Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 31 de agosto de 2012 Páx. 34854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2012/57, 2-8026 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: adecuación do CTC 06226 Vila do Medio e RBTS para subministración eléctrica na avda. da Mariña, 12.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas: adecuación do CT existente CTC 06226 Vila do Medio en local non prefabricado, consistente no cambio de máquina actual 400 kVA por unha nova de 630 kVA, e na instalación dun módulo de ampliación do cadro de baixa tensión.

RBTS con orixe no cadro de baixa tensión proxectado no CTC e final na CXP do edificio para electrificar, cunha lonxitude de 136 metros en condutor tipo RV-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo