Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: adecuación CT Boavista (expediente 52.552).
Situación: concello de Pontedeume.
Características técnicas: centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 1.000 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 6 de agosto de 2012
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial