Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre incursión na situación legal de fóra de ordenación total da construción dedicada a desmantelamento de automóbiles e comercio de recambios e vehículos en Agrilloi-A Agualada (Instrución 2/2011).

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de Desguaces Rutabella, S.L., a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da construción dedicada a desmantelamento de automóbiles e comercio de recambios e vehículos sita en Agrilloi s/n, A Agualada, 15147 Coristanco (A Coruña) pq 46, AC-552 da Coruña a Fisterra. De acordo co proxecto presentado de recoñecemento de actividade para desmantelamento de automóbiles e comercio de recambios e vehículos, e cumprindo o preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 6 de agosto de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde