Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de información pública sobre autorización de instalacións agrícolas no concello de Castroverde.

Alberto Castro Sal solicitou neste concello licenza para a ampliación de construcións agrarias (nave de vacún de leite, sala de espera, sala de muxidura, leitaría e foxa de xurro), na parroquia de Espasande.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días mediante anuncio no BOP de Lugo, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na Secretaría do Concello das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación ao abeiro do artigo 59.5º da Ley 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Castroverde, 23 de agosto de 2012

Xosé María Arias Fernández
Alcalde