Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2012/56, 2-8025 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: desmontaxe CTC 07338 Carrocerías.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas: eliminación da LMT aérea derivación ao CTC 07338 Carrocerías e da caseta do CT.

CT e seccionamento de compañía en edificio prefabricado existente, no cal se instala a máquina transformadora do actual CTC 07338 Carrocerías de 250 kVA, dúas celas de liña, unha cela de protección e unha de interruptor automático e un cadro de baixa tensión formado por catro saídas.

Adecuación das RBT, con orixe no cadro de baixa tensión proxectado no CTC e final nos circuitos de baixa tensión existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Jefe territorial de Lugo