Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Bolo

ANUNCIO de exposición pública do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 9 de agosto de 2012, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

O Bolo, 17 de agosto de 2012

Manuel Corzo Macías
Alcalde presidente