Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente IN407A 2012/59-2, 8028 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cancela Paredes, S.C.

Domicilio social: Paredes de Arriba, 5, Paradela.

Denominación: LMTA, CTI e RBTS para granxa en Paredes de Arriba.

Situación: concello de Paradela.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV con orixe no apoio existente PA H-13-630 da LMT SAR804 OURAL-COG Magnesitas Rubián e final no CTI Granxa Avícola (proxectado), cunha lonxitude de 187 metros en condutor LA-56 tensado sobre apoios de formigón tipo HV.

CTI Granxa Avícola, cunha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

RBTS con orixe no CTI Granxa Avícola e final no armario de medida, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo Z1 0,6/1 kV 50 AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo