Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/62).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CT e RBT A Pereira-Vilar de Arriba.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,02 km, con orixe no apoio nº 130-b44 da LMT aérea TA2-809 (expediente 34.855), con condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3(1×250 Al) e final no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,368 km, con orixe en apoio existente, condutor tipo RZ.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,256 km, con orixe no CT proxectado, condutor tipo XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial