar cosmética termal nos servizos hidrotermais.

• MP0746. Depilación Avanzada.

• UC0581_3: realizar a depilación definitiva e/ou supervisar procesos de depilación temporal.

• MP0747. Masaxe Estética.

• UC0063_3: realizar masaxes manuais e/ou mecánicas con fins estéticos.

• UC0792_3: asociar técnicas sensoriais a masaxes con fins estéticos.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• UC0791_3: realizar técnicas de masaxe por presión con fins estéticos.

• UC0790_3: realizar a drenaxe linfática manual e/ou mecánica con fins estéticos.

• MP0749. Micropigmentación.

• UC0067_3: realizar e supervisar procesos de micropigmentación.

• UC0064_2: preparar os medios técnicos e persoais para aplicar maquillaxe integral.

• MP0751. Dermoestética.

• UC0789_3: realizar o diagnóstico estético e deseñar protocolos integrando técnicas de masaxe, drenaxe linfática e sensoriais con fins estéticos.

• UC0796_3: realizar o diagnóstico e deseñar protocolos estéticos personalizados.

• MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

• UC0798_3: realizar tratamentos estéticos coordinando a aplicación de técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estética Integral e Benestar para o Réxime Ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

• MP0744. Aparellos de Estética.

133

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0747. Masaxe Estética.

240

Estética.

• MP0750. Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal.

133

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0751. Dermoestética.

160

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0752. Cosmética Aplicada a Estética e Benestar.

187

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0755. Formación e Orientación Laboral.

107

Formación e Orientación Laboral.

Total 1º

(FCE)

960

• MP0745. Estética Hidrotermal.

123

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0746. Depilación Avanzada.

123

Estética.

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

87

Estética.

• MP0749. Micropigmentación.

105

Estética.

• MP0753. Tratamentos Estéticos Integrais.

139

Estética.

• MP0756. Empresa e Iniciativa Emprendedora.

53

Formación e Orientación Laboral.

Total 2º

(FCE)

630

• MP0754. Proxecto de Estética Integral e Benestar.

26

Estética.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

• MP0757. Formación en Centros de Traballo.

384

7. Anexo VII.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

• MP0746. Depilación Avanzada.

• MP0746_12. Depilación mecánica e eléctrica.

68

• MP0746_22. Fotodepilación.

55

• MP0748. Drenaxe Estética e Técnicas por Presión.

• MP0748_12. Técnicas por presión.

30

• MP0748_22. Drenaxe estética.

57

• MP0751. Dermoestética.

• MP0751_12. Pel e alteracións cutáneas.

30

• MP0751_22. Diagnóstico e protocolo de tratamentos.

130

• MP0755. Formación e Orientación Laboral.

• MP0755_12. Prevención de riscos laborais.

45

• MP0755_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

62