Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación do domicilio social da Asociación de Centros Homologados.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificado da asemblea xeral extraordinaria da Asociación de Centros Homologados, onde se reflicte o acordo acadado o 30 de maio de 2012, e que consiste na modificación do domicilio social que pasa a ser en rúa Reza, 3, Ourense.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais