En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1.1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 60, do 27 de marzo de 2012. Corrección de erros DOG número 62, do 29 de marzo de 2012.
1.2. Obxecto do contrato.
Tipo: servizo.
Descrición: limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.
1.3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
1.4. Orzamento base de licitación: 101.694,92 €, IVE excluído.
1.5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 30 de xullo de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2012.
c) Contratista: Limpergal, S.L.
d) Importe de adxudicación: 85.860,00 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2012
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria