Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

EDICTO de información pública para os efectos de concesión de licenza solicitada por Cristal Porriño, S.L.

En cumprimento do disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, se somete a información pública o expediente nº 2010/162, tramitado por instancia de Cristal Porriño, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de taller de reparación e instalación de cristalería de vehículos, que se vai instalar en Amieirolongo 27 Nave C, na parroquia de Sanguiñeda deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que teñan por conveniente.

Mos, 1 de agosto de 2012

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo