Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de información pública sobre apertura de ampliación de granxa de galiñas poñedoras en Vilaguillulfe (Cartelos).

Alberto Vázquez Vázquez solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de ampliación de granxa de galiñas poñedoras que se situará en Vilaguillulfe-Cartelos. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballedo, 6 de agosto de 2012

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde