Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de supermercado.

A empresa Hiper Beltrán, S.L. solicitou licenza para obra e instalación de ampliación de supermercado, na rúa Concepción Arenal de Ponte Caldelas, neste concello tramítase o dito expediente.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días (20) co fin de que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, poida examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, todo aquel que dalgún xeito se considere afectado pola actividade descrita e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulgue oportunas.

Ponte Caldelas, 3 de agosto de 2012

Francisco Regueira Regueira
Alcalde en funcións