Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2012 Páx. 34638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (As-35/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As-35/2012.

2. Obxecto do contrato: seguridade do Centro Sociocultural Ágora. Duración: un ano, prorrogable por outro máis, ata un máximo de dous.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: aberta, con diversos criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: 85.000 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase o punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1, 2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se require.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que finaliza ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de agosto de 2012

P.D. (Decreto do alcalde do 16 de agosto de 2012)
Roberto Luis Coira Andrade
Concelleiro delegado de Economía e Facenda