Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico de Pena do Corvo nos concellos de Oza dos Ríos e Coirós na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/13).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sométese a información pública a solicitude presentada por Estela Eólica, S.L. para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Estela Eólica, S.L.

Domicilio social: avda. de Monserrat, nº 25, 4º B, A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico de Pena do Corvo.

Concellos afectados: Oza dos Ríos e Coirós.

Potencia para instalar: 18 MW.

Orzamento total: 20.911.062,09 euros.

Localización (área de afección):

Poligonal parque eólico de Pena do Corvo

UTMx

UTMy

1

570.500

4.787.214

2

574.446

4.787.216

3

575.000

4.785.000

4

570.500

4.785.000

Aero

UTMx

UTMy

PCR01

570.746

4.786.139

PCR02

570.985

4.786.004

PCR03

571.258

4.785.782

PCR04

571.474

4.785.630

PCR05

571.702

4.785.466

PCR06

571.828

4.875.246

Características técnicas das instalacións:

6 aeroxeradores Enercon E-101 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria e 99 metros de buxa.

6 centros de transformación de 3.050 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,4/30 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de manobra e protección.

Torre meteorolóxica autoportante de 97 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

Liñas eléctricas soterradas de 30 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía ou ben en terreo libre, para a evacuación de enerxía xerada e interconectando os centros de transformación 0,65/30 kV e a subestación transformadora 30/66 kV.

Subestación transformadora GIS, equipada con transformador de 20/25 (ONAN/ONAF) MVA e relación de transformación 30/66 kV, celas de media tensión 30 kV, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e relación 30/0,42 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando y control.

Obxecto da información pública:

A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/2007, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O estudo de impacto ambiental.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que fosen titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Pena do Corvo poderase examinar nesta Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, así como nos concellos de Oza dos Ríos e Coirós e na Xefatura Territorial da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, poderase examinar o proxecto de execución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nos concellos de Oza dos Ríos e Coirós e nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación cos interesados que sexan descoñecidos, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación, ou ben, se intentada a notificación, non se puidese realizar. As dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 9 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Apelidos e nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Part.

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume

de voo

Municipio

Pol.

Parc.

Plat.

Sub.

Via

Gabia

1

Pardo Álvarez, Antonio

Coirós

30

271

Fontedososo

Eucalipto

1

 

 

 

 

811

2

Riveira Pardo, Manuel

Coirós

30

270

Fontedososo

Eucalipto

1

 

 

 

 

856

3

Descoñecido

Coirós

30

269

Fontedososo

Eucalipto

1

262

 

2

26

937

4

Riveira Pardo, Manuel

Coirós

30

268

Fontedososo

Eucalipto

1

699

 

38

 

418

5

Descoñecido

Coirós

30

256

 

 

1

 

 

1.435

611

2.474

6

Descoñecido

Coirós

30

267

 

 

1

1.212

 

93

 

512

7

Descoñecido

Coirós

30

263

 

 

1

231

 

1.402

319

2

8

Pato Barros, Francisco

Coirós

30

255

Outeiros

Matogueira

1

 

 

193

362

1.521

9

Chasfon, S.L.

Coirós

30

231

Fontechas

Eucalipto

1

1.885

1.847

906

968

1.524

10

Vázquez Tizón, José Luis

Coirós

30

230

Fontechas

Eucalipto

1

 

 

277

83

 

11

Descoñecido

Coirós

30

229

Fontechas

Eucalipto

1

 

 

388

163

 

12

Gómez Rivera, Ángel

Coirós

30

228

Fontechas

Eucalipto

1

1.733

490

3.071

776

2.125

13

Ferreño Díaz, José

Coirós

30

235

Fontechas

Eucalipto

1

 

 

312

 

 

14

Fraga Río, María Herminda

Coirós

30

275

Fontechas

Eucalipto

1

 

 

 

47

5

15

Díaz Rodríguez David

Coirós

30

221

Fontechas

Eucalipto

1

478

 

2.045

1.211

3.127

16

Otoero Losada, Juan Anto.

Coirós

29

86

Pena Gonciña

Matogueira

1

 

 

24

 

649

17

Martínez González, Arturo

Coirós

29

88

Rega Cebedo

Eucalipto

1

 

 

494

 

 

18

Descoñecido

Coirós

29

90

Rega Cebedo

Matogueira

1

 

 

2.764

677

317

19

Tome Pato, Gabriela

Coirós

29

91

O Penedo

Pasto

1

1.866

 

2.593

894

3.950

20

Pérez López, Lidia

Coirós

29

279

Colado

Pasto

1

 

 

605

 

 

21

Pérez López, Angélica

Coirós

29

94

Pico da Felga

Matogueira

1

1.964

 

966

215

5.577

22

Descoñecido

Coirós

29

93

Colado

Pasto

1

 

 

241

394

1.517

23

Descoñecido

Coirós

29

323

Colado

Pasto

1

 

 

119

 

 

24

Concello de Coirós

Coirós

29

319

Pico da Felga

Pasto

1

 

 

213

142

 

25

Concello de Coirós

Coirós

29

318

Pico da Felga

Pasto

1

 

 

1.346

61

 

26

Concello de Coirós

Coirós

29

320

Pico da Felga

Pasto

1

1.930

 

888

475

3.780

27

Concello de Coirós

Coirós

29

277

Pico da Felga

Matogueira

1

 

 

493

 

 

28

Descoñecido

Oza dos Ríos

24

28

Rego Cebedo

Eucalipto

1

 

 

554